domingo, 31 de xaneiro de 2016

"OUTRA VACA NO MILLO"

Un grupo de nenos e nenas do cole, disfrutarán este mércores dunha actividade moi especial. 
A asociación de celíacos de Galicia (ACEGA) compartirá co alumnado dalgunhas clases do cole, unha exposición sobre a celiaquía: "Outra Vaca no millo".


A exposición pretende informar e concienciar dende a infancia sobre a enfermidade celíaca. 
A iniciativa está protagonizada pola vaca Paca, que explica aos máis pequenos como preparar unha merenda con produtos sen glute. 
Dámaris Gago, creadora da exposición e nai de dous nenos celíacos, será a encargada de dar a información aos nenos. 
Sen dúbida será moi pero que moi interesante coñecer e entender mais esta enfermidade que sofren algúns compis do cole. 
Ademais convidaranos a merendar!!

xoves, 28 de xaneiro de 2016

ESTADES PREPARANDO OS VOSOS DISFRACES?


CONTOS POLA PAZ IV:E QUE PODO FACER EU?


Premede na imaxe se queredes ver unha fabulosa animación deste fermoso conto "que fala sobre todo de solidariedade e de esperanza. Dun xeito sinxelo e fermoso lémbranos que hai moito que podemos facer polos demais sen necesidade de sermos heroes, simplemente ser persoas que pensamos e vemos máis cousas que nós mesmos. Así de simple. Así de necesario".

martes, 26 de xaneiro de 2016

luns, 25 de xaneiro de 2016

CONTOS POLA PAZ I: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Se visitades a nosa biblioteca estes días, veredes un espacio especial adicado ao DÍA DA PAZ no que están exposto diferentes contos que poñemos a vosa disposición para pensar un pouco mais nesa palabra que desexamos sexa unha realidade na vida dos nosos cativos: PAZ

Iremos poñendo varios... disfrutade de PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

xoves, 21 de xaneiro de 2016

RECURSOS PARA O ENTROIDO

A páxina web da CGENDL (coordinadora galega dos equipos de normalización e dinamización da lingua) acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos coles e nas casas
Preme na imaxe se queres acceder a todos estes recursos sobre o entroido: actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc.


RENOVANDO BIBLIOTECAS DE AULA

Os pequechos da clase de 5 anos visitaron a biblioteca para renovar á súa biblioteca de aula... colleron libros moi interesantes para ir lendo na clase!
PREME NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS

Animádevos todos a visitarnos... que temos moitas novidades!!

venres, 15 de xaneiro de 2016

ESTUPENDO INICIO DA OLIMPÍADA DE INVESTIGADORES

Onte comezou a Olimpíada de investigadores que Arnaldo nos presentou o outro día
Felices de ver a biblio tan animada un xoves pola tarde... moita concentración, moito esforzo e tamén moitas risas. 
Grazas a todos os nenos e nenas que estivestes investigando, pronto veredes a vosa posición no taboleiro da carreira... e tamén grazas aos pais e nais que se animaron a vir e participar cos seus fillos e fillas... e que aproveitaron para ler contos xuntos.














Todos os martes e xoves estará aberta a biblioteca para que poidades participar nesta carreira... que como podedes ver está sendo moi emocionante.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Hai días que da gusto ver a biblioteca no recreo: a fonoteca funcionando, os ordenadores, nenos lendo nas mesas... e seguimos traballando para que cada día sexa un espazo máis acolledor! 


Hoxe os colaboradores da biblioteca axudaron a elaborar uns carteis para encher uns expositores e novos libros. Gracias a Sergio, Marco e Antía pola súa axuda. 






Un dos expositores ten novos libros de consulta para investigar e descubrir moitas cosas. Podemos velos nas horas de biblioteca ou os martes e xoves pola tarde. 


Outro dos expositores mostra libros novos que podemos levar á casa... hai tantos que non sei por onde empezar... quero lelos todos!!



Estade atentos porque este ano imos ter estes expositores en continuo movemento porque imos recibir mooooitas novidades!! 

mércores, 13 de xaneiro de 2016

OLIMPÍADA DE INVESTIGADORES


PREPARANDO O DÍA DA PAZ CON MOITO RITMO

So faltan uns días para que se celebre o día da paz, e no cole estamos con preparativos para conmemorar ese día de forma especial.

E como somos moi marchosos e temos unha profe de musica con moito ritmo, non podía faltan unha canción lema que todos estamos aprendendo.
É unha canción de Macaco: "Mensajes de agua". Fixádevos na súa letra porque non ten desperdicio.


Este vídeo é importante velo con atención porque fan a canción en lingua de signos... e nós tamén imos facer os xestos... así que todos a practicar!!

 


Tamén vos poñemos unha magnífica SceneMob que fixeron para utilizar esta canción no mundo da discapacidade... paga a pena ver este fermoso traballo!!




Non olvidedes, que aínda que no físico e en moitas outras cousas todos somos diferentes, ao fin e ao cabo somos iguais e todos merecemos vivir en PAZ.

martes, 12 de xaneiro de 2016

UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS....

Hoxe Arnaldo está feliz porque tivo unha visita moi especial... os peques da clase de 4 anos quixeron probar a converterse en contacontos... e foi unha experiencia xenial!

Queredes velos? Premede AQUI e iredes directos ao blog dos peques onde nos contan todo! 

venres, 8 de xaneiro de 2016

VISITA DOS PEQUES DO COLE Á BIBLIO

Os mais peques do cole visitaron a biblio e pasaron unha hora estupenda con Arnaldo descubrindo como funciona a biblioteca, as cousas que se poden facer nela... e vendo moitos contos! 
Premede na foto para ver o ben que o pasaron.

PRIMEIRA HORA DE LER DE 2016

Hoxe foi o primeiro día de clase de 2016, e a verdade é que xa tiñamos ganas de volver a somerxernos nos libros da biblioteca, así que, como non nos podíamos aguantar mais, os de 1º e os de 4º compartimos a hora de ler na biblioteca... encántanos poder elixir entre tantos libros (e xa nos contou un paxariño que este ano chegarán moitos libros novos á biblio!)




Hugo e David estaban especialmente concentrados practicando para contar despois un conto ao seus compañeiros. 















Os de 1º apuntámonos a esta contada, unha mais das que levan feito os nenos e nenas de 4º falando sobre os dereitos dos nenos. Hoxe falaron sobre o dereito á educación gratuita. 





Noraboa a estes dous grandes contadores de historias!