xoves, 30 de abril de 2015

CONDUTORES E PEÓNS NO PATIO DO COLEXIO!

O mércores 29, o alumnado de Infantil (4 e 5 anos) e os nenos de 3º e 6º de Primaria tivemos unha xornada de Educación Vial, contando cunha clase teórica... e sí, tamén práctica.
O circuito itinerante, a actividade que todos os nenos e nenas estabamos esperando, incluía sinais verticais e no chan, rotonda, pasos de peóns e ata semáforos.
A actividade, proposta pola Policía Local de Marín, ten como obxectivo interiorizar as normas de convivencia e respecto necesarias para garantir a nosa seguridade, sexa como condutores ou como peóns.

O alumnado de 6º Primaria tivemos a oportunidade de probar o circuito, con karts!

 Os nenos e nenas de 3º Primaria acudimos preparados, coas nosas bicicletas e cascos. 


E para os de Infantil, houbo bicicletas, patinetes e triciclos.

Temos máis cousas que contar deste día, pero será proximamente.

DÍA DO LIBRO 2015

O 23 de abril celebramos o día do libro. 
Un ano mais, porque nos encanta, fixemos a actividade de apadriñamento lector. Os maiores leron contos aos peques e xuntos fixeron unha ilustración.
Pasamos un tempo moi especial lendo e debuxando xuntos.


E despois, aproveitando o bo tempo, tivemos un tempo de xogo libre. Foi moi especial e divertido xogar todos xuntos: os peques cos maiores... queremos repetilo mais veces!










xoves, 23 de abril de 2015

QUE ANDAN TRAMANDO OS PROFES?

Hoxe, cando chegamos ao cole... polos corredores vimos algunhas cousas raras feitas de cartón. Conseguimos unhas fotos das cámaras ocultas ;) 

Onte pola tarde os profes estiveron traballando no cole... que andarán tramando???
Seguiremos investigando... aquí están algunhas das imaxes a ver se alguén descubre que andan facendo os profes polas tardes no cole.







luns, 20 de abril de 2015

QUEDA MENOS PARA O CORRELINGUA 2015!

Cada día falta menos para o Correlingua 2015: "Galego, a nosa creación común". 
Como outros anos, participaremos nesta festa pola lingua galega compartindo unha xornada especial con outros colexios do Morrazo.


Entre outras actividades teremos un concerto de Paco Nogueiras, coñecédelo? iremos compartindo algunhas cancións para practicar e poder cantar moito cando o escoitemos en Bueu. 

domingo, 19 de abril de 2015

INVESTIGANDO AOS TIBURÓNS


Os nenos e nenas de 4 anos están embarcados nun proxecto sobre os tiburóns, e viñeron á biblio a buscar información.

No recuncho de consulta no que están os libros sobre o mar atoparon moitos que e levaron para a súa clase para investigar.

Queredes ver como foi a súa visita? premede na imaxe e iredes directos ao seu blog onde nos contan todo.