Amosando publicacións coa etiqueta agasallos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta agasallos. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de maio de 2022

FELIZ DÍA DA FAMILIA

Hoxe é o día da familia, e queremos mandar unha aperta moi grande a todas as familias do noso cole. Todos estamos de celebración: nais, pais, fillos, filloas, avós, avoas, tíos, tías, primos, primas... porque cada un formamos parte da nosa familia que é a mellor do mundo mundial!!!

O alumnado de infantil, e algúns de primaria, fixeron uns cheques moi especiais para desfrutar en familia...

...cada un pensou en plans especiais para facer coa súa familia: seguro que os desfrutades un montón!!! 

xoves, 22 de abril de 2021

NO COLE ESTAMOS DE ESTREA: UN HOTEL DE BECHOS!

Hai xa uns días que no patio do Ceip de Seixo estivemos de estrea! Por fin xa podemos desfrutar no patio dos nosos soños...
DUN HOTEL DE BECHOS!
Unha aportación da nosa ANPA ABELENDOS a quen, unha vez máis lles estamos moi agradecidos pola súas colaboracións...
Moitísimas gracias en especial a ti JACOB, papá de Nerea de 4º de primaria e Iago de 6º de primaria. Menuda chulada de Hotel, imos desfrutar moitísimo! Estamos deseosos de ver moitos hóspedes nel.
Graciñas!

mércores, 11 de outubro de 2017

GRAZAS PROFE ROSA!

Queremos compartir con todos unha novidade que nos produce unha mistura de tristura e de alegría. Tristura por ter que despedirnos dunha fantástica profe e unha compañeira estupenda. Alegría porque Rosa se xubila con esa vitalidade e ese sorriso que nos fixo esquecer que xa leva moitos anos traballando e enchendo as aulas de música e de bailes.


Sería difícil resumir nunhas breves palabras o especial que é a profe Rosa para o alumnado e para o profesorado, pero din por aí que os nenos e as nenas sempre contan a verdade, así que ninguén mellor ca eles para describir á profe Rosa, neste libro que ela levou de recordo para non esquecerse nunca do cole de Seixo.



A Rosa encantoulle esta sorpresa e está moi feliz con este agasallo de todo o alumnado


Ela tamén ten unhas palabras especiais para todos os nenos e nenas do cole: 


Sen dúbida esta sería unha canción que Rosa vos recomendaría a todos para escoitar mentres mirades os fantásticos debuxos.... e nos adicámoslla a ela: grazas Rosa, por tanto


venres, 24 de febreiro de 2017

COMPARTINDO POEMAS

Unha das cousas que máis nos gusta no cole é compartir o que facemos co entorno máis próximo: a xente de Seixo, sobre todo nun día tan especial como é o día de Rosalía. 
Por iso o alumnado adicou esforzo e creatividade a elaborar carteis entorno á figura de Rosalía de Castro para compartir cos veciños. 
Se queredes ver o fermosos que quedaron premede na imaxe e desfrutaredes de todos:


E como queríamos compartilos, saímos a pegalos polos comercios de Seixo para que todo o mundo desfrute dos marabillosos poemas de Rosalía de Castro... porque o mundo que queremos é un mundo artístico e cheo de poesía!
Desfrutade desta fermosa canción ao mesmo tempo que vedes algunhas fotos da saída:

mércores, 22 de febreiro de 2017

CARTEIS ROSALÍA DE CASTRO

Este ano decidimos facer carteis baseados na persoa e obra de Rosalía de Castro. 
Aquí vos deixamos o resultado do traballo en equipo de cada aula... aínda que non so os desfrutaremos no cole... seguro que os veredes onde menos o imaxinades... estade atentos que pronto explicaremos o motivo!

Nenos e nenas de 3 anos

Nenos e nenas de 4 anos

Nenos e nenas de 5 anos

Nenos e nenas de 1º de primaria

Nenas e nenos de 2º de primaria

Tócalle a quenda ao cartel dos nenos e nenas de 4º, e de paso que o presentamos aproveitamos para mandarlle un bico moi grande á profe Manuela que, despois de moitos meses no cole, este foi o último traballo que fixo co alumnado de 4º. Botarémoste de menos Manuela: grazas por todo e moita sorte nos próximos destinos, oxalá volvas por Seixo algún día!
Nenas e nenos de 4º de primaria

Nenas e nenos de 5º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria

Nenas e nenos de 6º de primaria


As nenas e nenos de 3º tamén elaboraron unha serie de carteis moi chulos sobre Rosalía: 






sábado, 27 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA ...EN SEIXO.

Conmemoramos o día de Rosalía de Castro nun momento que o tempo o permitiu! Tiñamos que saír do centro porque tiñamos que ir ata o buzón de correos!!
Seguindo a proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG) os nenos e nenas elaboraron e enviaron a súa postal personalizada e coa seguinte estrofa de "Alborada", de Cantares gallegos
Canta paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite, 
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Pero ademais, acercamos a Rosalía aos veciños e veciñas de Seixo agasallándoos con marcapáxinas "Rosalianos" e pegatinas conmemorando este día.
Queredes ver algúns destes momentos?

E, para rematar, mirade cantas fotos hai detrás desta imaxe de Rosalía! Premede na foto e para que comece a presentación na icona play.

mércores, 1 de xullo de 2015

BARXILÓN NO MAR DO LATÓN

A última semana de xuño recibimos un regalo moi especial. Dende o IES As Barxas mandáronnos un precioso libro.
Barxilon é un conto dun peixe, por iso loce tanto na nosa exposición do PDI do mar.


O proxecto "Barxas emprende: creación dunha editorial", fainos ver a importancia do traballo en equipo e da lectura, sobre todo coa presentación do libro "Barxilón non mar do Latón".


Premede na imaxe se queredes saber mais desta editorial "especializada na elaboración e difusión de libros ilustrados para nenos, realizados totalmente por alumnos. Libros entendidos como pequenas obras de arte, nos que primarán as ilustracións de gran calidade, o deseño e realización de actividades de animación á lectura, a música e as novas tecnoloxías."


Os estudantes do IES As Barxas contaron coa colaboración dos centros educativos IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, IES Xulián Magariños, de Negreira, CEIP A Rúa, de Cangas e CEIP Espiñeira, de Aldán, neste fantástico proxecto presentado o 10 de este mes. Premede na imaxe para ir á web de Barxilón.


Os nosos alumnos non puideron ver o libro porque xa remataran as clases, pero Arnaldo, a nosa mascota, non quixo irse de vacacións sen facerse algunhas fotos con el.
  

Estamos desexando que chegue setembro e ensinarllo a todos os que visiten a biblioteca.


Parabén a todos os compañeiros por este fantástico conto e ánimo con este proxecto... estamos desexando ver máis libros!

luns, 22 de decembro de 2014

ESTE NADAL REGALA CULTURA EN GALEGO

A cordinadora de equipos de dinamización da lingua galega do Morrazo elabora cada ano unhas guías de lectura para recomendar alguns materiais (libros, peliculas, cds...) en galego, e que todas as familias poidan ter estupendas ideas para regalar cultura galega nestas datas.

Os Equipos de Normalización e Dinamización súmanse ás iniciativas emprendidas desde os centros escolares para mellorar o hábito lector e traballar a prol da animación á lectura en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos obxectivos que caracterizan o noso traballo común.

Están adaptadas ás diferentes idades, desexamos que vos resulten útiles, engadimos tamén as de secundaria:





Todo o alumnado do cole levou unha guía para casa... alguen sería tan afortunado de recibir algún destes tesouros? á volta de vacacións saberémolo!