mércores, 30 de xuño de 2021

HORARIO PARA O MES DE XULLO

Moi boas familias!
Por aquí vos deixamos o horario do centro e o teléfono de atención durante o mes de xullo...
EN AGOSTO...
PECHADO POR VACACIÓNS!!!

xoves, 24 de xuño de 2021

ATA SEMPRE! RAPAZAS E RAPACES DE 6º...

Nun acto moi emotivo no cole as rapazas e rapaces de 6º de primaria graduámonos para deixar atrás unha etapa que durou 9 anos no Cole de Seixo e comezar en setembro unha nova andaina...
Por aquí vos deixamos o vídeo de presentación da nosa graduación...
A nosa titora Maricarmen foi a encargada de entregarnos as orlas...
E ao rematar dedicounos unhas palabriñas...
Quixemos darlle un pequeno recordo para que se lembre sempre de todas e todos nós...
Queremos compartir con vós a Orla da nosa promoción...
Tan só rematar dicíndovos que nos encantou vervos medrar e que vos desexamos todo o mellor para o voso futuro! Arnaldo despídese con este pequeno vídeo... Mirade, mirade!
As portas de Seixo quedan abertas de par en par para que volvades a visitarnos cando o desexedes! O futuro é voso! Que vos sorría!

mércores, 23 de xuño de 2021

DESPEDIDA DO CURSO A CARGO DE ASACOCIRCO

No cole de Seixo somos uns afortunados! Gracias a nosa ANPA ABELENDOS puidemos desfrutar o último día de clase dunha actuación impresionante a cargo de...
Un espectáculo de circo que nos gustou un montón e no que o pasamos xenial! Por aquí vos deixamos uns anaquiños da actuación desta supercompañía cos seus mellores momentos!
Mirade que chulada!
E para que poidades ver vós mesmos o ben que o pasamos aquí tendes unha pequeniña montaxe con moreas de fotos. Comprobádeo vós mesmos!
Moitísimas gracias ANPA ABELENDOS por esta actuación que nos regalastes e co que tanto desfrutamos despois dun curso tan duro e particular.
Gracias polo voso traballo e colaboración!
Viva o circo!

domingo, 20 de xuño de 2021

PRIMEIROS AUXILIOS NO COLE

Ola a todos e todas,
Dentro da temática do noso PDI " A consulta de Arnaldo" o alumnado de quinto de primaria traballamos sobre os primeiros auxilios.

Primeiro fixemos unha busca na casa preguntando as nosas familias.
Logo practicamos na aula cos nosos compañeiros e compañeiras e os nosos bonecos.
Por último fixemos un lapbook coas técnicas aprendidas e  un vídeo para  poder compartir o noso traballo con toda a comunidade educativa, xa que este ano "A festa do Saber" ten que ser de xeito virtual.

sábado, 19 de xuño de 2021

HIXIENE CORPORAL E BUCODENTAL

Ola a todos e todas,
Dentro do noso PDI "A consulta de Arnaldo" a hixiene é moi importante, así que o noso curso de segundo pasou o curso traballando nisto.
O ratiño Pérez estivo con nós para axudarnos a buscar información e a facer as actividades do proxecto.



Como non  podemos compartir o noso traballo cara a cara na "Festa do Saber" deixámovos este vídeo con moitos consellos sobre a vosa hixiene.
Esperamos que vos sexa de utilidade.

xoves, 10 de xuño de 2021

KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA!!!

Ola a todos e a todas!

Hoxe imosvos ensinar unha actividade que nos gustou moito facer !!!
Aprendemos a facer un kamishibai. En xaponés significa "Teatro de Papel".

Fixemos unha adaptación do libro de Eric Carle "The hungry Caterpillar".
En inglés e galego repasamos as froitas, a importancia dunha alimentación saudable, o ciclo das eirugas, os días da semana..
No seguinte presentación de fotos podedes mirar canto traballamos!!!
Pero o que mais nos gustou foi gravar o vídeo. Tivemos que gravalo porque non o puidemos facer en directo para os compañeiros e compañeiras. Pero para o curso que ven é unha actividade que temos pendente.
Que ben o pasamos!!!!

martes, 8 de xuño de 2021

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (II-5)

Dende A VOZ DE ARNALDO un día máis...
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
O programa da música adicada...

Deixámosvos por aquí o...
5º programa da 2ª Tempada
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

sábado, 5 de xuño de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE!

Ola a todos e a todas,
Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente.

Sabedes por que se celebra hoxe? Enlazado con noso Pdi, Iván de terceiro explícanolo nun vídeo. Mirade!
A clase de cuarto de primaria, encargouse de recordarnos esta conmemoración facendo este mural onde nos explican a regra das 3Rs.

Na clase de inglés tamén estamos traballando sobre o mesmo tema porque nos parece moi importante. Aquí podedes ver a canción que estamos traballando. Fala do noso planeta e da necesidade de colaborar todos para coidalo e protexelo.
Ilustramos a canción...

Cantamos e bailamos...

E xogamos....  Xogar sempre nos encanta! E se o facemos aprendendo  o vocabulario sobre o que se pode facer para coidar o noso planeta... Aínda mellor!!

venres, 4 de xuño de 2021

ESTREAMOS AULA NO PATIO!!!

Ola a todos e a todas,
Hoxe temos novidades!!!
Estreamos aula no patio. Xa chegaron as mesas que compramos para que poidades ler, xogar, merendar, pintar,.... en plena natureza!
A clase de terceiro rematou a semana  dando inglés "under the trees"
Xogamos a adiviñar números, repasamos os meses e os días e acabamos as tarefas desta semana.

A sesión pasounos voando!!!
Imos ter que ir facendo un horario porque eles queren repetir!!!



CELTICA

Moi boas a todas e todos! Hoxe presentámosvos a revista...
CELTICA
Unha revista sobre arte, cultura e benestar que xa podedes atopar no apartado de novidades da nosa biblio...
Unha revista que volve ver a luz neste mes de xuño co nº 0 da súa edición.
Unha revista que chega a casa de Arnaldo da man de...
RICARDO!!!
O noso compañeiro da clase de 6º de primaria que tamén participa na edición desta revista cun apartado titulado...
LAS DESVENTURAS 
DEL INTEMPESTIVO RICARDO
Unha sección na que Ricardo achega un cómic que vos convidamos a ver e ler...
Non volo perdades! Pasade pola Biblio mirar esta novidade!

xoves, 3 de xuño de 2021

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (II-4)

Dende A VOZ DE ARNALDO un día máis...
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
O programa da música adicada...

Deixámosvos por aquí o...
4º programa da 2ª Tempada
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

PLAN DIRECTOR

Esta semana as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria estivemos participando nunha charlas formativas no marco do programa...
PLAN DIRECTOR
A Policía Nacional de Marín achegouse ao noso cole para falarnos de CIBERSEGURIDADE e moitos outros temas sobre os riscos do uso das novas tecnoloxías na rede...

Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi esta proxección... Botádelle un ollo! E vos... sabédelo?
Pasámolo moi ben e desfrutamos moitísimo aprendendo!!!
Esperaremos ao vindeiro ano para volver a participar neste proxecto!

martes, 1 de xuño de 2021

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (II-3)

Dende A VOZ DE ARNALDO un día máis...
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
O programa da música adicada...

Deixámosvos por aquí o...
3º programa da 2ª Tempada
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!