Amosando publicacións coa etiqueta recitados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recitados. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de marzo de 2021

4º DE PRIMARIA E O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

As nenas e nenos de 4º de primaria foron outros que quixeron celebrar no noso cole o...
DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE!
Partindo do poema "BESTIA POÉTICA"...
Que está incluído no libro "BECHOPOEMAS" (Leire Bilbao)...
traballaron o vocabulario das partes do corpo e dos animais en galego e en inglés. Recitaron a poesía e debuxou cada un a súa "bestia poética".
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo...

OS MÁIS PEQUES DO COLE TAMÉN CELEBRAN O DÍA DA POESÍA

Hoxe queremos presentarvos o traballo que fixeron os máis peques do cole para celebrar...
O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE!
Recitaron o poema SSSSSS....
Do libro "¿Qué pasó en aquellos nueve meses?...
Por aquí vos deixamos un vídeo co traballo de todas e todos...

mércores, 24 de marzo de 2021

3º DE PRIMARIA NO DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

As nenas e nenos de 3º de primaria queremos compartir con todos vós o traballo que levamos a cabo no noso cole para celebrar..
O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE!
Eliximos 2 poemas en galego e un en inglés:
- Quen son? (Alicia Borrás)
- Versos en flor (Carlos Fontes)
- Poema en inglés de Nicolette Lenner

Por aquí vos deixamos un vídeo coa montaxe da nosa actividade para que poidades ver o traballo final...

2º DE PRIMARIA CELEBRA O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

Moi boas a todas e todos!
Hoxe compartimos con vós o traballo que fixemos as nenas e nenos de 2º de primaria para celebrar no cole de Seixo o...
DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE!
Eliximos 2 poemas do libro VERSOS VEGETALES (Antonio Rubio)...
e estivemos recitando, decorando e escoitando poesías en castelán, galego e inglés...
Por aquí vos deixamos un vídeo da nosa actividade para que poidades ver o traballo final...