Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de marzo de 2021

MULLERES POLA SAÚDE

Hoxe presentámosvos a actividade principal en torno a que xirou o Día Internacional da Muller e a Semana da Prensa no noso cole.
Todas as nenas e nenos do cole transformámonos en periodistas de investigación científica...
Cando estamos a piques de cumplir un ano daquel confinamento que ía cambiar as nosas vidas... e non querendo esquecernos deste curso marcado polo coronavirus..., quixemos centrar as nosas investigacións en 9 mulleres que traballaron incansablemente pola nosa saúde...
Por aquí vos deixamos esta montaxe... Que a disfrutedes tanto como o fixemos nós preparándoa!

luns, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

No Cole de Seixo queremos desexarvos a todas e todos un moi bo e...
FELIZ DÍA DA MULLER!
Arredor desta data e nunha das actividades organizadas polo noso Concello de Marín estivemos dándolle á cabeciña para buscar un lema do noso banco. O resultado xa o podedes comprobar vós mesmos...
SOMOS IGUAIS, 
SOMOS AMIGOS E AMIGAS
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con todos os grupos do cole arredor del... buscarémoslle un lugar privilexiado no patio dos nosos soños...
Noutra actividade pola igualdade e grazas a PEDRO BRANDARIZ CONTA CONTOS...
desfrutamos dunhas historias moi divertidas...
a igualdade nos contos a través das adaptacións en galego de...
"UN FANTASMA EN APUROS"
"CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO"
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe desta actividade...

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Dende o ano 2015, o 11 de febreiro, celebrase internacionalmente o “Día da muller e a nena na ciencia”. