luns, 31 de maio de 2021

ELAS

Rematamos "Maio das Letras" con unha actividade sobre mulleres galegas.
Durante este curso estamos moi implicados coa "Igualdade" así que investigamos sobre os Premios das Letras Galegas para atopar aquelas que foron as premiadas.
Cando buscamos información na biblioteca atopamos a colección dos Bolechas. Estes libros e os seus debuxos foron o punto de partida do noso proxecto.
Traballamos moito pero estamos moi contentos co noso mural.

Aprendemos moitos datos e pasámolo moi ben sobre todo cando ensaiamos a presentación. Neste vídeo pódese ver como preparamos todo.
Como este curso non podemos compartir con vos o noso traballo presencialmente, aquí vos queda a presentación gravada.
Esperemos que os guste porque nos deu moito traballo!!

sábado, 29 de maio de 2021

O NOSO PATIO É UNHA BIBLIOTECA NA NATUREZA!

Ola amigos e amigas,
Se en anos anteriores nos gustaba o noso patio, este curso moito máis!

Este patio está cheo de vida e de experiencias. Encántanos xogar e disfrutamos un montón.


Pero aquí facemos moitas actividades e moi diferentes porque é unha aula máis do centro.
Dámoslle a benvida ás estacións!!!

Cultivamos e aprendemos sobre hortas...

e tamén sobre frores...


A nosa biblio patio é impresionante!
A hora de ler no patio é a nosa sesión favorita!!!!




Gústanos ler pero...  encántanos que nos lean!



Pero sen dúbida a nosa actividade favorita é a exploración. No patio transformámonos en verdadeiros investigadores da natureza.






Temos tantos bechos,  tantos, tantos, tantos ..... que a nosa ANPA regalounos un " Hotel de Bechos" para coidalos e protexelos.

Agora, nesta época está completo. 100% de ocupación!!!
Neste patio, desfrutamos de moitas actividades máis .....
Pintamos....

Xogamos no areeiro ...
Bailamos...
Subimos ás árbores....
Escoitamos historias...

Facemos obradoiros


E tamén merendamos!!!!
Sorte ter un patio así en  Seixo!!!!

SEMANA DA FROITA



venres, 28 de maio de 2021

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (II-2)

Dende A VOZ DE ARNALDO un día máis...
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
O programa da música adicada...

Deixámosvos por aquí o...
2º programa da 2ª Tempada
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

martes, 25 de maio de 2021

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (II-1)

Un ano máis damos comezo ao programa de radio máis esperado do Concello de Marín....
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
O programa da música adicada!
Deixámosvos por aquí o...
1º programa da 2ª Tempada
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

XELAPALABRA!

Hoxe presentámosvos un taller que se levou a cabo hai uns días no noso cole con motivo da celebración das Letras Galegas arredor da figura de Xela Arias...
XELAPALABRA!
Un obradoiro que desfrutaron as nenas e nenos de 4º de primaria, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, levado a cabo por Jesús Castro Yáñez...
Por aquí vos deixamos unha montaxe da xornada!

venres, 21 de maio de 2021

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

Hoxe queremos presentarvos!!!
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
O programa de radio máis famoso da contorna, o programa musical máis demandado por todas e todos vós xa esta aquí!!!
Un curso máis, durante os recreos de cada mañá volverán a soar as cancións que vós queirades e adicadas a quen vós desexedes!
Prestade moita atención e abride ben as orellas porque calquer día destes teredes sorpresiñas durante os recreos... Lembrade cubrir ben todos os datos e animádevos a sorprender con música aos vosos amigos, amigas, profes...
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

xoves, 20 de maio de 2021

ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS

Volvemos a ter un encontro virtual na nosa biblioteca.
Esta semana tocoulle a

Alicia Borrás Sanjurjo

Os cursos de quinto e sexto de primaria lemos o seu libro "Querido Nadie"

Despois de comentalo entre todos e de facer un pequeno traballo sobre el

concertamos con ela unha cita para charlar  e ensinarlle todo o que fixemos.

O tempo pasounos voando!!!

Ela falounos de Branca e de Serena e nos tamén lle preguntamos un montón de cousas.
Moitas grazas, Alicia !!!