venres, 30 de decembro de 2022

MAXÍN DE AVENTURAS!

Un ano máis, os Equipos de dinamización lingüística do Morrazo elaboramos unha guía chea de ideas para facer agasallos en galego: libros, música e incluso xogos, organizados por idades. Jhosua XanBreo foi o ilustrador que este ano se encargou de darlle vida ás guías. Joshua é o propietario de "Gáidil", un espazo friqui, en Bueu, que é unha tenda de cómics e unha aula creativa na que da clases de debuxo, pintura, cómic e ilustración para nenos e maiores. Premede na ilustración se queredes coñecer un pouco máis sobre Gáidil.


O día 22 todo o alumnado levou para casa a súa guía, a cal inclúe recomendacións para adultos, que esperamos que vos resultase útil. Deixámola tamén por aquí por si queredes compartila, que aínda hai que darlle ideas aos reis.
Está é a de infantil:


A de primaria:


A de secundaria:

xoves, 29 de decembro de 2022

ACTIVIDADES ESPECIAIS DE NADAL

Ademais do festival de Nadal que xa compartimos con vós (premede AQUÍ si queredes velo), a última semana de clase tivemos moitas actividades especiais para todo o alumnado, dende 3 anos ata 6º, encántanos o Nadal!
O día 20 a chuvia deunos unha tregua e puidemos desfrutar do tren do Nadal que o concello mandou ata Seixo para facernos pasar unha mañá diferente e divertida.

O día 21 a hora da merenda foi moi especial, sobre todo porque foi compartida, e encántanos montar unha mesa común e compartir as nosas merendas: así saben mellor!


O último día a ANPA fixo chegar a todos os socios un agasallo moi especial que nos axudará a seguir RqueR: unhas tazas personalizadas (cos nomes) para usar nos días especiais e evitar usar vasos de tirar, encantáronnos!!


Para estrealas, a ANPA endulzounos cun rico chocolate con churros co que, literalmente, chupamos os dedos.

 

E non podíamos despedir o trimestre sen unha visita máxica que nos fixo mooooita ilusión. Mamá Noel pasou polo cole a saudarnos e repartir máis emoción e ilusión nestes días tan especiais.

 

Graciñas a ANPA Abelendos porque sen elas nada disto sería posible: sodes as mellores!

mércores, 28 de decembro de 2022

FESTIVAL DE NADAL 2022

Despois destes anos, nos que non puido ser posible, por fin nos puidemos volver a xuntar e desfrutar do Festival no cole. Que alegría tan grande poder compartir con todas e todos vós esta tradición!
Non queremos perder máis tempo así que por aquí vos deixamos xa a actuación dos máis pequeniños do cole...
Un coro anxelical que trae para nós...
O PELO ROXIÑO
Cambiamos agora de estilo e temos para vós unha danza. Un baile que van facer as nenas e nenos de 2º de primaria e que eles mesmos vos van presentar...
As nenas e nenos da clase de 4 anos vanvos cantar agora unha panxoliña. Para todas e todos vós... 
A CAMPÁ QUE RESOA
A continuación o alumnado de 4º de primaria, acompañados do profe Tano, van cantar unha panxoliña "OS REIS DE ORIENTE" unha panxoliña cunha letra mli divertida, prestade moita atención!
MARCHEMOS ALEGRES é o título da panxoliña que teñen preparada para todas e todos vós as nenas e nenos da clase de 5 anos...
Ides poder presenciar agora un dos bailes máis típicos destas festas de Nadal a cargo das nenas e nenos de 5º de primaria... 
ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU
A LUZ DO NADAL é a panxoliña que teñen preparada as nenas e nenos de 3º de primaria. desfrutádea!
Agora é o turno das nenas e nenos de 1º de primaria que traen, para todas e todos vós, unha panxoliña mi divertida... Ollo porque parece ser que hai un incendio! 
BOMBEROS A BELÉN
Durante o Festival fixemos unha pequena parada para facer un sorteo dunha cesta de Nadal. Como todas e todos saberedes as nenas e nenos de 6º de primaria marchamos á volta das vacacións de Nadal a esquiar a Leitariegos (León), unha viaxe de fin de etapa moi moi especial que xa temos moitas ganas de que chegue...
Por aquí vos deixamos o sorteo no que o número premiado resultou ser o... 1.317
E por aquí a foto oficial da entrega da cesta... na que a gañadora resultou ser Carmen (avoa de Carlota da clase de 6º de primaria). E como ela non puido estar presente, a súa filla Nati (mamá de Carlota) foi a encargada de recollela...
QUE A DESFRUTEDES!!!
E imos chegando ao final do Festival que con tanta ilusión vos preparamos... Temos agora para vós a actuación da nosa clase de 6º de primaria. Unha actuación diferente na que dun baile titulado FELIZ NAVIDAD a ritmo de merengue quixemos facer con todos os asistentes unha super masterclass de zumba... Desexamos que vos guste!
Que ben o pasou o público! 
E como xa empeza a ser tradición o Festival, un ano máis, non podía rematar sen a actuación das mamás da nosa ANPA Abelendos que un ano máis nos quixeron sorprender cunha panxoliña tradicional totalmente adaptada á actualidade. Por aquí vola deixamos!
E por último, e non contábamos con esta actuación, os profes do cole quixeron sorprendernos cunha panxoliña e cantaron e tocaron para todas e todos nós CAMPANA SOBE CAMPANA cunha letra moi adaptada ao RqueR deste ano...
Desexamos que desfrutárades un montón!
FELICES FESTAS!

