martes, 28 de novembro de 2023
luns, 27 de novembro de 2023
25N: Contos vellos, novos finais
Con motivo do 25N, o Concello de Marín invitounos a desfrutar dun espectáculo de Caxoto co obxectivo de colaborar na educación en valores de igualdade de xénero e contra a violencia. Na súa contada, Caxoto recreou escenas cotiás e historias a través de experiencias de narración oral compartida e participativa.
luns, 20 de novembro de 2023
DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS
O 20 de novembro celébrase o día dos dereitos dos nenos e das nenas. Pensando niso, o alumnado de 1º quere compartir este vídeo tan especial con un contido taaaaan importante!
venres, 17 de novembro de 2023
O COLE COLABORARÁ CON ACIMA
Un ano máis, próximas ás datas de Nadal, o Ceip de Seixo vai colaborar coa campaña que ven organizando ACIMA, anos tras ano e xa van once, na recollida de roupa, calzado e xoguetes.
Por aquí vos deixamos toda a información!
ANIMÁDEVOS!
martes, 14 de novembro de 2023
MAGOSTO 2023
Comezamos novembro con moita enerxía e non podía faltar a celebración do magosto. Aínda que a chuvia non nos deixou facer os xogos que prepararon os de 6º coa profe Natalia (e que pronto os faremos) pasámolo pipa comento castañas todos xuntos, bailando e pintando a cara. Un ano máis gracias a ANPA por encargarse de asar as castañas e invitarnos a uns refrescos: estaba todo boísimo!!!
martes, 7 de novembro de 2023
PREPARÁMONOS PARA O MAGOSTO
Prestade moita atención e preparádevos para desfrutar dunha nova xornada de celebración...
XA CHEGA O MAGOSTO
AO COLE DE SEIXO
sábado, 4 de novembro de 2023
SAMAÍN 2023
A semana do Samaín foi moooi completa e estivo moi ben ambientada gracias ás mamás da ANPA que estiveron moitas horas decorando e dándolle un toque especial ao cole.
Grazas tamén a todas as familias polas cabazas tan chulísimas que fixestes, todas eran impresionantes e fixeron que o cole estivese chulísimo!
Durante un par de semanas os obradoiros voluntarios do recreo estiveron dedicados a facer maquillaxes e tatuaxes que os nenos e nenas fixeron entre eles, mirade que chulada de maquillaxes fixeron!
O día 31 tivemos unha xornada especial na que o alumnado de infantil desfrutou, na aula de luz, duns xogos chulísimos e moi ambientados.
Mentres, o alumnado de primaria tivo que superar unha serie de probas para resolver un misterio. Tiveron que espremer moito os cerebros para resolver este scape room!
A lectura as escuras sempre é un éxito, porque e moi divertido e misterioso ler coas lanternas.
E por suposto non podía faltar unha boa papatoria, que, grazas á colaboración das familias, tiña unha presentación e un sabor para chupar os dedos. A merenda foi conxunta, porque sempre que podemos gústanos estar xuntos nas actividades, así cada día coñecémonos mais.
Despedimos a xornada cun baile todos xuntos.
venres, 3 de novembro de 2023
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
Aínda que a biblioteca, que é onde vive Arnaldo, está funcionando a tope dende o primeiro día do curso, fixemos a súa inauguración oficial coa axuda das voluntarias que se ofreceron a decorar, presentar, contar un conto... que marabilla con estas axudantas!
Como vedes, aproveitamos a inauguración para poñer en marcha as mochilas viaxeiras que comezarán a viaxar polas casas levando historias e aventuras, as cales desexamos que sexan desfrutadas en familia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)