Amosando publicacións coa etiqueta terceiro ciclo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta terceiro ciclo. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de outubro de 2025

BIOMISIÓN VOLVE A SEIXO

 O curso pasado, o actual alumnado de 6º participou no programa Biomisión coa Misión Biolóxica de Galicia (CSIC de Pontevedra), e este ano vai mostrar o seu traballo nun congreso xunto con outros colexios da zona.


O equipo de Biomisión: Pedro, Susi e Diego, acompañáronnos estas semanas. Contáronnos como era iso de participar nun congreso e guiáronnos no proceso de elaboración da nosa presentación, así como no noso cartel, moi importante nos congresos para que se coñeza o tema a presentar: "FÓRA BICHOS. Estreses bióticos dos cultivos de brásicas".




                                                                           

E depois da última visita, fixémoslles unha pequena entrevista na nosa radio "A VOZ DE ARNALDO", que podedes escoitar pinchando aquí, ou na plataforma ivoox no apartado de entrevistas.


Agora quédanos o último empuxón para presentar o noso traballo o día 24 no palacio de congresos de Pontevedra. 
Xa vos contaremos.

domingo, 8 de xuño de 2025

RECIBIMOS NO COLE AOS MAIORES

 Despois de ir visitar o centro de día Pescadoira de Bueu, tocounos a nós ser os anfitrións, e o alumnado de 5º preparouse ben para iso.

Prepararon uns xogos para compartir con eles a mañá: A petanca, a escoba, circuitos eléctricos, xogos de  parellas, e a estrela do día, unha oca xigante en que cada casilla era unha cadeira.

Fixeron algúns biscoitos para coller forzas, e a mañá pasou voando. Un gran traballo para pouquiño tempo. Esperamos que o pasaran moi ben.

...e despois de despedilos... atacamos nós á oca humana que aínda non a probaramos.

luns, 21 de abril de 2025

OS NOSOS MAIORES


 Para rematar o trimestre o alumnado de quinto foi a coñecer dende dentro un centro de día.

Despois de indagar sobre as diferentes formas en que as familias concilian traballo e o coidado dos nenos e dos maiores, descubrimos que estes centros son coma unha escola na que os maiores pasan a mañá ou a tarde realizando diferentes actividades.

Invitáronnos a visitar o centro de día Pescadoira de Bueu. Fixemos a viaxe no bus de liña, toda unha experiencia pagar o noso billete!

No centro de día recibíronnos Gema, Rosa, Ángela e Miguel para mostrarnos as diferentes estancias do centro. Despois compartimos cos usuarios e usuarias do centro unhas actividades plásticas moi divertidas. Despois de merendar, ensináronnos como levantan e baixan ás persoas que teñen pouca movilidade; e para rematar a mañá, fixemos un pouco de ximnasia cos usuarios e usuarias do centro.

Grazas por unha fermosa mañá. Agora esperamos a súa visita no noso centro. Ata pronto!



luns, 31 de marzo de 2025

EXPLICANDO AS PLANTAS CON "CHROMA"

 O alumnado de 5º estivo a preparar o tema "As plantas" e o presentaron na pantalla verde que temos no cole para facer Chroma. 

Aínda que non resultou nada sinxelo iso de sinalar o revés, e coordinar as explicacións coa pantalla, o resultado gustounos moito. Aquí deixamos o video a cámara algo rápida para mostrar o seu traballo.




venres, 28 de marzo de 2025

UN POUCO DE POESÍA

O alumnado de quinto de primaria recita o biopoema sobre Rosalía de Castro escrito por Alba de Evan e outros autores. 

Ademáis deixamos outro video de pequenos poemas feitos por eles, individualmente e en equipo, xunto algún poema de autores xa consagrados.

Esperamos que vos gusten. 








sábado, 6 de xuño de 2015

XORNADA DE CONVIVENCIA CON ARDÁN

Os nenos e nenas de 6º rematamos o mes de maio cunha xornada moi especial compartindo unha mañán cos compañeiros de Ardán, que estarán con nós no instituto o próximo curso. 


Disfrutamos dunha mañá especial e diferente. Este ano tocábanos ser os anfitrións e quixemos comezar o día ensinándolles algo especial do entorno. Visitamos un muiño restaurado que está a un paso do cole. Vilas, da Casa de Cultura de Seixo, xunto cun ex profesor do Chan do Monte, foron os nosos guías.


Repartímonos en dous grupos. Uns víamos o funcionamento do muiño: como funciona, como se fan os diferentes tipos de fariñas...


E outros camiñamos polo río ata un lavadeiro para ver por donde ven a auga que move o muiño. Nesa mini ruta vimos diferentes tipos de plantas que nos enviaran nunha pequena guía.


Despois chegamos ao cole onde a anpa nos esperaba cunha deliciosa merenda para recuperar enerxías. 


E rematamos a mañá descubrindo un xogo novo Co Garaboto de Marín, grupo da Liga nacional de Billarda que viñeron compartir este xogo con todos nós.


Primeiro explicáronnos como xogar e como faríamos esta mini competición.



E despois xogamos a este xogo popular... como se fose o baseball galego ;)






Grazas ao Garaboto por vir a xogar con nos e bo verán para todos os compis de Ardán... vémonos en setembro!!

luns, 18 de maio de 2015

UN PLANETARIO NO COLE!

Mirade que cousa mais curiosa e rara apareceu o outro día no noso ximnasio....


Os nenos e nenas de 3º ciclo tiveron a oportunidade de entrar e gozar deste xenial planetario.
Algúns dos afortunados que estiveron dentro cóntannos o que mais lles gustou: