Amosando publicacións coa etiqueta charla formativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta charla formativa. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de marzo de 2025

FORMACIÓN DE FISIOTERAPIA

As nenas e nenos de 3º e 6º de primaria vimos de participar nunha sesión de formación sobre dor de espalda e correcta postura corporal.
Fátima Crespo (Fisioterapeuta de Unidade de Fisioterapia do Centro de Saúde de Marín) foi a encargada de impartirnos a formación.
Foi unha actividade levada a cabo no marco colaborativo do noso cole coas entidades e servizos próximos a nosa contorna, neste caso co servizo de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra Norte.
 
Agardamos poder seguir facendo este tipo de actividades e seguir aprendendo moitas mais cousas...
Gracias Fátima! Ata outra!

xoves, 9 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO CON PEDRO IGLESIAS

Un ano máis e dentro do programa de RADIO NA BIBLIO as nenas e nenos de 5º de primaria puidemos desfrutar dun taller moi interesante da man de PEDRO IGLESIAS...
A temática do taller foi "Gravación e mestura para radio e podcast", unha formación introdutoria ao mundo da radio e do podcast dende un punto de vista máis técnico.
Nel, aprenderemos que é o que fai que unha gravación sexa de calidade...
Realizamos a nosa propia sesión de gravación multipista con Audacity, software libre de audio...
E tamén usamos dito programa para editar, procesar e mesturar dita sesión, a través de diferentes técnicas empregadas polos profesionais do son...

Pedro moitísimas gracias pola túa formación! Ata outra!

martes, 12 de abril de 2022

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO CON SUSANA BASTÓN

Un ano máis e dentro do programa de RADIO NA BIBLIO as nenas e nenos de 5º de primaria puidemos desfrutar dun taller moi interesante da man de SUSANA BASTÓN...
Un programa que, como non podía ser doutro xeito este curso, se enfocou arredor do 50 aniversario do cole...
Vaise celebrar unha grande festa cara finais de curso e fomos as encargadas e encargados de comezar coas invitacións máis oficiais para esta xornada de celebración...
Gracias a Susana puidemos poñernos en contacto coas secretarías de diferentes estamentos, falamos en primeira persoa cos responsables, enviámoslles correos e démoslle publicidade a toda a prensa da contorna desta actividade que levamos a cabo neste taller...
A celebración do 50 aniversario xa está en marcha! Prestade moita atención porque vos seguiremos mantendo informados!
Susana, moitísimas gracias pola túa formación!

domingo, 13 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO: PONTE NAS ONDAS!

Moi boas!
Esta semana tiven unha visita moi chula na radio que vos quero comentar. 
As nenas e nenos de 5º de primaria tiveron un obradoiro interesantísimo da man de...

Estiveron toda a mañá traballando coas ondas, primeiro co programa no ordenador e despois con traballos de voz, entoación e intensidade.

Xa organizados por parellas crearon historias que contar, gravaron podcasts...
Mirade, mirade este resumo que chulada!
Por aquí vos deixamos tamén o audio que elaboraron!
 
Todo se pode mellorar, agora hai que seguir practicando en...

venres, 24 de xaneiro de 2020

IMPRESORA 3-D

Esta semana os profes estiveron participando, na biblioteca do noso cole, dunha xornada de formación no marco do programa BIBLIOTECAS CREATIVAS!
A IMPRESORA 3-D
Trátase dunha nova ferramenta que se incorpora a ampla variedade de materiais escolares...

Con ela adquiriranse novos coñecementos sobre novas tecnoloxías, simplificaranse conceptos teóricos a menudo máis difíciles, poderase usar como arte, tecnoloxía, xeografía....
En definitiva un programa integrado no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos de infantil e primaria.
Como non podía ser doutra forma estivemos facendo as nosas primeiras pezas... 
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo de como traballa a impresora...
E os primeiros resultados de As pegadas de Arnaldo...


domingo, 22 de setembro de 2019

PREPARANDO AOS COLABORADORES DA BIBLIO

Todos os anos, os nenos e nenas de 5º e 6º convírtense en axudantes da biblioteca. Este ano, como novidade, tamén se van encargar desta tarefa, as nenas e nenos de 4º.


Cada día baixarán á biblioteca para colaborar cos profes no bo funcionamento da mesma.

Para facer o mellor posible o seu traballo como bibliotecarios, están recibindo unha pequena formación sobre o seu funcionamento.


Todos estiveron moi atentos ás explicacións de Fátima quen lles contou como os profes organizan os libros, o préstamo, etc.

Cada un elixiu un libro para ler e estrenar o préstamo deste curso.
E aproveitaron moi ben o tempo na biblioteca...
Despois tocou aprender a usar o Meiga, o programa co que rexistramos os libros que prestamos.
Todos puideron practicar no ordenador da biblio para saber facelo cando lles toque a eles cos outros compañeiros do cole.

Recordade que na marxe dereita do blog todos podedes consultar o manual de ususarios da biblio para saber como está organizada e como funciona. Tamen premendo AQUÍ
Como podedes ver... xa estamos en marcha! Moi pronto a biblio abrirá as súas portas, tamén algunha tarde, para que todos poidades desfrutar da lectura no cole e, como non, na casa.

mércores, 3 de abril de 2019

A AVESPA VELUTINA

No día de hoxe as nenas e nenos de 3º e 5º de primaria vimos de participar nunha charla formativa sobre A AVESPA VELUTINA.
O encargado foi Sergio, o papá de Noelia da clase de 3º.
Aprendemos moitísimas cousas sobre este insecto.
Queremos compartir con vós información que nos facilitaron a través da Asociación DEPOLGAL:


Tamén aprendemos a construír trampas artesanais para capturar avespas velutinas:
E fixemos a mestura para atraelas que se coloca no fondo das trampas:
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo da nosa participación nesta actividade:


Grazas a ti Sergio e a Asociación DEPOLGAL por ter compartido con nós esta mañá de formación. Quedamos encantados!