Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de xuño de 2025

DESPEDIDA DO CURSO 24/25

A última semana do curso estivo cheíña de días especiais nos que fomos despedindo o curso. Un deles fixemos unha festa de auga para combater a calor e compartir moitas risas: pasámolo pipa!

Non podían faltar os campionatos deportivos cos que desfrutamos durante moitos recreos. E este ano, nas finais, non gravamos os partidos, centrámonos en recoller o ambiente animando, os nenos e nenas animando con ganas e pasándoo pipa celebrando as vitorias dos demais.

Por suposto non faltou o tradicional partido de brilé dos de 6º contra o profesorado, dende logo sempre é un partido emocionate e moooi divertido!

E como todo campionato que se prece, tivemos entrega de medallas, unhas medallas moi especiais deseñadas polo alumnado de 6º e feitas no cole. Ademais tivemos unha madriña de honor, Noa, antiga alumna, que viña de gañar o campionato de España de fútbol sala feminino co club La Peña: que honor! Pechamos a entrega de medallas cunha sorpresa moooi especial!

E, aínda que nos dan moita pena as despedidas, chegou o momento de dicir adeus a un montón de profes que nos acompañaron neste curso e que deixaron a súa pegada en Seixo.

O curso que ven: máis e mellor!!

domingo, 30 de xuño de 2024

O MAMBO DE SEIXO

Os profes Tano e Xosé propuxeron unha canción para pechar o curso con moito ritmo e o alumnado de 6º, con axuda da profe Irene, foron os encargados de facer unha gravación para non esquecela nunca! Cantámola moito!!!

mércores, 28 de xuño de 2023

DESPEDIDA DO CURSO RQR

O 21 de xuño despedimos este curso nun fermoso día soleado cheo de emocións. Xuntámonos coas familias de 6º de infantil e de 6º de primaria para celebrar que cambian de etapa.
Xa vos contamos como foron as graduacións, se queredes ver como foi a graduación de infantil podedes vela premendo AQUÍ, e se queredes ver a graduación primaria premede AQUÍ.

Neste día de emotivas despedidas, sobre todo ao alumnado de 6º, tamén despedimos a 3 nais que levan mooooitos anos formando parte da ANPA, sendo un gran apoio e axuda en moitas cousas. Tere, Uxía e Rocío: a vos tamén vos imos botar moito de menos, como lles dixemos aos vosos fillos, recordade que Seixo tamén sempre será a vosa casa.


Ademais, a familia de Fuco e Lúa (que aínda que leva anos en secundaria segue sendo da familia de Seixo) agasallou ao cole cunha árbore que quedará a vivir no noso patio. Graciñas a Uxía e a Gaspar, non so por esta árbore, senón por tantos anos acompañándonos e axudándonos en tantas cousas relacionadas coas arbores e plantas do cole... e o que lles queda jejeje


E para rematar a festa fixemos unha merendola conxunta na que todo o cole aportamos cousiñas para compartir, e aínda que fixemos un vídeo, non é posible percibir que momento tan fermoso foi: todos xuntos, profesorado e alumnado, maiores e pequenos, compartindo merenda, conversas, xogos... nun patio tan fermoso que nos deixa sen palabras.
 

luns, 18 de xullo de 2022

UNHA DESPEDIDA ESPECIAL

Fin de curso sempre está cheo de despedidas e de moitas emocións, e este ano, ademais de despedir ao alumnado de 6º, despedimos a 2 persoas moi especiais que levan mooooitos anos traballando duro na ANPA: Elena e Pili.

Elena leva máis dunha década como presidenta da ANPA Abelendos facendo un traballo fantástico sempre cerca do centro e do profesorado. E ao seu lado un equipo fantástico de familias entre as que Pili estivo 9 anos colaborando con todo. Graciñas infinitas ás dúas, sen a colaboración das familias non sería posible!

sábado, 16 de xullo de 2022

OS PEQUE GRADUADOS DO 2022

Os nenos e nenas de 6º de infantil deixan a planta de abaixo e en setembro subirán para o piso de arriba cos compis de primaria.
 

Compartimos xuntos a alegría e a satisfacción de rematar unha etapa: que ben o fixeron!!
 

Esperamos que recorden esta etapa con moito cariño!


Nestes 3 anos no cole medraron un montón, así chegaron e así marchan para primaria...


