luns, 28 de febreiro de 2022

1º CONSELLO DE NENAS E NENOS

Hoxe queremos compartir con todos vós un dos días que seguro recordarán no 100 aniversario do cole: a celebración do 1º consello de nenas e nenos do CEIP de Seixo!!

Este ano están funcionando as asembleas en todo o cole, tanto en infantil como en primaria. Sen dúbida son unha ferramenta eficaz que mellora a convivencia diaria, capacitando ao alumnado de estratexias que lles axudan a avanzar nas súas competencias en comunicación oral e que melloran a convivencia e as relacións no centro.

Nelas se expoñen e discuten problemas, conflitos ou outras cousas que nos preocupan ou interesan. O profesorado exerce a tarefa de moderar, animar e controlar, pero as intervencións son fundamentalmente do alumnado, aos que se lles garante a quenda de palabra e a posibilidade de ser escoitados/as.

As asembleas axúdannos a mellorar as capacidades de escoita, de concentración e auto control. Tamén son un espazo onde aprender a expresarse correctamente, a ordenar os pensamentos e ser máis eficaces ao comunicarse. Un lugar para resolver conflitos, crear bo ambiente de grupo e compartir ou discutir os nosos valores.

Por mor da COVID, que se puxo un pouco brava en decembro, retrasamos o 1º Consello de nenas e nenos ata febreiro, pero alí nos xuntamos representantes de todas as asembleas co equipo directivo: que emocionados e nerviosos estábamos todos!


Os participantes do consello son os encargados de informar ó equipo directivo das posibles incidencias de convivencia, propostas, queixas, etc. e despois informar aos seus compis do que se falou alí. Todos levamos moitas propostas, suxestións, compartimos preocupacións...
 

Sentímonos especiais e escoitados, sentímos que se valoraba a nosa opinión e iso foi moi especial. Comezamos un pouco tímidos pero pouco a pouco soltámonos e pasou o tempo volando. Un dos membros do consello de nenos, comentou na súa clase: "Sentinme como se estivese reunido co presidente!!"
 

O consello de nenas e nenos é un recurso para a aprendizaxe e a práctica da democracia no cole. Un espazo onde, de forma especial, todos temos voz. Convértese nun espazo onde a palabra dá sentido á convivencia.


Vivimos nunha sociedade da comunicación na que o noso alumnado recibe e accede a información por todas as canles, por iso somos conscientes que a comunicación próxima entre iguais e co profesorado non se pode limitar a unha transmisión de contidos senón, a contribuír á finalidade última da educación: 
«Ser cidadáns honestos/as, 
profesionais responsables e boas persoas»

xoves, 24 de febreiro de 2022

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI: 3ª TEMPORADA (I e II)

Un ano máis damos comezo ao programa de radio máis esperado do Concello de Marín....
O programa da música adicada!
Deixámosvos por aquí as dúas primeiras entregas desta 3ª edición...
1º PROGRAMA
Dedicatorias:
- Nerea a Xiana de 5º
- Saúl a Diego de 4º
- Laura de 4º a clase de 3 anos
- Noa a Xiana de 5º
- Lara a Reda de 4º
- Carlota a Noa de 5º
- Adrián a Diego de 5º
- Diego a Unai de 4º
- Fuco a Diego de 5º
- Hugo Piñeiro a toda a audiencia
- Olivia a Nico de 3 anos
- Diego a Naroa de 5º
2º PROGRAMA
Dedicatorias:
- Profe Paloma a Lara de 4º
- Sabrín a Diego de 5º
- Dafne a Naroa de 5º
- Mario a Eva, Eluney e Leire de 4º
- Roque de 4º para todo o cole
- Eluney a Unai de 4º
Dende...
continuaremos coa música en directo nos recreos!

mércores, 23 de febreiro de 2022

ANDAINAS DE ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro é o DIA DE ROSALÍA, e queremos celebralo compartindo unha gran sementa de pensamentos nunha andaina por Seixo.
 

O alumnado é o que mellor o pode explicar, atentos a este vídeo.

Este é o mapa da andaina que preparamos dende o cole ata a casa de cultura. Na andaina atoparedes carteis feitos polo alumnado que agochan moita información.


Eles mesmos foron os encargados de pegar os carteis nos diferentes sitios.

Esta é a nosa sementa de pensamentos... que preciosidade!!!









venres, 18 de febreiro de 2022

DESCUBRINDO O ENTROIDO VASCALLEIRO

Este ano estamos lembrando moitas cousas que pasaron nestes 50 anos do cole e como eran as celebracións cando os nosos avós e pais viñan ao cole. Tamén quixemos investigar como era o entroido cando non se podían mercar disfraces e caretas nas tendas.


Invitamos de novo a Vilas, que sempre está disposto a axudarnos, a pasar unha mañá connosco, para falarnos do Entroido Vascalleiro de Seixo.


Falounos de como era o entroido cando era pequeno, do entroido vascalleiro tradicional, da homenaxe que lle quixeron facer no pobo a burra (xa que este animal axudaba moito nas tarefas do campo) e da labor do grupo Ronsel na recuperación do entroido tradicional.

Para que o entendésemos mellor proxectounos un vídeo do concello de Marín, do ano pasado, que explica o entroido vascalleiro e prometeunos que, se nos disfrazabamos de vascalleiros, el e mais o seu amigo Antón ían traer a burra Marisa para desfilar con nós o vindeiro venres.