luns, 26 de decembro de 2022

AMIGO INVISIBLE EN 6º

O alumnado de 6⁰ tivo a iniciativa de facer un "amigo invisible" RqueR, aproveitando e reciclando materiais para crear obras artísticas e pequenos detalles para regalarlles aos compañeiros e compañeiras.
Que orgullo de nenos que, ademais de ser comprometidos co medio ambiente e co proxecto de reciclaxe, son un claro exemplo de xenerosidade, compañeirismo e amizade. Recórdannos a importancia do valor de dar e compartir... e é que non só o alumnado aprende no cole, senón que os maiores tamén aprendemos dos pequenos. 
Noraboa rapaces!!

sábado, 24 de decembro de 2022

BO NADAL RqueR!

Alumnado, conserxe, limpadoras, ANPA, persoal do comedor, plan madruga, profesorado... todos e todas os que formamos o CEIP de Seixo deixamos a árbore do cole cargada cos mellores desexos. Esperamos que se repartan por todo Seixo, por todo Marín... polo mundo enteiro!!


Un Nadal RqueR, un Nadal que nos fai soñar e no que, incluso unhas botellas que irían directas ao lixo, acaban convertidas nunha marabillosa árbore colaborativa: BO NADAL!

sábado, 17 de decembro de 2022

OBRADOIROS NO RECREO: UN NADAL RQUE R

Este mes, os obradoiros no recreo, dedicámolos a facer adornos de Nadal para poñer o cole preciosísimo!! Por suposto, fixemos adornos de Nadal con material de refugallo, porque é posible facer cousas chulísimas sen ter que mercar material. Así que, todos os que quixemos, apuntámonos para facer arte reciclada nos recreos... e que ben o pasamos!

luns, 12 de decembro de 2022

CINE DE NADAL

A semana pasada foi unha semana moi rara, con 2 festivos polo medio. Aproveitando que era unha semana especial, nós quixemos convertela nunha semana especialmente especial facendo actividades diferentes, que ademais estamos en Nadal e o corpo pide celebracións.


Foi unha gran festa a saída que fixemos, porque pechamos as portas do cole e todos xuntos, dende 3 anos ata 6º, marchamos ao cine a ver unha peli. Ademais, recollendo unha das propostas que fixo o alumnado no consello de nenos, os maiores foron acompañando ao alumnado de infantil, e foi realmente un acerto facendo o día aínda máis especial. Que emocion saír todos xuntos, que alegría compartir as actividades especiais. Pasámolo pipa!


Realmente somos afortunados pola situación do noso cole, non so temos cerquiña moita variedade da natureza: río, praia, monte... pero tamén o cine, o mercado, correos, supermercado....