Feliz verán! Vémonos pronto e esperamos moitas visitas no patio de infantil!

martes, 12 de xullo de 2022

OS GRADUADOS DOS 50 ANOS

A promoción do 50 aniversario despediuse do cole despois dun curso no que traballaron un montón e investigaron moitísimo sobre a historia do cole.


Botarémolos de menos, porque son un grupo fantástico co que temos recordos inesquecibles!


E por suposto levaron a súa orla de recordo (a orla B deixámola para a intimidade jejej)


Despedímolos con moito cariño e moita pena, porque despois de 9 anos véndoos medrar e compartindo tanto... deixan unha pegada profunda nos nosos corazóns! Así medraron nestes anos.
 

Como agasallo de despedida, e como agradecemento a todo o que fixeron no proxecto dos 50 anos, todos levaron o agasallo especial deste curso, unha taza de edición limitada deseñada por Carmen.


Seguide sendo un equipo e nunca perdades esa chispa que vos fai únicos! Lembrade que Seixo sempre será a vosa casa!!!

venres, 8 de xullo de 2022

SUPER FESTA DOS 50 ANOS

Este ano foi moi especial e único na historia do cole, porque 50 anos non se cumpren todos os días. O 17 de xuño foi o día elixido para facer unha gran festa de aniversario que desfrutamos a tope!
Como xa vos contamos, comezamos inaugurando a super exposición que montamos entre todos con moito traballo e ilusión. Podedes velo premendo AQUÍ.
Despois tivemos unha sesión de zumba mooooi divertida que o alumnado de 6º preparou durante semanas para todo o cole: bailamos e rimos un montón!


Despois recibimos unhas visitas moi especiais: a alcaldesa, a conselleira de educación do concello, a presidenta da deputación, o noso inspector, a directora xeral de innovación educativa, o xefe territorial... e que este aniversario é tan importante que ninguén quería perdelo! Estivemos falando con eles e despois invitámolos a ver a exposición. María, Marian, Chema, Judit, Carmela, Pablo, Raquel e César... graciñas por vir a felicitarnos! 


E nunha gran festa non podía faltar a auga: festa da escuma e xogos de auga que a ANPA Abelendos organizou con moito cariño... que faríamos sen elas????


Comer no cole foi parte deste día especial, con este tesouro de patio que temos fixemos un pícnic chulísimo, e as familias que viñeron a colaborar tamén compartiron pícnic co profesorado: que ben sabe a comida todos xuntos!


Despois de comer pasámolo pipa cun montón de opcións diferentes: inchables, maquillaxe, tatuaxes, chapas, globoflexia, karaoke, xogos variados... Unha vez máis todo montado e organizado pola mellor ANPA do mundo mundial!!!


 Para finalizar a tarde desfrutamos dun concerto con Paco Nogueiras e por fin puidemos cantar e bailar as cancións que levabamos semanas ensaiando.
 

Para despedir o día, como todo aniversario que se prece, xuntámonos para soprar as velas e compartimos tarta coas familias: que aniversario tan feliz!!!

xoves, 24 de xuño de 2021

ATA SEMPRE! RAPAZAS E RAPACES DE 6º...

Nun acto moi emotivo no cole as rapazas e rapaces de 6º de primaria graduámonos para deixar atrás unha etapa que durou 9 anos no Cole de Seixo e comezar en setembro unha nova andaina...
Por aquí vos deixamos o vídeo de presentación da nosa graduación...
A nosa titora Maricarmen foi a encargada de entregarnos as orlas...
E ao rematar dedicounos unhas palabriñas...
Quixemos darlle un pequeno recordo para que se lembre sempre de todas e todos nós...
Queremos compartir con vós a Orla da nosa promoción...
Tan só rematar dicíndovos que nos encantou vervos medrar e que vos desexamos todo o mellor para o voso futuro! Arnaldo despídese con este pequeno vídeo... Mirade, mirade!
As portas de Seixo quedan abertas de par en par para que volvades a visitarnos cando o desexedes! O futuro é voso! Que vos sorría!

mércores, 23 de xuño de 2021

DESPEDIDA DO CURSO A CARGO DE ASACOCIRCO

No cole de Seixo somos uns afortunados! Gracias a nosa ANPA ABELENDOS puidemos desfrutar o último día de clase dunha actuación impresionante a cargo de...
Un espectáculo de circo que nos gustou un montón e no que o pasamos xenial! Por aquí vos deixamos uns anaquiños da actuación desta supercompañía cos seus mellores momentos!
Mirade que chulada!
E para que poidades ver vós mesmos o ben que o pasamos aquí tendes unha pequeniña montaxe con moreas de fotos. Comprobádeo vós mesmos!
Moitísimas gracias ANPA ABELENDOS por esta actuación que nos regalastes e co que tanto desfrutamos despois dun curso tan duro e particular.
Gracias polo voso traballo e colaboración!
Viva o circo!

sábado, 20 de xuño de 2020

ATA SEMPRE!

