Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de xuño de 2024

O CEIP de SEIXO VISITA Á ILLA DE ONS

O martes 28 de maio o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, acompañado polas súas mestras, realizou a excursión de fin de curso á Illa de Ons. 

Empregáronse diferentes medios de transporte: o autobus para chegar ao porto de Bueu; dende alí colleron o barco, facendo escala en Portonovo tanto na ida como na volta, para chegar ao peirao da Illa de Ons.

O alumnado de 5º de EP traballou días antes na aula esta illa e algunhas das súas particulariedades que deixaron reflexadas nos traballos expostos no corredor da aula. 

Deixámovos un vídeo con algúns dos momentos vividos neste día.

martes, 28 de febreiro de 2023

OS DE 5º EN MISIÓN ALBA

Misión ALBA é un proxecto educativo de ciencia dirixido a alumnado dos últimos cursos de primaria.
O alumnado de 5º participou na misión: "O misterio do compás que non apuntaba ao norte". O laboratorio 2 foi resolto, o equipo de 5º, “ Erre que erre”, montaron o circuito eléctrico, experimento coa electricidade e a forza electromagnética

venres, 30 de decembro de 2022

MAXÍN DE AVENTURAS!

Un ano máis, os Equipos de dinamización lingüística do Morrazo elaboramos unha guía chea de ideas para facer agasallos en galego: libros, música e incluso xogos, organizados por idades. Jhosua XanBreo foi o ilustrador que este ano se encargou de darlle vida ás guías. Joshua é o propietario de "Gáidil", un espazo friqui, en Bueu, que é unha tenda de cómics e unha aula creativa na que da clases de debuxo, pintura, cómic e ilustración para nenos e maiores. Premede na ilustración se queredes coñecer un pouco máis sobre Gáidil.


O día 22 todo o alumnado levou para casa a súa guía, a cal inclúe recomendacións para adultos, que esperamos que vos resultase útil. Deixámola tamén por aquí por si queredes compartila, que aínda hai que darlle ideas aos reis.
Está é a de infantil:


A de primaria:


A de secundaria:

luns, 20 de decembro de 2021

MERGULLÁNDONOS NA LECTURA!

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas, en equipo, pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
O obxectivo é facer suxestións de lecturas, xogos e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a Patricia Fernanda García Pereira, alumna de 3º ESO no IES As Barxas, que nos fixo esta fermosa ilustración para as guías: graciñas Patricia, es unha artista con moito futuro! Grazas por animarnos a mergullarnos nos libros e no galego!


Aquí tendes as 3 guías, adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que as casas se enchan de boas lecturas!
 




venres, 22 de novembro de 2019

ATRÉVETE A ABRILO!

Un ano máis, froito do traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego.


O obxectivo é facer chegar ás familias, e a toda a comunidade educativa, suxestións de lecturas e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Mandamos unha gran aperta a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos, coñecido no noso cole por facer varias contadas, axudarnos a decorar o muro de infantil, a biblioteca... Pois unha vez máis demostrou a súa xenerosidade facendo esta ilustración tan fermosa e suxerinte para as guías. Graciñas Esteban: es un artistazo! 

Atoparedes 3 guías porque están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas! 

Premede en cada imaxe para acceder a todas as recomendacións e poder velas con máis calidade.





Aquí deixámosvos un cartel que xunta todas as recomendacións. Desfrutádeas e compartídeas para que cheguen moi lonxe. 


mércores, 28 de novembro de 2018

LEO, LEO, LEO, MEDRO, MEDRO, MEDRO...

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (da que nos sentimos afortunados de formar parte). 


Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a Marc Taeger que nos fixo esta fermosa e significativa ilustración para as guías: graciñas Marc, es un artista con maiúsculas e moi xeneroso. 

As guías, que todo o alumnado levou para as súas casas, están cheas de novidades e reedicións de lectura e música en lingua galega, dos últimos 12 meses, as cales vos daran moitas ideas para os agasallos de Nadal. 
Están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e familias), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas que vos farán medrar a todos! 
Aquí as tendes, para compartir e que cheguen moi lonxe.



luns, 11 de decembro de 2017

COMPARTE AMOR POLO NOSO

Un ano máis, froito do enriquecedor traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos motores que caracterizan o noso traballo común.
O obxectivo é facer chegar ás familias e a toda a comunidade educativa, suxerencias de lecturas e música para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións en lingua galega, ademais non nos quixemos esquecer de poñer algo de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas letras galegas 2018. 
Mandamos unha gran aperta a Luz Beloso que nos agasallou coa fermosa ilustración das guías: moitas grazas! . 

Aquí vos deixamos as guías para que este Nadal as casas se enchan de cultura en galego! 

A guía de INFANTIL:



A guía de PRIMARIA: 



A guía de SECUNDARIA: 



Pronto entregaremos as guías impresas a todo o alumnado, pero así xa podedes ir escribindo a carta aos reis.

martes, 21 de novembro de 2017

HISTORIAS AZUIS COS NENOS E NENAS DE PRIMARIA

Novembro é un mes cheo de celebracións, o día 14 celebrouse o DÍA MUNDIAL DA DIABETE, ademáis novembro é o mes da ciencia en galego, e tamén é o mes no que se celebran os dereitos humanos e os dereitos dos nenos.



E xuntando ciencia+dereitos, nos pareceu un momento estupendo para coñecer de forma ludica que é a DIABETE Tipo 1 que afecta a un montón de nenas e nenos de Galicia... e reflexionar sobre cousas prácticas que podemos facer para que estes nenos e nenas desfruten das mesmas cousas, porque teñen os mesmos dereitos que os demais.


Estamos moi agrdecidos a Anedia Galicia, que se puxo en contacto con nós para ofrecernos as Historias Azuis de Raquel Queizás, por medio dunha subvención da Deputación. 


O primeiro día, todo o alumnado de primaria, repartidos en duas sesións, se convertiron en detectives para investigar a desaparición dunha nena. 



Descubriron que esa nena tiña unha enfermidade chamada Diabete tipo 1, e seguiron a súa investigación para coñecer máis sobre esta enfermidade. 



Grazas a Raquel Queizás por facernos entender de forma tan sinxela cousas que parece que os nenos non podemos entender. 



De forma participativa e moi amena, incluso vendo situacións reais en noticias de prensa, puidemos ver como moitas persoas que sofren esta enfermidade son discriminados e non reciben o trato que todos merecemos. 





Encantounos coñecer máis de cerca esta enfermidade, resolver taaaantas dúbidas e ver formas prácticas de facerlles a vida máis facil aos nenos e nenas que teñen diabete. 



Grazas Raquel, estamos desexando volver a sacar a lupa e investigar máis cousas contigo!

mércores, 11 de outubro de 2017

DICCIONARIO ILUSTRADO EN GALEGO

Aos peques da clase de 3 anos encántalles visitar a biblioteca, que é a casa de Arnaldo, e xa comezan a sacarlle partido aos libros, incluidos os de producción propia. 
Neste caso utilizaron un diccionario de imaxes para ver cousas que comezan pola mesma letra que o seu nome. 


Este diccionario ilustrado en galego forma parte da biblioteca dende o ano pasado.


Neste diccionario todo o alumnado pode aprender un montón de palabras en galego. 


E descubrir algunhas palabras que teñen varios significados. 


Os seus autores, Pablo e David, traballaron duro: elaboraron un listado de palabras, en orde alfabético, baseándose en diferentes familias semánticas... 


...fixeron a traducción das palabras, buscaron imaxes no ipad e montaron todo o diccionario. 


Noraboa aos dous por este fantástico traballo que todos podemos utilizar!

luns, 9 de outubro de 2017

ATA SEMPRE A TODOS E TODAS!

Despois de 9 anos no cole de Seixo, un grupo de nenos e nenas do cole sae rumbo ao instituto: desexamos o mellor para todos e todas! 



Como despedida compartiron parte da súas artes con todo o alumnado do cole que se xuntou no ximnasio para despedilos. 

Comezaron Martín e Laura de 5º agasallándonos cunha fermosa peza piano&violín.



Compartiron fantásticas peas musicais que prepararon coa profe Rosa.





Tamén cancións en inglés que prepararon coa teacher Fátima.





E non podía faltar un baile moderno con moita marcha





Todos ensaiaron duro para deixar un bo sabor de boca na súa despedida dos compis de Seixo. 





Aquí vos deixamos un pequeno resumo das súas últimas actuacións no cole.



Goyo, o seu titor, entregoulles a todo a orla como recordo do seu paso polo cole de Seixo. Non olvidesde nunca que todos e todas tendes moito que ofrecer e tendes un valor único e incalculable! 



 


  


Ademais un grupo e 4 recibiu un diploma moi especial no que se destacou o seu esforzo e constancia durante toda a primaria. 










Despois de 9 anos emociónanos ver canto medrastes!!! 
Non vos esquezades de nós... vinde a visitarnos pronto!