Hoxe veu ó cole Silvia, a mamá de Xavi e Brais e tróuxonos uns pitiños. Brais fixo un proxecto dentro do noso PDI e quería presentalo a súa aula e tamén á de Xavi.
Agora xa sabemos un monton de cousas sobre pitos e galiñas!!
Moitas grazas Silvia.
Hoxe veu ó cole Silvia, a mamá de Xavi e Brais e tróuxonos uns pitiños. Brais fixo un proxecto dentro do noso PDI e quería presentalo a súa aula e tamén á de Xavi.
Agora xa sabemos un monton de cousas sobre pitos e galiñas!!
Moitas grazas Silvia.
Despedimos este curso cunha imaxe moi especial: unha gran foto de familia, feita un día chulísimo que compartimos todo o cole en A Pradeira. Esta foto está na casa de todo o alumnado e de todo o profesorado, porque as fotos nas pantallas son bonitas, pero impresas aínda máis!!
Como parte do proxecto RqueR quixemos celebrar, de xeito especial, o día da bicicleta, por ser un medio de transporte que coida do noso planeta e do noso corpo!! Grazas á axuda da Policia Local de Marín desfrutamos dunha xornada moi especial, e dende ese día algúns nenos viñeron en bici ao cole, esperamos que se animen máis. Este verán... todos a rodar!!!
O alumnado de 6º de Educación Primaria fixeron recitado de poemas de Rosalía que compartiron co resto de compañeiros e compañeiras do centro. Aquí o vídeo:
Por fin, despois duns anos ben rariños, puidemos recuperar a festa do Entroido ao 100% e os Súper Erres percorremos, con moita ilusión, as rúas de Seixo.

Seguimos RqueR e por iso este ano celebramos o día da Paz cheo de erres, porque unha R moi importante tamén é Repartir: temos tanto que non hai nada mellor que compartir cos demais.
Por iso festexamos o día da PAZ recollendo alimentos que Cáritas Santomé e AMENAC se encargarán de repartir: xuntamos un montón de galletas e cacao (que é o que nos pediron dende as ONGs).
Que alegría sentimos ao poder anunciar a carreira solidaria deste ano, porque xa non hai restriccións e podemos compartila coas familias, cos veciños da Galiña Azul... que ganas!
Este ano, o proxecto do cole chamámolo RqueR porque queremos coñecer diferentes erres que nos axuden a coidar o mundo e darnos conta que hai moito que podemos facer aínda que sexamos pequenos. 
O día 21 a hora da merenda foi moi especial, sobre todo porque foi compartida, e encántanos montar unha mesa común e compartir as nosas merendas: así saben mellor!