Onte tivo lugar no cole un acto moi emotivo de despedida do alumnado de 6º de primaria...
Acompañados das súas familias, e das representantes da nosa ANPA (unha vez más apoiando os actos do cole), puideron desfrutar dunha despedida atípica pero non por iso menos importante...
Da man da súa profe María José recibiron os diplomas que lles acreditaban rematar a etapa de educación primaria...
Como non podía ser doutra forma, Arnaldo, a través dos profes do Equipo de Biblioteca entregoulles aos bibliotecarios deste ano uns imáns de recordo e un diploma que acredita a labor de cada un e unha na biblioteca do noso cole.

A profe Sabela quedou encantada de poder facer unha foto cos seus nenos e nenas da clase de relixión católica...
E a profe María José tampouco quixo perder a oportunidade de facerse unha última foto de grupo con eles...
As compañeiras Mapi e Yoli, do IES CHAN DO MONTE, tiveron unha pequena reunión con eles para explicarlles cousiñas e novidades do que se van atopar na nova etapa que van comezar en setembro...
Por aquí vos deixamos a orla deles...
PROMOCIÓN 2011-2020
Tan só rematar dicíndovos que nos encantou vervos medrar e que vos desexamos todo o mellor para o voso futuro!Arnaldo despídese con este pequeno vídeo... Mirade, mirade!

As portas de Seixo quedan abertas de par en par para que volvades a visitarnos cando o desexedes! O futuro é voso! Que vos sorría!

venres, 19 de xuño de 2020

OS NENOS E NENAS DE 6º DESPÍDENSE DO COLE

Hoxe péchase unha etapa para os nosos nenos e nenas de 6º de primaria. 
Hai uns días propuxémoslles unha actividade...
Dende a distancia á que nos obrigou esta situación... por aquí vos deixamos as súas despedidas.
DESPOIS DE 9 ANOS...
REMATAMOS CONFINADOS!
Por outra banda, eles, os nosos protagonistas de hoxe, os nenos e nenas de 6º de primaria, realizaron un vídeo que lles queren dedicar a todos os profesores que lles deron clase durante estes anos. Dedícanlles estas palabras:
Profes! Queríamos darvos as gracias pola excursión de fin de curso que non se puido facer, polos festivais, por ensinarnos principalmente a ser boas persoas... e por un montón de cousas máis que agora ides ver neste vídeo que con tanto cariño vos preparamos.
Moitas gracias por todo! Desexamos que vos guste!

Ata pronto!
ESTADE ATENTOS ESTES DÍAS PORQUE OS PROFES GARDAN UNHA ÚLTIMA SORPRESIÑA PARA VÓS!

FELIZ VERÁN!

Moi bos días! Seguindo unha das últimas propostas que se fixeron dende o cole...
Desexamos que vos guste moito o vídeo que vos prepararon! Para un fin de curso tan raro... unha despedida diferente e orixinal!
Os nosos lagartiños de Seixo deséxanvos...
FELIZ VERÁN!
Moitísimas gracias a todos e todas pola vosa participación!
ESTADE ATENTOS ESTES DÍAS PORQUE OS PROFES GARDAN UNHA SORPRESIÑA PARA VÓS!

