mércores, 28 de novembro de 2018

LEO, LEO, LEO, MEDRO, MEDRO, MEDRO...

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (da que nos sentimos afortunados de formar parte). 


Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a Marc Taeger que nos fixo esta fermosa e significativa ilustración para as guías: graciñas Marc, es un artista con maiúsculas e moi xeneroso. 

As guías, que todo o alumnado levou para as súas casas, están cheas de novidades e reedicións de lectura e música en lingua galega, dos últimos 12 meses, as cales vos daran moitas ideas para os agasallos de Nadal. 
Están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e familias), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas que vos farán medrar a todos! 
Aquí as tendes, para compartir e que cheguen moi lonxe.



NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA

Chegou a nosa biblio unha nova revista que nos encanta. 

Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.
ARTHIS é unha revista de arte e historia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto.

Cada número terá 20 páxinas monográficas nas que, cando entredes na súa lectura, atoparedes información histórica contada de forma divertida, cunha linguaxe sinxela e directa. 
Os textos están ilustrados e compleméntanse con mapas dos lugares nos que transcorre a acción.

HÓNIX, unha mascota diseñada polo ilustrador Álvaro Ortega, acompañaravos en fascinantes viaxes a través do tempo e do espacio. 
Ollo porque irá cambiando de indumentaria en cada número.

Un cómic do debuxante Adrián Peláez ofrecerá unha aproximación gráfica aos personaxes relevantes do pasado dunha maneira graciosa e humorística que vai facer que aprendades e reforcedes coñecementos adquiridos. 
Estade atentos porque ARTHIS vaivos poñer a proba nunha sección de pasatempos, xogos e preguntas e respostas para valorar o que aprendestes e para que teñades unha aproximación divertida ao coñecemento histórico e artístico.
Poderedes comprobar que cada número se vai pechar coa biografía dun protagonista imprescindible en formato dun perfil nas redes sociais.

martes, 27 de novembro de 2018

CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS

Compañeiros... Hoxe quero compartir con vós unha noticia moi moi importante. Un ano máis está a piques de arrancar unha nova CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS dos coles e entidades do Concello de Marín.

E nos tamén imos participar e colaborar...
Dende o vindeiro luns día 3 de decembro e ata o xoves 20 imos ter a posibilidades de traer alimentos solidarios ao noso cole para colaborar con este campaña tan boa e interesante.
Animádevos!


luns, 26 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas amiguiños! Hoxe queremos compartir con todas e todos vós a celebración especial que tivo lugar no noso cole, no día de hoxe, con motivo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Este ano, e botando man da temática das Bibliotecas Escolares, para este curso 2018-2019, Poéticas Diversas, quixemos relacionalo coa violencia de xénero e traballar nas nosas aulas unhas cancións.
Porque as cancións son poesías, poesías especiais con música nas que, en moitas delas, están presentes temas en contra da violencia de xénero.
A continuación podedes ver o resultado do noso traballo! Desexamos que vos guste!
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!




venres, 23 de novembro de 2018

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Aínda que no cole o imos celebrar o vindeiro luns, os nenos e nenas de infantil de 3 anos queren compartir con nós un pequeno traballo que estiveron a facer na clase no día de hoxe. Así podemos ir reflexionando a fin de semana sobre o tema.
Por aquí vos deixamos algunhas fotiños...












xoves, 22 de novembro de 2018

CELEBRANDO O DÍA DA MÚSICA

Como vos dicíamos hoxe tivo lugar no noso cole a Celebración do Día da Música, o día adicado a Santa Icía.

Estivemos coloreando unhas pegatinas que logo nos colocamos.
Tamén tivemos a sorte de poder contar con Zoilo, papá de Emma (6º de infantil) e Zoilo (6º de primaria), quen quixo compartir con nós a súa experiencia e vida musical.
Pasámolo moi moi ben e desfrutamos moito. Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo...


Gracias familias, unha vez máis, pola vosa colaboración co cole. Sodes fenomenales!

mércores, 21 de novembro de 2018

ACTIVIDADES POLO DÍA DA MÚSICA

Queremos deixarvos por aquí un pequeno adianto da visita ao noso cole do papá de Emma (5 anos) e Zoilo (6º de primaria) con motivo da conmemoración do día da Música.
Moitísimas gracias Zoilo pola túa colaboración e preparación da actividade para os nosos nenos e nenas.
Pasárono en grande!


Gracias tamén á mamá de Dimitri, Tatiana, quen finalmente por problemas de saúde non puido participar. 
Queda para outra que Arnaldo quedou encantado e con ganas de máis!

luns, 19 de novembro de 2018

O GALEGO VALE OURO

    Os nenos e nenas de 6º están concienciados da importancia de usar o noso idioma se queremos que se manteña vivo e non se perda, por iso debemos usalo en todos os ámbitos da vida. 
    Para isto fixeron unha campaña de promoción do galego e este foi o resultado: uns carteis chulísimos!!!



 

MOCHILAS SEMANAIS

    Os de 5 anos empezamos a semana pasada coas mochilas semanais, levando para casa os contos que eleximos na biblio do cole.
 
