martes, 31 de decembro de 2019

LEMBRANZAS DO FESTIVAL DE NADAL

E para rematar ben o ano....
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con moreas de fotos sacadas durante o festival e que seguro tendes moitísimas ganas de ver...

luns, 30 de decembro de 2019

GAGO DE MENDOZA: A LIBERACIÓN DE MARÍN

Nunha das últimas actividades do trimestre e gracias ao Concello de Marín, os nenos e nenas puideron desfrutar dunha pequena obra teatralizada na que GAGO DE MENDOZA era o protagonista...
A través deste personaxe descubrimos moitas cousas acerca da historia do noso Concello e o importante que foi a súa figura...

Seguramente a maioría de vós coñecedes o feito histórico da liberación de Marín, acontecido o día 4 de abril de 1809, e protagonizado polas alarmas do Morrazo, capitaneadas polo heroe marinense JUAN GAGO DE MENDOZA.


Corsario, guerrileiro e caudillo, que ata ten unha rúa en SEIXO...

Dende fai algúns anos, no Concello, ademais do día 4 de abril tamén se celebra unha festa corsaria, no verán, coa intención de dar a coñecer a este personaxe, que é parte importante da historia da nosa vila...

domingo, 29 de decembro de 2019

VISITA ANTIGOS ALUMNOS

E como xa comeza a ser tradición por estas datas... recibimos a visita de antigüos alumnos/as!
Moitas gracias por acordarvos de nós un ano máis...




Foi un pracer tervos recibido e compartir con vós moreas de cousas... As voas costumes nunca se poden deixar perder... 
Ata outra rapaces!

sábado, 28 de decembro de 2019

CHOCOLATADA ANPA

Despois de disfrutar do Festival de Nadal, chocolate con churros para todos os nenos e nenas do cole e familias asistentes para compartir un momento agradable e celebrar as Festas que están por chegar.
Gracias mamis por tanta axuda e colaboración!
Por aquí vos deixamos algunha fotiño máis...








Estaba riquísimo!
Por moitos anos máis!

mércores, 25 de decembro de 2019

E PAPÁ NOEL TAMÉN CHEGOU AO NOSO COLE...

Hoxe foi un día moi especial... Papá Noel chegou a todas as casas para deixar moreas de agasallos... Pero antes visitou o noso cole para estar con todos os nenos e nenas!
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe desta visita tan especial que puidemos desfrutar no cole no último día antes das vacacións...

domingo, 22 de decembro de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Moi boas familias! Por aquí vos queremos deixar o Festival de Nadal  que prepararon os nenos e nenas do cole para todos/as vós!
Desexamos que, os que poidéstedes asistir, o pasárades tan ben ou máis ca nós. Para aqueles que por calquera cousiña non vos puidestes achegar... Aquí vai!

Os nosos presentadores e teloneiros Lucía, Mateo, Eva e Rubén...
Os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil con... 
"EL BURRITO SABANERO"
Os nenos e nenas de 6º de Infantil bailan...
"LAST CHRISTMAS"
As nenas e nenos de 1º de primaria cantan...
"UNHA GALIÑA NO SEU CURRAL"

As nenas e nenos de 4º de primaria bailan...
"UN NADAL HAWAIANO"

As nenas e nenos de 2º de primaria cantan...
"OS MAGOS EN CAMIÓN"

Sorteo "SORTEO CESTA DE NADAL" pro axuda ao viaxe de fin de etapa dos nenos e nenas de 6º de primaria a LEITARIEGOS (LEÓN)...

As nenas e nenos de 5º de primaria bailan...
"CHRISTMAS HIP HOP"

Os nenos de 2º de primaria de relixión representan...
"DEJA DE RONCAR ABUELA!"

As nenas e nenos de 3º de primaria cantan...
"O NADAL XA CHEGOU"
As nenas e nenos de 6º de interpretan coa frauta...
"ALELUYA"
As mamás cantan...
"BO NADAL!"

Despedida da nosa dire Natalia...
FELICES FESTAS FAMILIAS!

mércores, 18 de decembro de 2019

XA CHEGA O FESTIVAL DE NADAL

Moi boas familias!
Onte os vosos pequerrechos/as chegaron a casa coa seguinte información...

Tan só queremos confirmarvos a hora de comezo do Festival de Nadal e facilitarvos a orde de actuación para unha mellor organización vosa e que poidades facer un oco para asistir todas e todos.
AGARDÁMOSVOS FAMILIAS!

martes, 17 de decembro de 2019

PI...PI...PI...! PASAXEIROS AO TREN!

Os nenos e nenas de infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria disfrutaron dunha das actividades máis esperadas ao longo de todo o ano.
Un ano máis e grazas ao Concello de Marín recorreron as rúas de Seixo e Marín no tren turístico...


Unha magnífica actividade, con motivo das festividades do Nadal, que agardamos que se siga repetindo...

Animádesvos a dar unha voltiña con nós! Pois veña... Pasaxeiros ao tren!
E por si queredes ver algunha fotiño máis... por aquí vos deixamos outro vídeo...

luns, 16 de decembro de 2019

RELATOS CURTOS DE MEDO: 6º DE PRIMARIA

Moi boas amiguiños. Uns días antes de ir de vacacións as nenas e nenos de 6º de primaria quixeron pasar pola VOZ DE ARNALDO para compartir con nós unha gravación moi terrorífica.
Desexamos que vos guste!

CAMPAÑA UN XOGUETE E UN SORRISO

Hoxe tivo lugar o acto de recollida da
"CAMPAÑA UN XOGUETE UN SORRISO" 
no noso cole...
Gracias familias pola vosa colaboración e por ter axudado unha campaña máis...

O noso granciño de area xa está en marcha: roupa, calzado, xoguetes.... para colaborar nestas datas tan especiais...
Moitísimas gracias!

NOVOS XOGOS NA NOSA BIBLIO

Xa tendes a vosa disposición, no recuncho creativo da Biblioteca, novos e apoixonantes xogos cos que aprenderedes moreas de cousas...
SumBlox 
Si dende pequenos aprendemos coas mans tocando todo: por que non afrontar as matemáticas do mesmo xeito?
Con estes bloques poderán descubrir coas súas propias mans a descomposición da decena, as sumas, restas, multiplicacións, fraccións, proporcionalidade, divisións… manipular e comprender con todos os sentidos porque as matemáticas tamén poden ser un xogo.

Ademais tamén serven como pezas para facer simplemente torres ou construcións libres traballando a imaxinación.
Kapla
Xa tiñamos algunhas pezas no cole, e visto o seu éxito mercamos unha caixa con 1000 pezas máis!
É un xogo de construción cuns valores pedagóxicos extraordinarios que ademais é respectuoso co medio ambiente e que nos permite traballar xeometría, física, matemáticas, arte, tecnoloxía, lóxica, organización, precisión, concentración…
Son pequenas pezas de madeira de piñeiro, extraída de bosques sustentables. Todas exactamente iguais, calibradas con precisión para que a repartición de peso sexa exacto. É o método perfecto para construír calquera cousa sen necesidade de unións nin puntos de fixación, só amontoar as tablillas unhas sobre outras e botarlle imaxinación. 
Lego duplo
Dende que montamos o recuncho de lego, quedounos claro que foi un acerto polo que seguimos aumentando o número de pezas.
Nesta ocación mercamos as pezas grandes pensando máis nos peques do cole, pero poderedes desfrutar del todos os que o desexedes...
Imaxinade o moito que podedes desfrutar unha tarde de xoves na casa de Arnaldo: esperámosvos!