venres, 27 de maio de 2022

RAQUEL QUEIZÁS NAS LETRAS GALEGAS

Despedimos maio das letras cunha visita mooooi especial que recibimos xuntándonos un bo grupo na biblio (poooor fin)... que ganiñas tiñamos!


Raquel Queizás, Queliña, chegou a Seixo cargada de historias e atopou un auditorio con ganas de contos.
 

Desfrutamos moito coas súas historias de animais... tanto que ata nos puxo patas arriba!!


Aquí tendes un vídeo cargado de fotos para que vexades o ben que o pasamos nos dous pases que fixo Queliña: as nosas cariñas son a mellor mostra!
 

Por suposto non podíamos perder a oportunidade de levar a Queliña a A Voz de Arnaldo...


...alí Alberto, Eva e Abel conversaron con ela...


...e así podemos coñecela un chisquiño máis!


Aquí podedes escoitala...


Por suposto non podíamos deixar marchar a esta fantástica raposa sen deixar a súa pegada no noso libro de visitas.
 


Este día tan especial foi un agasallo de aniversario que nos fixo a Asociación Ronsel, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Vilas foi o representante da asociación encargado de entregarnos o agasallo: que ilusión nos fan sempre as súas visitas!!


Ata outra Queliña!
Gracias pola túa raposante visita!

FELICIDADE!

Despois de algo máis de dous anos... mellor mirade o vídeo, porque non hai nada máis que engadir!!! 

mércores, 18 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS CON FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Todos os cursos fixemos diferentes actividades adicadas a Florencio: investigación, recitado, actividades plásticas... inlcuso montamos un gran panel con gravacións sobre a súa vida e obra. Aquí deixámosvos un resumo en imaxes.








martes, 17 de maio de 2022

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O galego é unha lingua viva, unha lingua que, si a facemos nosa, fainos únicos e especiais. 
Recordade sempre que “A LINGUA FLORECE CANDO TI A FALAS”.


Este ano homenaxeamos a Florencio Delgado Gurriarán, e sobre a súa vida e obra estamos investigando e traballando. 
Feliz día das letras galegas. Feliz día das nosas letras.

domingo, 15 de maio de 2022

FELIZ DÍA DA FAMILIA

Hoxe é o día da familia, e queremos mandar unha aperta moi grande a todas as familias do noso cole. Todos estamos de celebración: nais, pais, fillos, filloas, avós, avoas, tíos, tías, primos, primas... porque cada un formamos parte da nosa familia que é a mellor do mundo mundial!!!

O alumnado de infantil, e algúns de primaria, fixeron uns cheques moi especiais para desfrutar en familia...

...cada un pensou en plans especiais para facer coa súa familia: seguro que os desfrutades un montón!!! 

domingo, 8 de maio de 2022

MAIOS 2022

Os maios son unha das tradicións máis arraigadas no cole e que se fixeron moitas veces durante estes 50 anos, por iso este ano non podían faltar. Seguro que quedades sen palabras vendo esta familia de maios... emocionámonos e non nos chegaba un!!
 

Iso si, non se fixeron sós, son o resultado de dous días de duro traballo. Grazas a todas as familias que trouxeron fiúncho, espadaina, xestas, flores, ovos, laranxas... e tamén ao alumnado e as familias que estiveron cosendo, montando... non hai nada como o traballo en equipo!!


Neste vídeo resumimos dous días de traballo no que participaron dende os máis peques ata os máis maiores.


E por fin chegou o día de cantar as coplas que tanto ensaiamos co profe Tano en clase de música. E foi un día moi especial porque, despois de dous anos, por fin puidemos abrir as portas ás familias para compartir este día tan especial con todos... estábamos moi nerviosos!!!


Así de ben soaron as coplas... de verdade que foi emocionante ver a todo o alumnado xunto rodeado das familias: tiñámos moitas ganas!! Tamén nos acompañou Lois, do Ateneo Santa Cecilia, un gran defensor e propulsor desta festa en Marín.


Estas son as coplas que cantamos:


Un recordo de todos os artistas coas obras de arte!

Nenos e nenas de 3 anos

Nenos e nenas de 4 anos

Nenos e nenas de 5 anos

Nenos e nenas de 1º de primaria

Nenos e nenas de 2º de primaria

Nenos e nenas de 3º de primaria

Nenos e nenas de 4º de primaria

Nenos e nenas de 5º de primaria
3
Nenos e nenas de 6º de primaria

xoves, 5 de maio de 2022

DE NOVO HAI NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!

 Ola a todos e todas!

 De novo temos novidades na biblio! 


Tócalle o turno a Unai que nos vai dicir cales son.

AS ÁRBORES SENLLEIRAS DO RÍO LOIRA

Como sabedes, no último consello de nenos decidiuse facer un escrito, á consellería de medio ambiente, apoiando a candidatura de dúas árbores do río Loira no catálogo de árbores senlleiras (singulares) de Galicia.


Un amieiro (ou ameneiro) e un eucalipto robusta. Podedes ler máis premendo AQUI.



No consello tamén se decidiu facer saídas para coñecer en directo as árbores, e o tempo primaveral permitiunos facer unhas andainas marabillosas polo río Loira. 


Animádevos todos, porque temos un tesouro aquí en Seixo!!


Deixámosvos vídeos das diferentes saídas... cando os vexades non poderedes resistir a chamada do río!!

O alumnado de 3 anos de paseo polo río Loira:

O alumnado de 4 anos:

O alumnado de 5 anos:

O alumnado de 1º de primaria:
 

O alumnado de 2º e 4º de primaria:

O alumnado de 3º de primaria:

O alumnado de 5º de primaria:

O alumnado de 6º de primaria:

CONSELLO DE NENAS E NENOS URXENTE

A semana pasada reuniuse o consello de nenas e nenos cunha convocatoria urxente.

A primeira hora recibimos unha convocatoria en clase... había que falar un tema urxente e importante! Así que nos xuntamos todos para escoitar algo que nos tiñan que contar.


No DOGA, que é un sitio onde se publican leis e anuncios importantes da Xunta de Galicia, publicouse o nome de 2 árbores para ver si os expertos deciden que deben formar parte da guía de árbores senlleiras de Galicia, que é una guía de árbores destacadas e importantes.


Estas dúas árbores están en Marín, na localidade de Seixo, moi cerquiña do cole, na ribeira do río Loira. Unha é un Eucalipto robusta e a outra é un amieiro (ou ameneiro, en castelán aliso).

No cole de Seixo temos moi cerquiña o río Loira e queremos que lle dean o valor que merece pola flora tan especial que ten, por iso sería moi bo darlle, a estas árbores, a importancia que teñen.


Despois de debatir, preguntar e dar a nosa opinión, fixemos unha votación e todos estivemos de acordo en apoiar a candidatura destas árbores facendo un escrito de parte do alumnado (os profes tamén fixeron un).

Os membros do consello de nenos explicamos nas aulas o alí falado, e non houbo dúbidas: os nenos e nenas de Seixo apoian as árbores do río Loira! 
O alumnado de 6º, por decisión do consello de nenos, elaborou o escrito. Enviámolo á consellería de medio ambiente, firmado por todo o alumnado (de 3 anos a 6º de primaria). Tamén lles enviamos a acta do consello de nenos e fotos das saídas.