E non nos queremos olvidar de dar as gracias, unha vez máis, a ANPA Abelendos que financiou parte da entrada aos socios.

sábado, 10 de decembro de 2022

FACEMOS GALLETAS

O alumnado de 2º e 4º de primaria elaborou esta semana varias receitas de galletas. 
Para iso o lantes preparamos os ingredientes que traballaron tamén en inglés
O luns repartimos todo en 4 equipos,  estimamos canto podía custar cada lista da compra, e... saímos ao supermercado.
O mércores xa con todos os ingredientes preparamos as 4 receitas de galletas (unha delas en inglés). Quedaron todas deliciosas.



venres, 9 de decembro de 2022

CONSELLO DE NENAS E NENOS

Por fin chegou o día do primeiro Consello de nenas e nenos deste curso: tiñamos moitas ganas e moito que falar. Dous representantes de cada clase xuntámonos co equipo directivo, con Tano, Graciela e Ana, para contarlles o falado nas asembleas de cada clase... e o tempo pasounos voando!


Segundo a orde do día comezamos falando de propostas para facer todo o cole no noso proxecto R que R e saíron ideas moi boas e prácticas para levar a cabo entre todos.
 

Despois falamos sobre os obradoiros nos recreos, unha novidade deste curso que todos valoramos positivamente, porque nos encantan, tanto que tiñamos un montón de propostas novas!


Tamén falamos sobre o funcionamento do cole, valorando as cousas boas e vendo as que se poden mellorar.


Sempre levamos ideas e propostas ás que costa resistirse, porque temos ideas fantásticas e moitas inquedanzas... e encántanos que nos escoiten e dean valor as nosas propostas.


Os peques tamén van cargados de ideas e propostas para mellorar o cole.
 

Unha das cousas nas que coincidimos peques e maiores, é que queremos facer aínda máis cousas xuntos, axudarnos un aos outros... os pequenos queremos estar cos maiores e os maiores queremos axudar cos pequenos, e do consello sacamos algunhas propostas prácticas.

O consello tamén nos serve para preguntar porque algunhas cousas funcionan de determinado xeito e axúdanos a entender cousas que sin preguntar non entenderíamos. Que importante preguntar cando hai dúbidas!

Melloras para o patio, para a biblioteca, ideas para saídas, formas prácticas de coidar a contorna do cole, ideas para estar xuntos e desfrutar máis aprendendo... que delicia escoitarnos uns aos outros!! Agora temos moito que transmitir aos nosos compis.

xoves, 8 de decembro de 2022

MES DA CIENCIA

Novembro é o mes da ciencia e a nós encántanos investigar, experimentar... así que non perdimos a oportunidade de celebralo como se merece: experimentando!! Aproveitamos os obradoiros dos recreos para poñernos mans á obra. 

O alumnado de primaria experimentamos cun fluido non newtoniano, vamos que non cumple as caracteristicas dos fluidos que dicía Newton (como a auga). Un fluido moi extraño que si o tocas con suavidade é liquido pero si lle das con forza é duro!

Fixémolo reutilizando vasos de iogur así que o levamos para compartir na casa... é un fluido alucinante!!

Os peques investigamos porque se bota sal na carreteira cando hai xeo, e coa axuda de sal e auga de cores buscamos uns tesouros agochados no xeo... que emocionante!!!


VIVA A CIENCIA, EN NOVEMBRO 
E TODO O ANO!

sábado, 3 de decembro de 2022

I RASTRILLO DE ROUPA USADA

Se premedes AQUI podedes ler a importancia do que se fixo o outro día no cole. O I rastrillo de roupa usada foi todo un éxito. Ademais de darlle unha nova vida a moitas prendas de roupa, pasamos unha tarde moi agradable compartindo tempo entre as familias. Entre todos seguimos RqueR!

En Seixo tamén queremos textis circulares e sostibles, porque os residuos están pasados de moda!

xoves, 1 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN

Na semana do Samaín seguimos celebrando o día das bibliotecas e por iso decoramos as portas das aulas con portadas dos contos máis terrorificamente divertidos, e queremos compartir todas as portadas con vós e de paso recomendarvos todos estes contos que nos encantan y igual vos damos algunha idea para os agasallos de Nadal.