mércores, 14 de febreiro de 2018

RADIOS ESCOLARES NO DÍA DA RADIO

Como xa vos contamos, o 13 de febreiro celebrouse o DÍA DA RADIO e grazas á REDE ESPORA, dende a nosa radio: A voz de Arnaldo, participamos nun proxecto con difusión mundial que conecta Biblioteca, Radio, Igualdade da Muller e Deportes nun só programa.


Se queredes ver o evento xeral do que se fixo eco a UNESCO premede na seguinte imaxe:


Tamén na web de ESPORA podedes ler máis sobre este fantástico proxecto conxunto de diferentes radios escolares. Premede na imaxe para acceder ao enlace. 


Aquí vos deixamos o podcast cos fantástica gravación que fixeron diferentes locutoras en representación das súas radios para dar voz a tantas mulleres marabillosas que triunfaron no mundo do deporte, pero que pouca xente coñece. Dende a Voz de Arnaldo: Nuria como Lisa Leslie. 

Booktubers - Kika superbruja (David)

martes, 13 de febreiro de 2018

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio, e dende A voz de Arnaldo, a radio do noso cole, non podíamos deixar pasar un día tan especial. 




Dende a Rede Espora, ademais de recibir moito apoio e recursos para a radio, recibimos a proposta de participar nunha gravación conxunta con outros coles galegos.



Este ano a temática son as mulleres deportistas, e aos compis de Rede Espora ocorréuselles a xenial idea de darlles visibilidade a algunhas delas a través da personificación en alumnas dos centros. 



Así que no cole de Seixo todas as nenas de 5º e 6º gravaron un pequeno texto e unha destas gravacións formará parte dunha montaxe con máis gravacións de centros escolares de Galicia, a cal será colgada na canle do Día Mundial da Radio.



Estade atentos porque compartiremos esa montaxe e descubriremos quen foi a alumna representante da nosa radio: A Voz de Arnaldo