Amosando publicacións coa etiqueta xogade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogade. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2026

XORNADA DE BALONMAN EN CANGAS

O alumnado de 4º de EP do noso cole asistiu o xoves 11 de xuño a unha xornada lúdico deportiva no pavillón de Romarigo en Cangas para poñer en práctica os seguintes deportes: Datchball, Tchoukball e Balonmán. 

Esta actividade está enmarcada dentro do programa XOGADE e organizada polo equipo do Balonmán Cangas.

  

 

 

venres, 29 de maio de 2026

XOGADE- CONVIVENCIA EN MOAÑA

O venres 22 de maio o alumnado de 2º curso do CEIP de Seixo, acompañados pola súa titora, Silvia, e a mestra de EF, Natalia, visitou o colexio de Reibón en Moaña. Alí tivo lugar unha xornada de convivencia lúdica multideportiva entre os nenos e nenas de segundo curso de: Seara, Laxe, Tirán, Abelendo, Quintela e os anfitrións de Reibón.

Desfrutamos moito desta xornada nunhas magníficas instalacións das que dispón o colexio de Reibón. Grazas pola hospitalidade e a organización da xornada.

   

  

mércores, 27 de maio de 2026

XOGADE: CONVIVENCIA DEPORTIVA NO CEIP de SEIXO

O mércores 27 de maio o alumnado de 3º e 4º de EP do noso cole recibiu ao alumnado dos mesmos cursos do CEIPP de Espiñeira de Aldán (Cangas do Morrazo).

Durante esta xornada lúdica practicáronse os seguintes deportes: Balonmán, Paladós e Xogos de Agarre. Tamén compartimos unha merenda a base de froita, bocadillo, barra enerxética e auga.

E quedounos un pouquiño de tempo para intercambiar e compartir o espazo de recreo conxuntamente. 

Gran xornada de actividade física nun día caloroso que desfrutamos moito.

                                 

venres, 10 de abril de 2026

ATLETISMO EN PISTA 4º EP

 O venres 10 de abril o alumnado de 4º de EP do CEIP de Seixo, xunto ao seu mestre e a especialista de EF, desprazáronse ata a pista de Atletismo de San Pedro en Marín para disfrutar dunha xornada de Atletismo en pista xunto outros coles do Morrazo: San roque de Darbo, San Narciso, Inmaculada e Sequelo.

As disciplinas realizadas foron: 60 metros lisos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, 500 metros lisos, Lanzamento de vórtex e remudas.



  

             
             
     

martes, 3 de marzo de 2026

XORNADA MULTIXOGO 1º E 2º EP EN ESPIÑEIRA (ALDÁN)

 O luns 2 de marzo, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de educación primaria do cole de Seixo fomos ata o colexio de Espiñeira en Aldán para realizar unha xornada de multixogos. Esta actividade foi compartida cos nenos e nenas dos centros educativos de A Laxe de Marin, Torre Cela de Bueu e o noso anfitrión de Cangas.  

Algúns dos xogos foron: birlos, Pita Churro, Pedra- Papel e Tesoira con aros, Circuito de axilidade, Xogo de Lanzamento a aro con pelotas, Xogos de Corda, Zancos, Nesta casa hai Lume, Xogo de lanzamento a buracos.


   





martes, 24 de febreiro de 2026

XORNADA de ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS - XOGADE 3ºEP E 4ºEP

O xoves 19 de febreiro no CEIP de Seixo organizamos un Encontro Multideportivo -Xornada de convivencia lúdico-deportiva co alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de A Laxe.


A mañá estivo organizada do seguinte xeito: primeira parte, onde nos respetou un pouquiño o tempo e puidemos realizar Balonman, Datchbol e Béisbol. Todo o alumnado xogou un partido de cada deporte. A continuación compartimos unha merenda saudable no porche do centro. E....chegou a choiva polo que adaptamos o espazo dispoñible aos agrupamentos da seguinte maneira: seguimos con Datchbol no ximnasio, brilé no porche cuberto e xadrez na aula de Arte. 


Gran día de compartir actividade física e coñecer a nenos e nenas do mesmo concello. Grazas aos mestres e mestras por participar e acompañar neste tipo de actividade. Ata a próxima!!!

venres, 12 de decembro de 2025

ENCONTRO MULTICENTROS CO CEIP DA LAXE

O mércores 10 de decembro o alumnado de Seixo realizou unha convivencia lúdico deportiva co CEIP da Laxe, cos cursos de 5º e 6º de educación primaria.

Nesta xornada realizaron deportes alternativos (Datchball, Colpball e Tchoukball) en grupos de alumnado mixtos e heteroxéneos, en canto a cursos e aos colexios. Non importou o resultado, sí o practicar deportes novos e establecer habilidades sociais con iguais.

Agradecemos o recibimento e a merenda a que nos invitaron dende a Laxe. Vémonos na seguinte, que esperemos sexa como anfitrións no noso centro.



mércores, 22 de outubro de 2025

ACTIVIDADE XOGADE OUTUBRO 2025

O pasado venres 17 de outubro o noso cole participou, xunto con outros coles de Marín, no Cross que se organiza a través do programa XOGADE.

Levouse a cabo nas Instalacións Municipais de San Pedro en Marín e participou todo o alumnado de 2º a 6º de primaria.
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes:

  


 
Todo o alumnado fixo un gran esforzo, conseguiu acabar o cross e desfrutou realizando a actividade. Moitas grazas a todos e a todas.