venres, 31 de maio de 2019

VIII FEIRA DOS LIBROS USADOS CONCELLO DE MARÍN

Hoxe queremos anunciarvos que o noso cole vai participar...
O vindeiro sábado día 8 de xuño, a partir das 10:30 horas da mañá, na Alameda de Marín, dará comezo a...
VIII FEIRA DOS LIBROS USADOS
A partir do vindeiro luns día 3 poderedes comezar a traer libros ao centro. Por cada libro entregarase un vale que se poderá trocar na feira por outro libro.
Os vales son válidos en calquera posto.
Deixámosvos por aquí máis información para que non volo perdades!

RECICLAR É SINXELO SI SABES COMO FACELO

Hoxe os nenos e nenas de Infantil e Primaria participamos nunhas charlas sobre reciclaxe, gracias á empresa RECOLTE.
Aprendemos moitas cousas sobre a reciclaxe e desfrutamos moito da sesión...
Por aquí vos deixamos algunhas fotos...




Déronnos uns folletos no que se explica moi ben este tema e levámolos para as nosas casas:



Miramos estes vídeos...


Uha xornada moi especial e divertida...



xoves, 30 de maio de 2019

5º NA FESTA DO SABER: ESTUDIOS ARNALDO

Un ano máis deu comezo a FESTA DO SABER no noso cole...
e os encargados de inagurar esta celebración foron os nenos e nenas de 5º de primaria.
Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de 5º traballou sobre a televisión e fixeron un traballo fantástico e moi completo.
Axiña poderedes desfrutar das curtametraxes que elaboraron.
O vindeiro mércores día 5, a partir das 13:55 horas, exporanlles os seus traballos ás súas familias e despois desa data compartirémolos con todos e todas vós.
Podedes seguir esta presentación en LUPA DIXITAL.

venres, 24 de maio de 2019

CREACIÓNS PROPIAS

Moi boas amiguiños!Hoxe queremos continuar coas presentacións das creacións que están facendo algúns compañeiros e compañeiras vosos no recuncho da Biblioteca Creativa!

Sabrín e Sofía preséntannos!

Óscar quere ensinarnos...

Dani montou...
Animámosvos para que continuedes deixando voar a vosa creatividade e nos queirades seguir presentando novas creacións!

REDE ESPORA EN RADIO NA BIBLIO

Hoxe queremos contarvos a xornada de formación que tiveron os nosos nenos e nenas de 5º de primaria, o pasado mércores día 22, con... 
REDE ESPORA 
Da man de Cristina e Javier...
Dentro do programa... 
convocado e concedido ao noso cole pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dentro do Plan LIA de Bibliotecas Escolares... estivéronse formando como futuros usuarios independentes e autónomos en...
Unha mañá interesantísima e dun gran aproveitamento...


...na que os nosos nenos e nenas desfrutaron un montón e pasárono en grande á vez que aprenderon a gravar na radio, crear escaletas, organizar programas...

Deixámosvos por aquí unha pequeniña montaxe dalgún dos momentos da formación que recibiron...
E se queredes ver máis fotos desta xornada só tendes que ver o seguinte vídeo:
Podedes seguir esta e outras moitas noticias e novidades da clase de 5º de primaria en LUPA DIXITAL!
Gracias Javier e Cristina! 
Gracias REDE ESPORA!

xoves, 23 de maio de 2019

POLO CORREO DO VENTO

Nunha das últimas actividades relacionadas coas Letras Galegas 2019 na memoria de Antonio Fraguas, tivemos a oportunidade, o Martes día 21, de poder contar coa visita no noso cole de...
Unha sesión de contacontos sobre Antonio Fraguas e un taller de debuxo dirixido por Carlos e Quique...
na que a través de PEREGRINA, unha detective moi especial...
descubrimos moitas cousas sobre Antonio Fraguas...
Deixámosvos por aquí uns pequenos vídeos para que vexades o ben que o pasamos na sesión de contacontos...


E un vídeo do taller de debuxo coas nosas obras de arte:
CARICATURAS DE ANTÓN FRAGUAS

O libro final con todas as montaxes podédelo ver xa na nosa Biblio...
Aproveitamos a ocasión para que Quique e Carlos asinaran uns libros seus que temos na Biblio...

E antes de despedirse de nós, firmaron no noso libros de visitas...
ATA OUTRA AMIGOS! 
GRAZAS POLA VOSA VISITA!

AS PROPOSTAS DE DANI PARA O FUTURO ALCALDE OU ALCALDESA DE MARÍN

Moi boas amiguiños!
Hoxe, en A VOZ DE ARNALDO, recibín a visita de Dani, compañeiro de 2º de primaria.
Hai uns días Dani elaborou unha carta que quixo entregarlle a alcaldesa de Marín na que escribiu algunhas cousiñas que lle gustaría que se fixeran na nosa vila de Seixo. 
Quixo compartilas con nós na nosa radio e dende A VOZ DE ARNALDO queremos facerllas chegar a todas e todos os candidatos que se presentan á alcaldía do Concello de Marín nestas eleccións municipais.
Escoitade a seguinte entrevista:

mércores, 22 de maio de 2019

LEDICIA COSTAS VISITA A NOSA BIBLIO

Ola! Bos días!
No día de onte, as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria, tivemos a honra de recibir na nosa Biblio unha visita moi especial: LEDICIA COSTAS!
Estívonos falando dun sos seus libros co que estivemos traballando nas nosas aulas...
A BALADA DOS UNICORNIOS
Desfrutamos moito da súa charla:



Tivemos a sorte de que nos asinara os nosos libros...

E para despedirse firmou no libro de visitas...
Os nenos e nenas de 4º tamén tiveron a ocasión de que lles asinara os libros cos que traballaron ao longo deste curso


GRACIAS POLA TÚA VISITA 
LEDICIA COSTAS!

martes, 21 de maio de 2019

XX PREMIO DE POESÍA PARA ESCOLARES

O pasado Venres día 17 unha representación do noso cole, xuto coas profes Natalia e Fátima, acudiron a un acto organizado polo Museo Manuel Torres de Marín para recoller os premios que nos concederon no...
XX PREMIO DE POESÍA 
PARA ESCOLARES 
- CONCELLO DE MARÍN -
Nesta ocasión decidimos participar como centro e non individualmente. O resultado final ensinámosvolo hai uns días na noticia O CANCIONEIRO DE SEIXO
Un cancioneiro como resultado final de todas as poesías creadas nas diferentes aulas e que presentamos ao concurso.
Resultamos gañadores en todas as categorías! A nosa alcaldesa entregounos os premios:

1ª Categoría: O TRAXE GALEGO
2ª Categoría: AUGAS DE GALICIA
3ª Categoría: FESTAS E ROMARÍAS
Durante a entrega de premios fíxose lectura pública das obras premiadas. Por aquí podedes ver un anaquiño dunha delas:
Tamén puidemos desfrutar da música tradicional galega...
E para rematar fixemos todos xuntos unha foto de recordo deste XX PREMIO DE POESÍA