Amosando publicacións coa etiqueta orlas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta orlas. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de xuño de 2025

GRADUCACIÓN INFANTIL

A tropa de 5 anos rematou o seu paso por infantil e tócalles dar un gran salto a primaria, so suben un piso, pero iso vai cargado de moitos nervios e emocións.

Para despedirse, como actuación final do ciclo, elixiron facer unha obra de teatro que ensaiaron mooooito e notouse, porque foi un éxito! Rimos e desfrutamos un monton coas peripecias do chicle.
 

A profe Ana entregoulles as súas orlas e diplomas, e tamén recibiron unha medalla (aínda que chegou cuns días de retraso). As familias tamén quixeron ter un detalle coa titora e todo o alumnado de 5 anos tivo unha sorpresa para o profesorado que os acompañou con tanto cariño.


Parece que foi onte cando chegaron a Seixo, pero xa pasaron uns aniños e medraron un montón!!


Que delicia vervos medrar, seguro que seguiremos aprendendo moito, maiores e pequenos.
 

Desexámosvos todo o mellor para as novas aventuras que veñen!

martes, 24 de xuño de 2025

GRADUACIÓN PRIMARIA

15 marabillosos nenos e nenas pecharon unha páxina da súa historia despedíndose do cole de Seixo.

Iso si, despedíronse con moita marcha, cun baile que ensaiaron durante moitas semanas e que puidemos desfrutar con moito ritmo.


Despois duns discursos inolvidables e moi emotivos, que prepararon de forma individual, a profe Graciela entregoulles as súas orlas e diplomas, e tamén recibiron unha medalla e un agasallo da ANPA. As familias de 6º tamén quixeron ter un detalle coa titora e co profesorado.
 

Regalámoslles unhas tazas de Arnaldo para que nunca se esquezan do cole, porque a súa pegada quedará aquí para sempre. Recordade que sempre seredes parte da familia de Seixo: vinde moito a visitarnos! Desexámosvos todo o mellor para as novas aventuras que veñen!

sábado, 29 de xuño de 2024

GRADUACIÓN PRIMARIA

17 nenos e nenas, da man da profe Nerea, rematan o seu paso por primaria e gradúanse para marchar rumbo ao Chan do Monte


A profe Nerea entregoulles as súas orlas e tamén recibiron un agasallo da ANPA. As familias de 6º tamén quixeron ter un detalle con profesorado. 


A tropa de 6º fíxonos desfrutar co baile que prepararon: botarémolos moito de menos!!


Parece que foi onte cando entraron pola porta do cole por primeira vez... e agora xa esperamos que volvan de visita! Recordade que Seixo sempre será a vosa casa!

venres, 28 de xuño de 2024

GRADUACIÓN INFANTIL

Esta preciosa tropa de 21 fantásticos nenos e nenas, a tropa do profe Óscar, rematan infantil e están a puntiño de empezar primaria: que rápido medraron!!


O día da graduación recibiron a súa orla e tamén algúnha sorpresa que o profe Óscar tiña preparada.


E puidemos desfrutar do baile que tanto ensaiaron con Óscar e Jeni: encantounos!! Que marcha!!


Desexámosvos o mellor! Seguro que vai fenomenal o cambio de etapa, e o profe Óscar estará sempre no piso de abaixo feliz de recibir visitas!

martes, 27 de xuño de 2023

ADEUS INFANTIL... BENVIDA PRIMARIA!!

En setembro de 2020, en plena pandemia da COVID-19, chegou a Seixo un marabilloso grupo de nenas e nenos aos que admiramos un montón polo valentes que foron, chegando a un cole novo nun momento tan complicado... e que ben o fixeron!!!


Eran uns pequerrechos marabillosos, e, aínda que pasaron moito tempo coas máscaras postas, nunca deixaron de sorrir! Se queredes ver a súa presentación no cole premede AQUÍ


Case sen darnos conta pasaron 3 cursos e xa remataron infantil. E fixérono con moita marcha, porque este grupo, incluída a profe, son moi festeiros e "bailongos"... para mostra podedes ver o ben que bailaron na súa graduación!

