domingo, 26 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017

No mundo que queremos, todos coñecen e dan moita importancia ás 3R: RECICLAR, REUTILIZAR E REDUCIR.
Por iso este ano, coa marabillosa e imprescindible colaboración das familias, os disfraces foron elaborados con material de refugallo. 
Moita arte e moitísima creatividade víronse no desfile no que moitas das cousas que irían directas ao lixo luciron coma nunca. 
Aquí vos deixamos un resumo fotográfico deste entroido cheo de cores, caixas, cartóns... e moita alegría: o entroido move o corpo!!!


Entroido 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

venres, 24 de febreiro de 2017

COMPARTINDO POEMAS

Unha das cousas que máis nos gusta no cole é compartir o que facemos co entorno máis próximo: a xente de Seixo, sobre todo nun día tan especial como é o día de Rosalía. 
Por iso o alumnado adicou esforzo e creatividade a elaborar carteis entorno á figura de Rosalía de Castro para compartir cos veciños. 
Se queredes ver o fermosos que quedaron premede na imaxe e desfrutaredes de todos:


E como queríamos compartilos, saímos a pegalos polos comercios de Seixo para que todo o mundo desfrute dos marabillosos poemas de Rosalía de Castro... porque o mundo que queremos é un mundo artístico e cheo de poesía!
Desfrutade desta fermosa canción ao mesmo tempo que vedes algunhas fotos da saída:

mércores, 22 de febreiro de 2017

CARTEIS ROSALÍA DE CASTRO

Este ano decidimos facer carteis baseados na persoa e obra de Rosalía de Castro. 
Aquí vos deixamos o resultado do traballo en equipo de cada aula... aínda que non so os desfrutaremos no cole... seguro que os veredes onde menos o imaxinades... estade atentos que pronto explicaremos o motivo!

Nenos e nenas de 3 anos

Nenos e nenas de 4 anos

Nenos e nenas de 5 anos

Nenos e nenas de 1º de primaria

Nenas e nenos de 2º de primaria

Tócalle a quenda ao cartel dos nenos e nenas de 4º, e de paso que o presentamos aproveitamos para mandarlle un bico moi grande á profe Manuela que, despois de moitos meses no cole, este foi o último traballo que fixo co alumnado de 4º. Botarémoste de menos Manuela: grazas por todo e moita sorte nos próximos destinos, oxalá volvas por Seixo algún día!
Nenas e nenos de 4º de primaria

Nenas e nenos de 5º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria


As nenas e nenos de 3º tamén elaboraron unha serie de carteis moi chulos sobre Rosalía: 






luns, 20 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA 2017

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, o mesmo día do seu nacemento. Este ano celebrámolo uns días antes para non xuntalo co entroido e poder adicar un día especial a xuntarnos na biblioteca e compartir recitados desta marabillosa escritora. 


Co kamishibai, cantando, recitando, con vídeos.... dende 3 anos ata 6º todos participaron nesta xuntanza entorno a Rosalía. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos acompañadas dunha fermosa canción de Uxía sobre a poetisa.


Alguns nenos e nenas de 5 anos montaron esta simpática presentación de Rosalia: 


Os de infantil xuntáronse para recitar un poema entre todos que compartiron nun vídeo co resto do cole... mirade que ben o fixeron!

   

Os de 3º cantaron un coñecido poema de Rosalía para todos os compis na biblioteca. Despois, fixeron este vídeo na clase para que todos desfrutedes esta fermosa presentación dun poema musicado. 


martes, 14 de febreiro de 2017

#RosaliaTe

Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegounos unha proposta que transmitimos ás familias para festexar xuntos o día de Rosalía. 


É moi sinxelo: os nenos e nenas deben decorar as máscaras de Rosalía que levaron para casa (fermosa máscara que temos grazas a ANIMOSA) e compartir os poemas traballados na clase coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). 


Gustaríanos que as familias fixérades fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, familiares, etc. portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano.
Compartiremos as fotos nas redes sociais co hashtag:


Se vos animades a participar, enviádenos canto antes as fotos a ceip.seixo@gmail.com ou nunha mensaxe privada en facebook.

luns, 13 de febreiro de 2017

DÍA DA RADÍO

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio, e agora que nos estamos aficcionando e enganchando cada día máis... non queríamos deixar pasar este día sin facer algo especial. 
Así que decidimos facer a estrea mundial do programa: Chis, chis, chistes. Laura, Martín e Alex foron os encargados deste divertido programa. 


Para facer máis especial este día, o programa emitiuse durante o recreo.


Todos se foron achegando ao porche, onde se escoitaba mellor e puideron disfrutar e compartir risas cos compañeiros. 


Queredes escoitalo? Aquí vos deixamos o primeiro programa de CHIS, CHIS, CHISTES, porque no mundo que queremos non pode faltar o bo humor!


mércores, 8 de febreiro de 2017

PREPARANDO O ENTROIDO 2017


O MUNDO QUE QUEREMOS é un mundo ecolóxico onde todo o mundo fai uso das 3R, por iso queremos darlle este enfoque ao entroido 2017:
* REDUCIR o gasto e uso de novos materiais.
* RECICLAR materiais que irían ao lixo
(cartóns, caixas, botellas, etc...)
* REUTILIZAR cousas que teñamos pola casa
(por exemplo roupa vella).

Aquí vos deixamos algunhas ideas que atopamos pola rede e que esperamos vos sirvan de axuda. Nalgunhas tendes máis información premendo nas imaxes.

Non dubidedes en preguntarnos e pedir axuda se estades perdidos, estaremos encantados de axudar!

Premede na imaxe para ver como cun cartón vello e deixando pintar libremente aos nosos pequenos artistas faredes unha preciosa bolboreta.

http://www.momincdaily.com/make/make-crazy-octopus-costume/
Se tedes pantis que lles quedan pequenos ou están vellos, está é a oportunidade de reutilizalos.


Cunha camiseta blanca vella e un pouco de pintura teredes uns pintores do máis artístico.


http://blog.frenchtoastgirl.com/2010/11/dont-unplug-me.html

https://www.blogger.com/blogger.g?blogID=1221225628476617268#editor/target=post;postID=8613512712924134833
Con caixas hai moitas opcións para facer disfraces divertidos.

O cartón tamén da moito xogo para converternos en diferentes cousas.

http://quehacemoshoyenelcole.blogspot.com.es/2012/02/disfraz-de-semaforo-casero.html


Tamén vos deixamos un enlace ao Pinterest de Arnaldo onde ten un montón de ideas de disfraces feitos con material de refugallo. Accederedes premendo na imaxe.

https://es.pinterest.com/aspegadas/arnaldo-entroido/

venres, 3 de febreiro de 2017

ARNALDO DANDO VOZ AO ALUMNADO

Un dos nosos alumnos, Hugo de 5º, pediunos usar os micrófonos da radio para compartir unha preocupación que ten dende o Nadal e que se converte nunha reivindicación á que queremos dar voz. Erika acompáñao na súa protesta que moitos máis nenos e nenas comparten.