martes, 29 de novembro de 2016

O PAPAGAIO: XORNAL PARA NENOS NA BIBLIOTECA

O Grúfalo da nosa biblio ven presenta unha novidade nos estantes da biblioteca: o xornal O PAPAGAIO.
É un novo xornal en papel, pensado especialmente para nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Cada ano desfrutaremos de 10 números deste vistoso xornal que nos encanta porque esta escrito integramente en galego e coas súas páxinas a toda cor.


Edicións moito conto publica este xornal con temas de actualidade centrado especialmente en: ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. 
No xornal colaboran varios científicos, expertos en arte... e proporán experimentos e actividades practicas que poderemos facer os lectores do xornal.
Se premedes nesta imaxe poderedes ler algo máis sobre o contido do xornal.


Mirade o anuncio do primeiro número:

Se premedes na portada do número 1 poderedes lelo:



Xa temos os números 1 e 2 na biblio, pasade a velos... tamén os podedes levar para casa!

xoves, 24 de novembro de 2016

martes, 22 de novembro de 2016

APLICANDO PLICKERS NA AULA DE 5º

Na nosa páxina de FACEBOOK (preme se queres acceder directamente) preguntamos se alguén sabía que estábamos facendo os de 5º...



Pois moi fácil: estábamos facendo un control con Plickers!



Si, si... de verdade: estábamos contestando a diferentes preguntas!



Na pizarra dixital podíamos ler as cuestións que preparou a profe Charo, e despois tocounos pensar...




...cando decidimos a correcta cada un coloca o seu código coa resposta correspondente hacia arriba...




...a profe escanea todas as respostas e xa pode ver quen contesta ben e quen se equivoca... 



...e... tachán: control listo!


Xa probamos con naturais e con lingua... motivador e moi practico para o alumnado e para o profesorado!

venres, 18 de novembro de 2016

REMATE DAS ELECCIÓNS

O día 11 foi o esperado día das eleccións municipais. Despois dos pertinentes sorteos así quedou constituida. De esquerda a dereita: Aldara (interventora do PGM), Silvia de 4º (secretaria), Martín de 6º (presidente), Ivan de 6º (secretario) e Laura (inerventora do PNS).


Todas as papeletas estaban preparadas esperando ser introducidas nas urnas. 



O alumnado de 4º, 5º e 6º exerceu o seu dereito ao voto. 



Para os máis reservados estaba montada unha cabina de voto secreto. 



Os membros da mesa estiveron moi atentos durante todo o proceso. 



Os dous candidatos tamén se achegaron a votar.

Ninguen quiso perder esta oportunidade de elixir o mellor representante. 



Nervios e moita emoción durante as votacións.

Chegou o momento do reconto e os membros da mesa procederon a contar os votos, revisando os nulos, votos en blanco... 



Levantaron acta cos resultados, na que todos os membros firmaron. 



Á saída todo o alumnado pudo ver os resultados... os nervios e a emoción eran moitos!



Finalmente a xornada rematou coa victoria do PNS. Marcos Soto felicitou persoalmente ao candidato vencedor destas eleccións municipais: Pablo Casal. 



Noraboa ao PNS

venres, 11 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

Aínda que a choiva non nos deixou facer os xogos que estaban preparados, desfrutamos dunhas deliciosas castañas que os pais e nais prepararon para todos.
Aquí tendes unhas fotos ao ritmo castañeiro de Paco Nogueiras.

xoves, 10 de novembro de 2016

PGM: PARTIDO GALEGO MARINENSE

Presentamos ao PGM: o Partido Galego Marinense.



O seu candidato á alcaldía é Marcos Soto que posa co cartel do seu partido. 



O martes ás 12:25 deron un mitin para contar aos votantes cales son as súas ideas. 



Os compañeiros e compañeiras, que o venres decidirán nas urnas quen será o próximo alcalde, estiveron moi atentos. 



Marcos explicou as ideas do do PGM nun discurso preparado por todos os membros do partido. 



Xurdiron moitas preguntas para os membros do PGM. 




Como sabemos que estades desexando coñecer o ideario do PGM, aquí vos deixamos unha entrevista na radio, presentada por Pablo, na que Marcos, o candidato, e Hugo, o portavoz do partido, nos explican o seu ideario. 



VOTA PGM PARA UNHA VIDA MELLOR: 
NOS CONVOSCO

PNS: PARTIDO NACIONALISTA DE SEIXO

Presentamos ao PNS, o Partido Nacionalista de Seixo. 


O seu candidato á alcaldía é Pablo Casal que posa co cartel do seu partido. 



O mércores ás 12:25 deron un mitin para contar aos votantes cales son as súas ideas. 



Os compañeiros e compañeiras, que o venres decidirán nas urnas quen será o próximo alcalde, estiveron moi atentos.



Pablo explicou as ideas do do PNS nun discurso preparado por todos os membros do partido. 




Xurdiron moitas preguntas para os membros do PNS. 



Como sabemos que estades desexando coñecer o ideario do PNS, aquí vos deixamos unha entrevista na radio, presentada por David, na que Pablo, o candidato, e Marcos, o portavoz do partido, nos explican o seu ideario. 



VOTA PNS SE QUERES 
UN MUNDO MELLOR.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS NO COLE

Os nenos e nenas de 5º de primaria están vivindo unha experiencia moi emocionante que lles está axudando a aprender moito sobre a democracia e os procesos electorais. 


Despois de formar os dous partidos e elixir os representantes, os dous partidos traballaron duro durante a campaña electoral.



Facer cartelería, idear un programa, preparar un mitin... 



Adicaron moito tempo a escribir os seus programas, e tiveron intensas conversas con moito debate para decidir o plan de actuación do partido o as melloras que querían ofrecer aos votantes. 



Eles, guiados pola profe Charo, foron dando todos os pasos do proceso electoral.




Despois visitamos as clases de 4º e 6º, onde están os votantes, para invitalos aos mitines e animalos a votar.




Queredes coñecer os dous partidos? Premede no nome de cada un e poderedes coñecer os seus programas: