Amosando publicacións coa etiqueta rede espora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rede espora. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de febreiro de 2022

NO DÍA DA RADIO: UNHA NOTICIA DE ALCANCE

Un ano máis, polo día da radio, o noso cole de Seixo qeuixo participar coa iniciativa de REDE ESPORA preparando unha actividade entre os centros de Galicia coa temática...

CONFIANZA NO XORNALISMO RADIOFÓNICO

As nenas e nenos de 6º de primaria, dende A VOZ DE ARNALDO, estivemos gravando unha noticia falsa pero verosímil como se dunha nova dun noticiario se tratase. Por aquí vos deixamos a noticia que escollemos...

E a continuación o traballo que preparamos para participar na actividade conxunta...
Rede Espora foi a encargada de elaborar o traballo final para celebrar o...
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Por aquí vos deixamos a montaxe con todos os centros de Galicia que participamos, non volo perdades!
PICADE NA IMAXE

mércores, 19 de xuño de 2019

A VOZ DE ARNALDO: UN ANTES E UN DESPOIS

A FESTA DO SABER toca ao seu fin pero dende o Equipo de Biblioteca non queríamos pechar esta celebración sen dar a coñecer o traballo levado a cabo durante este curso en...
Un curso que comezamos solicitando a inclusión do noso cole no programa RADIO NA BIBLIO 
e que tras varios anos intentándoo desta vez si que nos aceptaron...

Un proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO" que pretendeu estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.
No noso cole A VOZ DE ARNALDO xa estaba creada pero gracias a esta iniciativa puidemos mellorar as nosas instalacións e crear un ambiente totalmente diferente e renovado.
Buscábase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. 
A VOZ DE ARNALDO, un curso máis, foi unha ferramenta imprescindible no día a día da comunidade escolar de Seixo.
O laboratorio de radio na biblioteca escolar converteuse tamén nun punto de formación para o noso alumnado...
Eles serán os únicos protagonistas no futuro de A VOZ DE ARNALDO, no futuro da radio de Seixo, no futuro da nosa radio.
Deixámosvos, por aquí, un pequeno vídeo no que poderedes ver o antes e despois de...
Porque a nosa radio tamén forma parte de...
"O PATIO QUE SOÑAMOS"

venres, 24 de maio de 2019

REDE ESPORA EN RADIO NA BIBLIO

Hoxe queremos contarvos a xornada de formación que tiveron os nosos nenos e nenas de 5º de primaria, o pasado mércores día 22, con... 
REDE ESPORA 
Da man de Cristina e Javier...
Dentro do programa... 
convocado e concedido ao noso cole pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dentro do Plan LIA de Bibliotecas Escolares... estivéronse formando como futuros usuarios independentes e autónomos en...
Unha mañá interesantísima e dun gran aproveitamento...


...na que os nosos nenos e nenas desfrutaron un montón e pasárono en grande á vez que aprenderon a gravar na radio, crear escaletas, organizar programas...

Deixámosvos por aquí unha pequeniña montaxe dalgún dos momentos da formación que recibiron...
E se queredes ver máis fotos desta xornada só tendes que ver o seguinte vídeo:
Podedes seguir esta e outras moitas noticias e novidades da clase de 5º de primaria en LUPA DIXITAL!
Gracias Javier e Cristina! 
Gracias REDE ESPORA!

martes, 7 de maio de 2019

CEIP DE SEIXO COS VI PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

Botando man da iniciativa proposta por REDE ESPORA e MUSICAS AO VIVO...

Os nenos e nenas de 6º de primaria quixemos participar na actividade que nos propuxeron con motivo da celebración dos...
Somos conscientes de que vivimos un momento de crise musical e por iso, a través de A VOZ DE ARNALDO, quixemos elaborar programas musicais nos que dar a coñecer e divulgar as músicas, bandas e estilos musicais que se presentan a esta VI edición dos premios.
Deixámosvos, a continuación, os 3 programas musicais que elaboramos...
 


xoves, 2 de maio de 2019

CEIP SEIXO COS VI PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

Botando man da iniciativa proposta por REDE ESPORA e MUSICAS AO VIVO...


Os nenos e nenas de 5º de primaria quixemos participar na actividade que nos propuxeron con motivo da celebración dos...
Somos conscientes de que vivimos un momento de crise musical e por iso, a través de A VOZ DE ARNALDO, quixemos elaborar programas musicais nos que dar a coñecer e divulgar as músicas, bandas e estilos musicais que se presentan a esta VI edición dos premios.
Deixámosvos, a continuación, os 3 programas musicais que elaboramos...

xoves, 14 de febreiro de 2019

RADIOS ESCOLARES NO DÍA DA RADIO

Como xa vos contamos, onte, día 13 de febreiro celebrouse o DÍA DA RADIO e grazas á REDE ESPORA, dende a nosa radio: A voz de Arnaldo, participamos nun proxecto con difusión mundial que conecta Biblioteca, Radio, Tolerancia, Paz e Diálogo.

Se queredes ver o evento xeral do que se fixo eco a UNESCO premede na seguinte imaxe:
Tamén na web de ESPORA podedes ler máis sobre este fantástico proxecto conxunto de diferentes radios escolares. Premede na imaxe para acceder ao enlace.
Aquí vos deixamos o podcast cos fantástica gravación que fixeron diferentes locutoras en representación das súas radios para dar voz ás NOVAS QUE QUEREMOS!
Prestade moita atención e descubriredes que alumno ou alumna de 4º de primaria fixo de portavoz do Cole de Seixo!!!
Seredes capaces de adiviñar de quén se trata?

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!

mércores, 13 de febreiro de 2019

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio, e dende A voz de Arnaldo, a radio do noso cole, non podíamos deixar pasar un día tan especial.

Dende a Rede Espora, ademais de recibir moito apoio e recursos para a radio, recibimos a proposta de participar nunha gravación conxunta con outros coles galegos.


Este ano a temática é: DIÁLOGO, TOLERANCIA e PAZ e aos compis de Rede Espora ocorréuselles a xenial idea de facer un noticiario colectivo, pero non ao uso, un que sexa só de noticias felices, e non de desgracias e conflitos bélicos, como adoitamos escoitar nas radios.

Así que no cole de Seixo todas as nenas de 4º gravaron un pequeno texto e unha destas gravacións formará parte dunha montaxe con máis gravacións de centros escolares de Galicia, a cal será colgada na canle do Día Mundial da Radio.
Estade atentos porque compartiremos esa montaxe e descubriremos quen foi o alumno ou a alumna representante da nosa radio: A Voz de Arnaldo

mércores, 14 de febreiro de 2018

RADIOS ESCOLARES NO DÍA DA RADIO

Como xa vos contamos, o 13 de febreiro celebrouse o DÍA DA RADIO e grazas á REDE ESPORA, dende a nosa radio: A voz de Arnaldo, participamos nun proxecto con difusión mundial que conecta Biblioteca, Radio, Igualdade da Muller e Deportes nun só programa.


Se queredes ver o evento xeral do que se fixo eco a UNESCO premede na seguinte imaxe:


Tamén na web de ESPORA podedes ler máis sobre este fantástico proxecto conxunto de diferentes radios escolares. Premede na imaxe para acceder ao enlace. 


Aquí vos deixamos o podcast cos fantástica gravación que fixeron diferentes locutoras en representación das súas radios para dar voz a tantas mulleres marabillosas que triunfaron no mundo do deporte, pero que pouca xente coñece. Dende a Voz de Arnaldo: Nuria como Lisa Leslie.