martes, 23 de xuño de 2015

IV FEIRA DE LIBROS USADOS

Este sábado será a feira de libros usados e poderemos cambiar os vales que obtivemos por traer libros usados ao cole.
Participamos no concurso de cartaces e temos que dicir que nos encanta o que foi seleccionado. 


sábado, 20 de xuño de 2015

ATA SEMPRE COMPAÑEIROS!

O alumnado de sexto despediuse de todos os compañeiros e compañeiras do cole, cunhas actuacións que, unha vez máis, demostran canto traballaron co seu profe Goyo.
Primeiro pasamos un ratiño divertido con dúas obras de teatro, e despois quedamos pasmado co ritmo e habilidade bailando dalgunhas compañeiras do curso que se despediu de todos nos. 


Aquí tedes un pequeno vídeo - resumo da súa actuación:


Despois chegou o momento de despedilos...


E cada un recibiu unha orla de recordo da man do equipo directivo e do seu titor:



Mirade que guapísimos saíron todos!



As despedidas sempre son tristes por iso compartimos con eles apertas e tamén algunha bágoa...


Pero con alegría e bo humor dando o súper salto a unha nova etapa... desexamos o mellor para cada un de vos!

Aínda que saiu un pouco borrosa... encántanos esta foto!
Esperamos pronto unha visita!

venres, 19 de xuño de 2015

DESPEDIDA MARIÑEIRA DO CURSO 2014-2015

Non podíamos despedir este curso de outro xeito que cantando cancións mariñeiras. Gracias á profe Rosa por traballar tanto con nos e por ser tan paciente e marchosa!!

Os de infantil cantaron: GLU, GLU, GLU

Os de 1º ciclo: A VIDA DO MAR

2º ciclo cantou: O MAR DE SEIXO

Os de 5º A e B compartiron pezas mariñeiras cos instrumentos

Os de 6º tocaron coas flautas a música principal de PIRATAS DO CARIBE
Queredes escoitalos? Aquí tedes uns segundos de cada actuación...

xoves, 18 de xuño de 2015

PREMIO AOS MATEMÁTICOS

Arnaldo está encantado coas cartas que recibe coas respostas dos enigmas matemáticos.... que feitiños os nenos da clase dos máis peques!


E despois de varios meses dedicando a hora de ler dos venres a facer divertidos enigmas matemáticos, Arnaldo mandou unha gran felicitación a cada aula polo seu esforzo... un premio moooooi doce!!


mércores, 17 de xuño de 2015

AS PEGADAS DE ARNALDO (CURSO 2014/15)

Esta semana repartimos a revista deste ano que é moi especial para todos, porque resume o traballo conxunto de todo o cole durante este curso... inda non a liches?... non esperes máis! 
Preme na portada e disfruta dela.

venres, 12 de xuño de 2015

EXPOSICIÓN PDI: O MAR

Despois de todo un curso traballando sobre o mar, con diferentes proxectos de aula, estamos moi felices e orgullosos de pechar o curso invitando a toda a comunidade educativa a visitar a nosa exposición sobre o mar. Nela mostramos parte do aprendido en cada curso e con cada proxecto.
Estades todos convidados!!!