Con moita emoción, a profe Jeni foi entregando as orlas a todos os pequerrechos, da clase de 5 anos, que dentro de nada comezan 1º con moitas ganas e ilusión... e tamén con moitos nervios!

 

Que tropa tan bonita! Desexámosvos o mellor!!


Con estes fermosos sorrisos damos os parabéns a todos e cada un dos nenos e nenas que tan ben o fixeron nestes anos ben rariños, cheos de restricións, pero moi ben aproveitados! 


Seguirémonos vendo cada día, nunca esquezades canto vos queren as profes de infantil e a ilusión que nos fai recibir visitas!!

domingo, 25 de xuño de 2023

ADEUS PRIMARIA... BENVIDA SECUNDARIA!!

Cando chega final de curso chegan as despedidas, e este ano tócanos despedir a esta tropa que, na maioría dos casos, leva 9 anos no cole... 9 anos son moitos anos!!

 Para despedirnos agasalláronnos con este baile: un gran traballo en equipo!


E chegou o momento de entregar orlas e diplomas como resultado do esforzo e do traballo durante tantos anos, que emoción, todos marchan rumbo a secundaria!


Pero non pensedes que estes nenos e nenas sempre foron tan maiores. En setembro de 2014 chegaron a Seixo 14 pequenos e pequenas que desfrutaron 3 anos cheos de aprendizaxes co profe Jorge antes de saltar a primaria onde estiveron con Bea, con Graciela, con Pachú e agora despiden a primaria con Alexia.
 

En 3º sumáronse a este equipazo 6 novos compis que completaron o grupo que se despide este ano do cole.
 

Estes son os 20 graduados deste curso aos que botaremos moito de menos!


Incrible que xa pasasen 9 anos dende que chegaron ao cole, hai que ver canto medraron!!


Cando remataron infantil fixemos unha montaxe dos seus 3 primeiros anos no cole, e agora aínda é máis emocionante vela!


Se queredes ver máis recordos da súa etapa infantil podedes facelo premendo AQUÍ, onde atoparedes unha recompilación de entradas desta promoción: alucinaredes!!!


Ata pronto a todos e todas! 
Desexámosvos o mellor, non só no instituto, senón en toda a vosa vida. 
Lembrade que Seixo sempre será a vosa casa!!!

sábado, 16 de xullo de 2022

OS PEQUE GRADUADOS DO 2022

Os nenos e nenas de 6º de infantil deixan a planta de abaixo e en setembro subirán para o piso de arriba cos compis de primaria.
 

Compartimos xuntos a alegría e a satisfacción de rematar unha etapa: que ben o fixeron!!
 

Esperamos que recorden esta etapa con moito cariño!


Nestes 3 anos no cole medraron un montón, así chegaron e así marchan para primaria...


Feliz verán! Vémonos pronto e esperamos moitas visitas no patio de infantil!

martes, 12 de xullo de 2022

OS GRADUADOS DOS 50 ANOS

A promoción do 50 aniversario despediuse do cole despois dun curso no que traballaron un montón e investigaron moitísimo sobre a historia do cole.


Botarémolos de menos, porque son un grupo fantástico co que temos recordos inesquecibles!


E por suposto levaron a súa orla de recordo (a orla B deixámola para a intimidade jejej)


Despedímolos con moito cariño e moita pena, porque despois de 9 anos véndoos medrar e compartindo tanto... deixan unha pegada profunda nos nosos corazóns! Así medraron nestes anos.
 

Como agasallo de despedida, e como agradecemento a todo o que fixeron no proxecto dos 50 anos, todos levaron o agasallo especial deste curso, unha taza de edición limitada deseñada por Carmen.


Seguide sendo un equipo e nunca perdades esa chispa que vos fai únicos! Lembrade que Seixo sempre será a vosa casa!!!