martes, 25 de setembro de 2018

OS DE QUINTO XOGAMOS NA BIBLIO!!!

Os de quinto fomos a semana pasada coa profe Bea á biblio do cole e alí xogamos cos xogos de mesa tan chulos que temos.









luns, 24 de setembro de 2018

BIBLIOTECA DE ADULTOS

Rocío e Elena lucen felices os seus carnets da biblioteca. Elas foron as primeiras en facer o carné da biblio de adultos que está en marcha dende o curso pasado. Alí podedes coller libros, revistas (como por exemplo a revista PRINCIPIA para adultos), cds de música (Xavier Díaz, Xoel López, Iván Ferreiro, Sumrrá....) ... e esperamos que, pouco a pouco, co voso apoio, a sección de adultos vaia medrando. 


Dentro de moi pouquiño inauguraremos a biblioteca así que animamos a todos os papás, mamás, avós... a sacar o carné e animarse e a coller libros, revistas, música... cando nos visiten os martes ou xoves polas tardes.