luns, 15 de xuño de 2020

REMATA O CURSO

Moi boas a todas e todos!
Xa non queda nada, un ano máis chegamos ao remate do curso escolar. Este ano dun xeito diferente pola situación que xa todos coñecemos de sobra. 
Pero por iso mesmo e porque é diferente queremos propoñervos as últimas actividades para que vos animades a participar...
Prestade moita atención que comezamos!!!
INFANTIL
Unha actividade para que os máis pequerrechos se poidan despedir dos seus compañeiros e compañeiras, aínda que sexa de xeito virtual, e desexarse entre eles unhas felices vacacións.
Convidámosvos a participar enviando vídeos cunha temática refrescante e de verán: con gorros, roupa de verán, no río, na piscina, de picnic, na praia, xogando na area, e todo o que se vos ocurra...
Lembrade gravar os vídeos de forma HORIZONTAL. Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as vosas despedidas. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027
1º, 2º, 3º, 4º e 5º
I CONCURSO DE PORTADAS 
AXENDA ESCOLAR 2020-2021
Para todo o alumnado de primaria, excepto os de 6º que xa nos deixan este ano, propoñémosvos que fagades o voso deseño para a portada das axendas do vindeiro curso escolar.
Obrigatorio: os debuxos deben ser feitos en VERTICAL e o noso querido Arnaldo ten que aparecer nelas. A portada que resulte gañadora terá que ser entregada no cole para a maquetación das axendas do vindeiro curso. Non vos esquezades de darlle cor!
Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as fotos das vosas montaxes. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027
DESPOIS DE 9 ANOS...
REMATAMOS CONFINADOS
Unha actividade única e exclusivamente para os nenos e nenas de 6º. Eles son os que, este ano, deixan o cole e por iso, dende a distancia á que nos obrigou estar esta situación, non queríamos perder a posibilidade de ofrecervos unha despedida diferente.
Propoñémosvos que vos gravedes facendo un vídeo moi especial de despedida. A vosa profe María José vaivos dar máis indicacións dende o seu blog "LUPA DIXITAL".
Lembrade gravar os vídeos de forma HORIZONTAL. Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as vosas despedidas. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027

¿POR QUÉ PEDIMOS...
VÍDEOS EN HORIZONTAL?
Sempre que vos pedimos vídeos para o cole insistimos e somos uns pesados nisto, en que sexan horizontais, pero e que esta petición é moi importante para que quede ben a montaxe. E que cando se grava ou se fai unha fotografía en horizontal a montaxe queda así...
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTAS ÚLTIMAS PROPOSTAS!

OS PROFES TAMÉN ESTÁN ARGALLANDO UNHA SORPRESIÑA!

ESTADE MOI ATENTOS!

venres, 21 de xuño de 2019

ENCANTOUNOS VERVOS MEDRAR!

Non queremos pechar a actividade deste blog durante este curso, sen facerlles un recordo especial aos nenos e nenas de 6º de infantil e 6º de primaria...
INFANTIL SEIXO
(2016-2019)
Canto medrastes con nós!


CEIP SEIXO
PROMOCIÓN (2010-2019)
Encantounnos vervos medrar!

DESPEDIDAS QUE DEIXAN PEGADA!

Un ano máis tivemos a oportunidade de poder despedir o curso dun xeito moi especial...

Foi xenial poder compartila coas familias do noso alumnado e ter un día de festa todos xuntos.
Os nenos e nenas de sexto representaron unha obra de teatro escrita por eles mesmos...
A continuación foi o turno dos nenos e nenas de 5 anos que se graduaron na súa etapa de infantil...
A súa profe Bea recibiu deles unha sorpresiña...
Os nenos e nenas da clase da profe Loreto tamén quixeron sorprender á súa titora...


Gracias profe Loreto pola túa dedicación e alegría... Ímoste botar moitísimo de menos!
O equipo de Biblio entregou os premios de AS PEGADAS DE ARNALDO 2018-2019...
E quixeron recoñecer a labor de todos/as os bibliotecarios voluntarios que ao longo do curso axudaron a que a Biblio de Arnaldo funcionara moi moi ben...

Os nenos e nenas de 6º tamén tiveron o seu acto de graduación.... 
E quixeron dicirnos unhas palabras de despedida...
Xa vos botamos de menos, así que non deixedes de visitarnos... e desfrutade moito desta nova etapa tan merecida á que chegades con tanta enerxía e vitalidade. Deixades unha pegada desas que nunca se borran.
E por último, e non menos importante, a despedida do noso compañeiro e profe JORGE...
Que en nome das familias de 6º de infantil, das familias de todo o alumnado de infantil e dos nenos e nenas de 5º recibiu unha morea de agasallos...


Que esta nova etapa que vas comezar veña cargada e chea de todo o mellor como recompensa a túa labor incansable durante tantos e tantos anos.... QUE SEXAS MOI FELIZ!
Natalia, a nosa dire, despediu o acto e, un curso máis, antes de irmos papar...
Unha merenda conxunta na que o pasamos moi moi ben e desfrutamos moito...




Con fhoto call incluído no que Arnaldo quixo estar presente...
Feliz verán a todas e todos amiguiños!!! 
Vémonos á volta!!!