Compartimos estas dúas imaxes, das Torres Hejduk (Cidade da Cultura) e a Naiciña de Asorey (Cambados), dentro do movemento Light it up blue ("ilumínao de azul"). Cada ano, decenas de edificios emblemáticos ilumínanse de azul en sinal de concienciación coas persoas con TEA e as súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks e coñecida polas súas siglas en inglés LIUB.
E...non vos perdades o vídeo Inclusión realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato do IES As Barxas (Moaña), proxecto dos Departamentos de música e inglés. Noraboa polo resultado!!
Por último, para coñecer as características dos nenos e nenas que teñen este trastorno, animámosvos a ver a curtametraxe Academia de Especialistas. É un vídeo documental producido pola Fundación Orange e realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.
Onte apareceron polo cole globos azuis! Por que estaban alí eses globos e todos azuis?
Cada ano, o 2 de abril, o movemento asociativo do autismo de todo o mundo celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo co obxecto de concienciar á sociedade sobre este tipo de trastorno e promover a inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
No ano 2007 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou, por unanimidade, o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
E ademais aproveitamos para acercarvos a todos, grandes e pequenos, a diferentes historias moi especiais!! 1- El viaje de María.
Unha curtametraxe de animación realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo. "El viaje de María" é unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no recorrido duns pais que ven como a súa filla compórtase dunha maneira especial ata confirmar o diagnóstico: autismo.
2- Cuidando a Louis.
Esta é a historia de Louis. "Hay un chico nuevo en el colegio que se llama Louis. Se sienta a mi lado y me ocupo de él. Es un poco distinto del resto de la clase. A veces me pregunto que estará pensando...". 3- Por 4 esquinitas de nada.
Un libro sobre a amizade, a diferenza e a exclusión.