    Aproveitamos para estar na fonoteca e para ver algunhas revistas...
  Encántanos ir a casa de Arnaldo!!!

MAGOSTO 2018

E chegou un ano máis cargadiño de ilusións e alegrías para festexar o Magosto no noso cole e pasar unha mañá estupenda. 
Os papás e as mamás, encargáronse (como xa é costume) de preparar as castañas que todos degustamos, cun chisquiño de refresco a elixir. Moitísimas gracias familias por toda a colaboración que sempre nos brindades, sodes estupendos!
Despois da papatoria pasámolo fenomenal xogando cunha morea de xogos populares e tradicionais. Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas fotos que amosan o ben que o pasamos e canto disfrutamos deste día de Magosto en Seixo.

sábado, 17 de novembro de 2018

ACTIVIDADE ESCORNABOT MUSICAL

Boas amiguiños. Queremos compartir con todos/as vós un vídeo no que se amosa como os nenos e nenas de 6º de primaria estiveron traballando, na aula de música, cos escornabots.
Unha actividade fascinante e novidosa que causou moita ilusión no alumnado. Seguiremos achegándovos máis actividades de boas prácticas con estes trebellos chamados ESCORNABOTS.

CAMPEONATO "CAMPO A TRAVES" CONCELLO DE MARÍN

Moi bo día comapñeiros e compañeiras. Hoxe quero compartir con todos vós unhas fotiños dos nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que veñen de participar, esta semana, no CAMPEONATO ZONAL ESCOLAR DE "CAMPO A TRAVÉS" CONCELLO DE MARÍN.
Os premios colleitados foron moitos e como poderedes comprobar pasárono en grande practicando deporte.
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo.


venres, 9 de novembro de 2018

MONTANDO ESCORNABOTS

Moi boas compañeiros. Hoxe teño unha novidade para todxs vós. Xa están a vosa disposición, na biblioteca, os trebellos chamados escornabots, que vos presentei o outro día, para que poidades aprender moito utilizándoos. 
Este ano, o noso cole, tivo a sorte de entrar a formar parte do programa Bibliotecas Creativas e unha das primeiras novidades que chegan ao noso centro, gracias a este proxecto tan interesante, son OS ESCORNABOTS.
Botádelle unha ollada ao traballo que estiveron facendo os nosos profes e aprenderedes a saber como se montan.



Non esquezades pasar polo noso recuncho creativo para poder probalos. Os nosos profes enseguida comezarán a empregalos nas aulas.

POLO SAMAÍN...CÓNTAME A MIN!!!

Boas amiguiños! Hoxe queremos darlle as gracias a Marina, mamá de Gael da clase dos pequeniños de catro anos, por vir a compartir con nós unha mañá tan divertida e especial. 
Gracias a ela puidemos desfrutar dunha lectura a escuras con luz negra moi divertida. Tamén fixemos unha manualidade cun morcego que ao soplar por unha palliña fomos capaces de que voara.
Deixámosvos por aquí algunhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos...





Moitas, moitas gracias Marina por compartir connosco momentos tan máxicos como este.

mércores, 7 de novembro de 2018

UNS TREBELLOS NOVOS NA BIBLIO!

Moi boas rapazas e rapaces! Hoxe veu facerme unha visita á Biblioteca un trebello moi extraño que dicía chamarse ESCORNABOT, deume a man e presentouse. Mirade, mirade!

Di que el e tres irmáns máis estarán moi pronto na nosa biblioteca, no recuncho creativo, para que aprendamos moitas cousas e desfrutemos moito grazas a eles.
Convideino a pasar e ensineille algúns dos recunchos da nosa biblio...
(NA MESA DE LUZ)
 (NA FONOTECA)
 (NO RECUNCHO DA PRENSA)
 (FEDELLANDO NO ORDENADOR)
 (OLLANDO A NOSA NOVA CDU ILUSTRADA)
 (NA ZONA DOS LAGARTIÑOS DE SEIXO)
 (NOS SOFÁS DO RECUNCHO CREATIVO)
 (NO MEDIO DALGÚNS DOS NOSOS XOGOS)

Os profes están ao tanto desta nova e quedaron con eles, mañá pola tarde, para coñecerse máis.

sábado, 3 de novembro de 2018

HORA DE LER ÁS ESCURAS

E para rematar a semana do Samaín no noso cole... unha actividade moi molona á que Arnaldo nos quixo convidar. Descubrir moitos contos, historias terroríficas e ata creacións propias apagando as luces, baixando as persianas e alumeando con lanternas. Qué divertido ler ás escuras!

venres, 2 de novembro de 2018

MERENDAS TERRORÍFICAS!

Arnaldo quixo convidar a todo o alumnado a que trouxese unha merenda terrorífica, para compartir, relacionada co Samaín. Tratouse de facer unha merenda moi especial, nas aulas e antes de saír ao recreo, na que os nenos e nenas amosaron aos compañeiros as súas montaxes terroríficas antes de papalas e comelas.
O resultado foi espectacularmente terrorífico!
Gracias familias por tanta creatividade e colaboración!