Así que ese é o reto que temos para o venres: disfrazarnos de vascalleiros (que noutros sitios tamén se coñecen como farrapalleiros), con cousas que teñamos pola casa, con caretas feitas a man... se deixamos voar a imaxinación seguro que saen cousas moi divertidas!!!
Aquí tendes o vídeo que nos proxectou Vilas, para que vos inspiredes e busquedes nos armarios de casa, na casa dos avós... a ver con que nos sorprendedes!

xoves, 17 de febreiro de 2022

BIBLIO MÁIS INCLUSIVA

Ola  a todos e todas, 
Cada día a nosa biblio é un pouco máis inclusiva. 



Irene vainos presentar as novidades que xa vos estan esperando na casa de Arnaldo.

Moitas grazas, Irene!!!

mércores, 16 de febreiro de 2022

DÍA TRISTE EN MARÍN

Hoxe todos estábamos conmocionados coas tristes noticias do afundimento do "Villa de Pitanxo". Foi imposible non falar do tema co alumnado e compartir a tristeza que sentíamos ante un feito tan terrible.


Todos, alumnado e profesorado, estivemos de acordo en unirnos ao minuto de silencio como homenaxe ás vítimas e apoio as súas familias, moitas de Marín. Falamos do importante que é ser empático e sensible acompañando a dor dos que nos rodean, aínda que sexa imposible poñerse na súa pel.





Despois do minuto de silencio escoitamos xuntos Negra Sombra, de Luz Casal.

luns, 14 de febreiro de 2022

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

Un ano máis coa celebración do...

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

chega ao cole de Seixo un dos porgramas máis esperados polas nenas e nenos...

O recuncho par deixar as dedicatorias xa está preparado...

Tan só vos tendes que animar, deixar voar a vosa imaxinación musical...

E depositar no buzón do amor as vosas dedicatorias...

A maxia da radio en directo a través de...

A VOZ DE ARNALDO

fará que os recreos estean cheos de música, dedicatorias, amor, amizade, alegría, diversión...

domingo, 13 de febreiro de 2022

NO DÍA DA RADIO: UNHA NOTICIA DE ALCANCE

Un ano máis, polo día da radio, o noso cole de Seixo qeuixo participar coa iniciativa de REDE ESPORA preparando unha actividade entre os centros de Galicia coa temática...

CONFIANZA NO XORNALISMO RADIOFÓNICO

As nenas e nenos de 6º de primaria, dende A VOZ DE ARNALDO, estivemos gravando unha noticia falsa pero verosímil como se dunha nova dun noticiario se tratase. Por aquí vos deixamos a noticia que escollemos...

E a continuación o traballo que preparamos para participar na actividade conxunta...
Rede Espora foi a encargada de elaborar o traballo final para celebrar o...
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Por aquí vos deixamos a montaxe con todos os centros de Galicia que participamos, non volo perdades!
PICADE NA IMAXE

DÍA DA RADIO: 50 ANOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO

Dende o Ceip de Seixo... queremos desexarvos a todas e todos un...
FELIZ DÍA DA RADIO!
Dende...
preparámosvos un programa moi especial no que vos falamos das páxinas do calendario deste curso...
Un calendario, elaborado por todas e todos nós...
Podedes ver o calendario completo premendo na imaxe
Podedes ver o calendario completo premendo na imaxe
que como moi ben vedes é moi especial xa que nel quixemos reflexar os...
50 ANOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO
Deixámosvos por aquí o programa... non volo perdades! 
ARNALDO tamén vos desexa un...
FELIZ DÍA RADIOFÓNICO

xoves, 3 de febreiro de 2022

XOGOS INCLUSIVOS NA BIBLIO!!

 

Hola a todos e a todas, 

Xa temos na casa de Arnaldo unha proposta de xogos moi interesantes que enfatizan a cooperación, a diversidade e a igualdade de xénero.



LAS BRUJAS DE FARRABÚS

É un xogo repleto de retos e aventuras oNde precisamos tomar boas decisións, medir o riesgo, xogar en equipo e ter sorte para axudar a escapar a princesa e que os rapaces e rapazas recuperen a súa identidade, sexan como queiran se e vivan libremente como queiran vivir.



CRIATURAS ESPACIALES
Existen moitas criaturas espaciales, de diferentes colores, formas.... Pero aínda que son diferentes por fóra, por dentro teñen moitas similitudes. A través diferentes  xogos verán que son moitas as semellanzas que as unen: gustos, aficións, emocións...





MI PRIMER JUEGO DE PALABRAS
É un xogo de palabras cruzadas que axuda a desenvolver a competencia lingüística e diferentes habilidades cognitivas coma a coordinación óculo-manual, a psicomotricidade fina e a orientación espacial.







IGUALES

É un xogo  de tarxetas recomendado para ed. infantil e primeiros cursos de primaria que inclúe 4 modalidades de xogo. As ilustracións transmiten valores positivos como o reparto de tarefas, roles, igualdade, bos tratos...


LA SUPER CLASE.
MISIÓN: ¡¡SALVAR EL MUNDO!!

É un xogo de mesa cooperativo con 5 formas de xogo diferentes nos que usando os nosos superpoderes e actuando en equipo conseguiremos controlar aos "Contaminez" e outras bestas. O xogo fomenta valores coma a igualdade, a ecoloxía, a cooperación e a non violencia. Pola contra os xogadores e xogadoras terán que por a proba a súa capacidade de toma de decisións e extratexias en equipo, observación, memoria e cálculo mental.



Os equipos colaboradores da biblioteca xa empezaron a  xogar  en equipo. Cando coñezan todas as instruccións e as regras dos xogos terán que dicirnos como se xoga e si se pode xogar con nos.