mércores, 29 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE

O día 21 de marzo, o día da poesía, celebrouse tamén o día da árbore. Como a chuvia non nos permitiu facer o que tiñamos planeado, deixamos pasar uns días ata que nos visitou o solciño.


Os carballos con botas foron os protagonistas desde día tan especial que compartimos xuntos todo o alumnado e o profesorado do cole. 


Na exposición de recomendacións lectoras, situada na entrada da biblioteca, podedes ver contos sobre árbores, libros de información, curiosidades... están desexando visitar as vosas casas!



E falando de árbores, de carballos, de botas... lembrámonos de Anxo Moure: o Carballo con Botas. Dende a súa casa das árbores, en Garabelos, chegaron as botas que nos acompañaron nesta celebración. 


Estivemos vendo algunhas fotos e vídeos da súa última visita (podedes velos premendo na foto) 


E despois de tantos bos recordos escoitamos o conto de Anxo: "O Carballo con botas", nunha fermosa presentación con sombras chinesas:


E despois do conto recibimos unha gran sorpresa, un vídeo de Anxo para todos nós... que ilusión!

  

Gaspar, o papá de Fuco e Lúa, foi o convidado especial deste día. El é un experto en árbores, bosques... Xa nos visitou noutras ocasións para contarnos moitas cousas sobre as plantas.
Grazas Gaspar pola túa axuda, por estar sempre disposto e por contarnos cousas tan interesantes!




Gaspar, coa axuda do profe Jorge que é o noso experto en árbores e plantas, dirixiu a plantación coa que rematamos esta festa das árbores que nos deixa tres carballos no cole: dous que plantamos no patio e un que medra na bota (que pronto transplantaremos). 
Aquí vos deixamos algunhas fotos da plantación ao ritmo de Paco Nogueiras coa súa canción: "Cos pés na terra" que lle vai perfecta a este día!


Día da árbore 2017 by Slidely Slideshow

xoves, 23 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA CUNHA GRAN POETISA

O 21 de marzo celebramos o día da poesía,e non o podíamos facelo de mellor maneira que compartindo poemas coa poetisa de Marín: Josefa Area Moreira, unha muller fantástica que nos encandilou a todos.


Compartiu os seus poemas e algún de Rosalía, e tamén estivo aberta a todas as preguntas dos nenos e nenas que querían saber cousas da súa vida e dos seus poemas.
Os nenos tamén quixeron recitarlle a ela algún poema e por suposto deixou a súa pegada no libro de visitas da biblioteca.
Aquí vos deixamos algunhas fotos de recordo desta inolvidable visita: que afortunados somos os Marinenses de ter tan cerca esta xoia!


Por suposto non quixemos perder a oportunidade de entevistala na radio do cole, desfrutade escoitándoa porque paga a pena. 




Moitísimas gracias por todo Josefa e tamén por endulzarnos: eres estupenda!

AS TICS NAS AULAS

Quen dixo que non pode ser divertido preparar un exame? Os nenos e nenas de 4º preprararon mapas conceotuais coa axuda dos iPads para preparar o exame de sociais. 


Repasar os conceptos, colaborar cos compis, traballar coas novas tecnoloxías.... 

martes, 14 de marzo de 2017

MULLERES QUE DEIXAN PEGADA

Para celebrar o día da muller, os nenos e nenas de 4º recibiron unha visita moi especial: Fina Moreira.



Esta mestra xubilada de Marin visitounos para mostrar a súa nova actividade.

Reproduce obras doutros artistas dándolle a súa visión. Está neste momento con Van Gogh, os materiais que usa son os mesmos plastidecor que usamos no cole!
Para ela é un pasatempo e para os demais un desfrute ver a súa arte.


Visita Fina Moreira by Slidely Slideshow


Porque o mundo que queremos é un mundo artístico onde as mulleres teñen as mesmas posibilidades de demostralo. Grazas Fina pola túa visita e polo teu exemplo.
A partir de agora buscaremos outras artistas de Marín, de Pontevedra... galegas! Tamén entre as avoas nais e tías dos alumnos.

luns, 13 de marzo de 2017

OS PROFES TAMÉN VAN A CLASE!

Os profes xuntámonos para aprender xuntos sobre un tema moi importante, que nos preocupa a todos os que temos nenos e nenas ao noso cargo: os primeiros auxilios. 



Tivemos un profe excepcional: Toño, o pai de Pablo e Toño, que é medico nas ambulancias do 061, ofreceuse a darnos esta formación. 



Mil grazas a Toño pola súa cercanía transmitindo toda esta información tan importante para todos nós. 



Esperamos que o único RCP que fagamos sexa cos bonecos!

xoves, 9 de marzo de 2017

mércores, 8 de marzo de 2017

COMEZA A SEMANA DA PRENSA

Estamos inmersos na semana da prensa con ganas de encher un mural que nos está facendo reflexionar sobre as cousas que queremos ou non queremos no mundo. 

 

Nas aulas estamos lendo e analizando a prensa escrita... mirade os de 4º que concentrados! 






Ogallá puidésemos eliminar todas esas noticias negativas da prensa... pero empezar por concienciarnos e un gran paso.