sábado, 28 de febreiro de 2015

XVI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Queremos animarvos a asistir a todas as actividades que vos sexa posible no salón do libro e Pontevedra 


"Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil, que dende onte e ata o 28 de marzo, estará cheo de actividades . 


Exposicións, contacontos, obradoiros
e un montón de actividades mais
que podedes consultar na web do salón do libro
premendo na imaxe.

E si tedes facebook pasade pola súa páxina e dádelle a "me gusta", alí poderedes ver fotos e vídeos do que vai pasando cada día no salón... e seguro que non vos poderedes resistir a visitalo!!


Animádevos e xa nos contaredes que 
tal a experiencia!

venres, 27 de febreiro de 2015

POEMAS ÚNICOS

Cada neno e nena do cole decorou un poema de Rosalía para repartir por Seixo... fixemos que cada poema fose único por ser ilustrado de forma individual para agasallar a algún veciño.
Repartimos mais de 150 poemas que esperamos fosen do agrado dos afortunados que os recibiron.
Queredes ver unha mostra?


Poemas de Rosalía (2015) by Slidely Slideshow

De fondo escoitaredes unha fermosa adaptación dos textos de Rosalía, interpretada polo grupo coruñes Madialeva.

xoves, 26 de febreiro de 2015

SELFIES CON ROSALÍA

Uníndonos á proposta do CEP Sequelo, unha das actividades que fixemos no cole, para recordar o nacemento da poeta Rosalía, foi: "Selfies con Rosalía".

Ademais de facer fotos divertidas, algunhas coas familias... serviunos para coñecer como se chama a alameda de Marín... e saber que alí hai unha estatua adicada a Rosalía. 


Encántanos buscarnos e ver as fotos dos compañeiros! 


Queredes ver que guapos? aquí tedes unha presentación coas fotos... de fondo escoitaredes unha fermosa adaptación dos textos de Rosalía, interpretada polo grupo coruñes Madialeva.


Selfies con Rosalía (24.02.15) by Slidely Slideshow

MENUDOS POETAS TEMOS EN SEIXO!

Non deixedes de visitar o blog dos peques para ver que ben recitan a Rosalía. 
Premede na imaxe e iredes directos. Seguro que vos encanta tanto como a nos!


martes, 24 de febreiro de 2015

UN DOODLE MOI ESPECIAL

Hoxe é un gusto navegar por internet e buscar información en google... porque ten un doodle moi especial.
Non sabedes que é un doodle? Seguro que moitos coñecedes o logo de google, un dos buscadores que mais usamos cando navegamos pola rede...


Pois para celebrar eventos e días especiais (grandes acontecementos, festividades, datas sinaladas de persoas famosas....), google cambia o seu logo por outro que está relacionado coa celebración e chámanlle "doodle".

Hoxe, Galicia e a gran Rosalía de Castro encabezan google por todo o mundo... e iso fainos sentir orgullosos e felices!! Porque google elixiu o 178 aniversario do nacemento da escritora para ilustrar o logotipo da páxina. 


Ao lado de Rosalía, facendo una letra de google, está o escudo galego, e detrás dela montes galegos e un río dos que ela tanto botou en falta, cun dos seus versos mais coñecidos: "Adeus ríos, adeus fontes..."

ROSALÍA PEQUENIÑA

Hoxe é un día perfecto para recomendar un líbro que nos gusta moito porque e multifunción: serve para ler poesía, para escoitar música e para ver unhas preciosas ilustracións. 

A sinopse do libro resume ben o seu contido: "Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniÑa para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía."


Pinchade na imaxe para ver unha das canción que os peques compartiron no seu blog. 

HOXE É O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos un día moi especial, o DÍA DE ROSALÍA que se celebra o 24 de febreiro coincidindo coa data do seu nacemento.


Se pinchades na imaxe poderedes ver un vídeo que o ano pasado fixemos todos os coles do Morrazo recitando a Rosalía... este ano fixemos outro que pronto vos ensinaremos.
Hoxe, se o tempo nos deixa, agasallaremos aos veciños de Seixo con poemas e adhesivos de Rosalía, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras.

luns, 23 de febreiro de 2015

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

Estamos con moitas ganas preparando o día de Rosalía que se celebra mañá... queremos encher Seixo de poemas!! Así que todos os nenos e nenas estamos ilustrando un para agasallar a algún veciño do colexio. 
Gústavos o logo que fixemos para ilustrar "Rosalía nas ondas do mar"? Este ano que estamos tan mariños ata Rosalía navega ;)


Ademais, todos luciremos uns adhesivos e tamén levaremos algúns como agasallo para a xente de Seixo.... por iso coloreamos un montón para repartir moitos e encher Seixo de poemas. 


