Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de febreiro de 2026

VIAXANDO ARREDOR DO MUNDO

E chegou o día e aínda que non puidemos saír a desfilar polas rúas de Seixo, porque o tempo non nolo permitiu, desfrutamos moitísimo da celebración e pasámolo en grande...
Co photocall xa preparado foi o momento de ir sacando as nosas fotos de grupo nas que se viron reflexadas as distintas temáticas do PDI deste curso...






Desfilamos dentro do ximnasio...
INFANTIL CO ENTERRO DA SARDIÑA

1º DE PRIMARIA: TURISTAS

2º DE PRIMARIA: VENECIANOS

3º DE PRIMARIA: O TOUR DE FRANCIA

4º DE PRIMARIA: ESPAÑOIS POLO MUNDO

5º DE PRIMARIA: SAMBÓDROMO

6º DE PRIMARIA: AUSTRALIA

A festa rematou cunha adaptación da canción "Loviu" ao Entroido de Seixo...

Por aquí deixamos a letra...












e unha merenda conxunta aproveitando espazos comúns nos que nos xuntamos por ciclos...

xoves, 12 de febreiro de 2026

REMATANDO O MANDADIÑO

E por fin chegou o xoves e cada quen puido vir disfrazado como quixo... Por aquí vos deixamos unhas fotos de grupo moi chulas...






venres, 6 de febreiro de 2026

CHEGA O MANDADIÑO

Un ano máis está a piques de chegar o ENTROIDO ao Cole de Seixo e con el as tan esperadas ordes do MANDADIÑO.
Compartímolas con vós para que as teñades en conta...
 
 

mércores, 4 de febreiro de 2026

ENTROIDO 2026

Xa temos todo en marcha para unha celebración do Entroido que promete ser espectacular...
Por aquí vos deixamos o cartel deste ano...
Animádevos a participar con nós!

martes, 4 de marzo de 2025

ARGALLANDO NO ENTROIDO

Chegou o entroido a Seixo, e este ano enchémolo de ciencia cuns disfraces feitos con moito traballo e ilusión, poderíamos facer unha comparsa con estes disfraces tan impresionantes!!


Un ano máis saímos a compartir o entroido coas familias e coa xente de Seixo nun desfile que desfrutamos un montón: rimos, cantamos, bailamos...! E por suposto rematamos o desfile cunha merendola chea de delicias de entroido feitas polas familias: para chupalos dedos!


Na praza de Seixo deleitamos a todas as familias e ao vecindario coa nosa canción especial de entroido que tanto ensaiamos para este día!
 

O ano que ven: máis e mellor!!

mércores, 19 de febreiro de 2025

ENTROIDO 2025: CHEGA O MANDADIÑO!

Un ano máis está a piques de chegar o ENTROIDO ao Cole de Seixo e con el as tan esperadas ordes do MANDADIÑO.
Compartimos con vós o cartel deste ano e todas as ordes para que as teñades en conta...


ORDES DO MANDADIÑO





venres, 23 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024: SEIXO CHEO DE VIDA

O entroido chegou a Seixo e o alumnado encargouse de enchelo a tope de vida, coa fauna e flora máis fermosa nunca vista. Mirade que fermosura de disfraces: canto traballo!!

Para lucir os disfraces como merecían, fixemos unha actuación moi especial na que toda a fauna e flora de Seixo se uniu contando unha fermosa historia narrada por Noa, que o fixo fenomenal!!

E por suposto toda a fauna e flora saíu a pasear polos arredores do cole. Acompañáronnos as familias, moitas tamén traballaron duro facendo os seus disfraces, graciñas!!

Por suposto non faltou unha boa papatoria na que chupamos os dedos coas cousas tan ricas que nos mandaron as familias. Graciñas, un ano máis, ás nais da ANPA Abelendos que viñeron a axudar coa merenda e invitaron a todo o alumnado a uns refrescos. 

SIGAMOS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!

martes, 30 de xaneiro de 2024

mércores, 22 de febreiro de 2023

DESFILE DOS SÚPER ERRES

Por fin, despois duns anos ben rariños, puidemos recuperar a festa do Entroido ao 100% e os Súper Erres percorremos, con moita ilusión, as rúas de Seixo. 

Ser un súper heroe tan lucido non é sinxelo: hai que xuntar moito cartón, periódicos usados, teas vellas, tapóns... e ser súper artistas como as nenas e nenos de Seixo, que fixeron os seus traxes con moooooito traballo!


Moitas ERRES en acción: reutilizar, reciclar, recuperar, rediseñar.... e así saíron tantos súper hereínas e súper heroes cargados de superpoderes para coidar a natureza!


Por suposto a festa non sería o mesmo sen a ANPA máis molona do mundo mundial, elas tamén son unhas súper heroínas con moito estilo e bo rollo!!! Graciñas unha vez máis pola vosa axuda!


Os súper profes tamén traballaron moito nos seus disfraces: pedazo equipazo!


Graciñas a todas as familias que nos acompañastes no desfile: os vosos traxes molaban moito! E grazas tamén ás que non puidestes vir pero que vos houbese gustado! Todas sodes unhas súper familias!!
Aquí vos deixamos un vídeo deste día tan chulo!

mércores, 2 de marzo de 2022

CELEBRANDO O ENTROIDO VASCALLEIRO

Este ano estamos recordando moitas cousas dos 50 anos do cole, e co entroido non podía ser menos. Investigamos como se disfrazaban cando non se vendían traxes, caretas.... e por iso nos lanzamos a facer o Entroido Vascalleiro. O noso querido Vilas visitounos co seu amigo Anton e a burra Chirica, todos membros da Asociación Ronsel.  

Neste día de festa baixamos todos xuntos a merendar no patio e fixemos un recreo especial. Que guapos estábamos con eses traxes raros e divertidos que fixemos collendo cousas que tiñamos na casa!!

Clase 3 anos

Clase de 4 anos

Clase de 5 anos

Clase de 1º

Clase de 2º

Clase de 3º

Clase de 4º

Clase de 5º

Clase de 6º

O desfile foi encabezado por Vilas e Antón, xunto coa burra Chirica. As veces chamámola Marisa, porque foi a primeira burra que comezou o entroido vascalleiro en Seixo hai moooooitos anos....
Os nenos e nenas de 6º pecharon o desfile no seu último entroido no cole. 


Despois do desfile tivemos un tempo de xogos musicais...


...pasámolo pipa!


O ano que ven... máis e mellor!!!