Amosando publicacións coa etiqueta xubilación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xubilación. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de outubro de 2022

DESPEDIDAS QUE DEIXAN PEGADA!

No cole de Seixo non so Arnaldo deixa pegada, a realidade é que as pegadas máis profundas son as que deixa o alumnado e o profesorado.
Onte foi un día moi emotivo e especial, cunha mestura grande de sentimentos. Onte despedimos a Lourdes, a mellor orientadora do mundo mundial, que se xubila despois de 23 anos en Seixo. Estamos felices por ela, porque se xubila chea de vitalidade e saúde despois de toda unha vida facendo un traballo impecable a nivel profesional e persoal. Pero, ao mesmo, tempo estamos tristes, porque perdemos unha gran profesional e unha compañeira de 10.


Estes somos os compis que tivemos a sorte de compartir con ela o seu último mes, pero todos os que traballaron ao seu lado están de acordo con nós en que a súa pegada estará sempre no cole e en cada un de nós. Con ela aprendimos moito e enriquecemos o noso traballo co alumnado, que sempre foi a súa prioridade.
Graciñas Lourdes pola túa paciencia, polo teu cariño e pola túa cercanía coas familias, co profesorado e co alumnado. Graciñas por ter sempre aberta a porta do despacho, para escoitarnos, animarnos, aconsellarnos... graciñas por ser compañeira e amiga. 
  

Poderiamos seguir falando do marabillosa que é a nosa orientadora, pero non acabaríamos nunca. Moitas veces as imaxes falan con máis forza, e ver a emoción de onte, en grandes e pequenos, resume todo.
Quixemos despedila como se merece: profesorado e alumnado unidos nun pasillo cheo de cariño e agradecemento. 

mércores, 17 de xuño de 2020

ATA SEMPRE PROFE MARICARMEN!!

Hoxe temos unha noticia triste pero ao mesmo tempo moi alegre. Despedimos a unha profe pero por un bo motivo: chegou o día da súa xubilación!! Somos moi afortunados porque, despois de toda unha vida adicada á ensinanza, a profe Maricarmen despídese en Seixo.


Aquí viviu os seus 11 últimos cursos, e os nenos e nenas da súa última titoría queren despedila como merece e de parte deles é este vídeo tan divertido e emotivo! 


Nunca esquecerán os seus primeiros anos no cole e a súa primeira profe en Seixo... teñen un montón de bos recordos... neste vídeo vos deixamos algúns.


Aínda que este fin de curso é moi raro, tamén é único e especial, como a profe Maricarmen: non calquera se xubila nunha pandemia!! 
Profe: non podemos despedirte con bicos e apertas como nos gustaría, pero sabemos que esta despedida virtúal será inesquecible! Seixo sempre será a túa casa, ven moito a visitarnos. Bicos mil de tantos nenos e nenas que estiveron na túa clase e de todo o profesorado que compartimos contigo esta aventura.

venres, 21 de xuño de 2019

DESPEDIDAS QUE DEIXAN PEGADA!

Un ano máis tivemos a oportunidade de poder despedir o curso dun xeito moi especial...

Foi xenial poder compartila coas familias do noso alumnado e ter un día de festa todos xuntos.
Os nenos e nenas de sexto representaron unha obra de teatro escrita por eles mesmos...
A continuación foi o turno dos nenos e nenas de 5 anos que se graduaron na súa etapa de infantil...
A súa profe Bea recibiu deles unha sorpresiña...
Os nenos e nenas da clase da profe Loreto tamén quixeron sorprender á súa titora...


Gracias profe Loreto pola túa dedicación e alegría... Ímoste botar moitísimo de menos!
O equipo de Biblio entregou os premios de AS PEGADAS DE ARNALDO 2018-2019...
E quixeron recoñecer a labor de todos/as os bibliotecarios voluntarios que ao longo do curso axudaron a que a Biblio de Arnaldo funcionara moi moi ben...

Os nenos e nenas de 6º tamén tiveron o seu acto de graduación.... 
E quixeron dicirnos unhas palabras de despedida...
Xa vos botamos de menos, así que non deixedes de visitarnos... e desfrutade moito desta nova etapa tan merecida á que chegades con tanta enerxía e vitalidade. Deixades unha pegada desas que nunca se borran.
E por último, e non menos importante, a despedida do noso compañeiro e profe JORGE...
Que en nome das familias de 6º de infantil, das familias de todo o alumnado de infantil e dos nenos e nenas de 5º recibiu unha morea de agasallos...


Que esta nova etapa que vas comezar veña cargada e chea de todo o mellor como recompensa a túa labor incansable durante tantos e tantos anos.... QUE SEXAS MOI FELIZ!
Natalia, a nosa dire, despediu o acto e, un curso máis, antes de irmos papar...
Unha merenda conxunta na que o pasamos moi moi ben e desfrutamos moito...




Con fhoto call incluído no que Arnaldo quixo estar presente...
Feliz verán a todas e todos amiguiños!!! 
Vémonos á volta!!!

sábado, 30 de xuño de 2018

DESPEDIDAS DAS QUE DEIXAN PEGADA!

Este ano tivemos unha despedida do curso moooooi musical (podedes vela premendo AQUÍ). 


Foi xenial poder compartila coas familias do noso alumnado e ter un día de festa todos xuntos. 



Aínda que tivemos un día caluroso, conseguimos un rinconciño á sombra que nos permitiu desfrutar un montón. 



Pero ademais de ser unha despedida moi musical, foi unha despedida moi, moi, moi, pero que moi emotiva... porque non todos os anos se despide a tres profes... tres persoas fantásticas que levan media vida adicando o seu traballo e ilusión como mestres ao cole de Seixo. 



Kati, Goyo e Charo, todas as palabras do dicionario se quedarían cortas para agradecer tantas cousas, para recordar tantos momentos, para expresar a alegría que sentimos sabendo que vos chega a hora de desfrutar do merecido descanso... pero tamén a pena que sentimos pensando no baleiro que queda no cole sen vós. Moitos dos papás e mamás do cole foron alumnos seus e seguro que entenden o que sentimos. 


Kati, despídese despois de 31 anos no colexio, moitos deles como directora facilitando o traballo de tantos mestres que tiveron a sorte de traballar en Seixo. Di adeus con esa marabillosa sonrisa que acompañou e contaxiou a tantos nenos e nenas durante estes anos. 



O útimo grupo da súa titoria, os nenos e nenas de 4º, sorprendérona cun montón de sorpresas, incluido un baile, e con moitos agasallos. Seguro que Kati nunca olvidará as palabras tan fermosas que o seu alumnado tivo para ela como despedida... aquí vos deixamos unha pequena mostra. 



Goyo, 28 anos traballando duro no cole por e para cada alumno e alumna que pasou polas súas mans. 22 deses anos coordinando un duro traballo na biblioteca a cal vimos medrar e evolucionar hasta ser a marabillosa casa de Arnaldo que agora temos... que gran herencia nos queda!! 



O seu último grupo, os nenos e nenas de 5º, quixeron sorprendelo con moitos agasallos e sorpresas moi merecidas, como agradecemento ao seu traballo e ao coidado e atencións con cada un durante este curso. 



Charo, despois de 28 anos no cole, moitos como secretaria e compañeira de Goyo na coordinación da biblioteca, despídese feliz vendo como Arnaldo ten unha casa máis bonita que nunca, chea de libros marabillosos e árbores autóctonas. 



O seu último grupo coñece moi ben a Charo, e ela a eles, xa que tiveron a sorte de tela 4 anos como titora, e con ela aprenderon e desfrutaron de moitas aventuras e experiencias que non saen nos libros de texto. 



Kati, gracias por tanto, nunca te olvidaremos.

Goyo, gracias por tanto, nunca te olvidaremos. 


Charo, gracias por tanto, nunca te olvidaremos. 


Xa vos botamos de menos, así que non deixedes de visitarnos... e desfrutade moito desta nova etapa tan merecida á que chegades con tanta enerxía e vitalidade. Deixades unha pegada desas que nunca se borran. 

mércores, 11 de outubro de 2017

GRAZAS PROFE ROSA!

Queremos compartir con todos unha novidade que nos produce unha mistura de tristura e de alegría. Tristura por ter que despedirnos dunha fantástica profe e unha compañeira estupenda. Alegría porque Rosa se xubila con esa vitalidade e ese sorriso que nos fixo esquecer que xa leva moitos anos traballando e enchendo as aulas de música e de bailes.


Sería difícil resumir nunhas breves palabras o especial que é a profe Rosa para o alumnado e para o profesorado, pero din por aí que os nenos e as nenas sempre contan a verdade, así que ninguén mellor ca eles para describir á profe Rosa, neste libro que ela levou de recordo para non esquecerse nunca do cole de Seixo.



A Rosa encantoulle esta sorpresa e está moi feliz con este agasallo de todo o alumnado


Ela tamén ten unhas palabras especiais para todos os nenos e nenas do cole: 


Sen dúbida esta sería unha canción que Rosa vos recomendaría a todos para escoitar mentres mirades os fantásticos debuxos.... e nos adicámoslla a ela: grazas Rosa, por tanto