Aquí vos deixamos un enlace para que poidades descargar o debuxo co logo que fixemos, as chapas e os poemas para decorar, por si queredes facer algún mais... espallemos poemas por todo Seixo!!

sábado, 21 de febreiro de 2015

ENTROIDO NO MAR

O venres celebramos o entroido no cole, e, aínda que non puidemos saír polas rúas de Seixo, pasamos unha mañá diferente no cole e recibimos a visita dos pais e nais que viñeron ver os nosos disfraces mariños.

O sábado moita xente puido ler sobre a nosa festa no Diario de Pontevedra... que guapos saímos!! 
Se pinchades en calquera das fotos iredes á noticia no xornal dixital.



PREVENIDOS... CÁMARA.... ACCIÓN!!!

Recordades que íamos grabar un vídeo? pois xa está listo... pero gardaremos o segredo ata que se monte xunto cos dos demais coles do Morrazo... so vos deixamos algunha foto...



E tamén deixamos un agradecemento a Elías García, un veciño de marín que ten moitos tesouros do mar e nos prestou esta caracola tan impresionante para o noso vídeo... Graciñas Elías!

xoves, 19 de febreiro de 2015

PREPARANDO UN VÍDEO ESPECIAL

O martes 24 celebraremos un día especial... e para esta conmemoración todos os coles do Morrazo nos unimos para facer un vídeo... que ademais está tamén relacionado co mar.
Os de sexto somos os encargados de representar ao cole de Seixo... e estamos preparando todo para facer un bo traballo...



Esto é parte do que usaremos para o vídeo... 



Seguimos traballando!!

sábado, 14 de febreiro de 2015

UN SELFIE CON ROSALÍA

Arnaldo colabora co equipo de dinamización da lingua galega para facernos unha proposta moi divertida para as vacacións de entroido... animádevos!!


venres, 13 de febreiro de 2015

UNIDADE DIDÁCTICA DE ENTROIDO COS BOLECHAS

O entroido é unha das festas con máis tradición e participación na nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis cativos, polo que resulta moi interesante para traballar diversos aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…

Por iso compartimos con todos vos esta unidade didáctica, para traballar o entroido galego tanto desde o punto de vista teórico como a través de exercicios e xogos que teñen como referentes a uns personaxes ben coñecidos e queridos para as cativas e cativos: Os Bolechas


Ademais traballaremos outros contidos como: educación cidadá, artística ou matemática; grafomotricidade; coñecemento do medio ou conceptos básicos de linguaxe oral, gastronomía e vocabulario.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!

xoves, 12 de febreiro de 2015

ARNALDO PRECISA AXUDA!!


Estas son as pistas que nos deixou Arnaldo... 


A ver si averiguamos que significan os carteis tan extraños que están polos corredores.....

mércores, 11 de febreiro de 2015

UNHA BALEA MOI FAMOSA

Recordades que os nenos e nenas de 5 anos levaron un montón de libros para investigar sobre as baleas?
Un deles levaba dentro un dvd con unha película sobre unha balea moi famosa... queredes ver que libro é? Pinchade na imaxe e xa veredes....

martes, 10 de febreiro de 2015

A FONOTECA ESTÁ EN MARCHA

A fonoteca xa está en marcha... aquí podedes ver aos alumnos e alumnas de 5º... encántannos as novidades de Arnaldo!!





venres, 6 de febreiro de 2015

OLLOS DE AULA FEBREIRO

Aqui vos deixamos o número de febreiro da revista OLLOS DE AULA.
Premede na imaxe para ler a revista completa.

mércores, 4 de febreiro de 2015

ARNALDO PRESÉNTANOS A NOVA FONOTECA DA BIBLIO

Hoxe todas as clases recibimos unha carta de Arnaldo na que nos facía un anuncio mooooi especial.... mirádea vos mesmos:


Seguro que o pasaremos xenial na fonoteca... sobre todo nestes días de frío e choiva nos que teremos unha alternativa moi divertida.

Recordade que podedes traer cds da casa para escoitar cos compañeiros.

Estos son os días que irá cada curso durante o recreo (ademais teñen horas de biblioteca):
          - Luns: 6º
          - Martes: 5ºA e 5ºB
          - Mércores: 4º
          - Xoves: 3º
          - Venres: 1º e 2º

 - Infantil: nas horas de biblioteca 

luns, 2 de febreiro de 2015

ABECEDARIO PACÍFICO

Queredes ver o abecedario de Paz que compartiron con nos os compañeiros de terceiro ciclo o día da paz?



Agora lucen nuns corredores do cole.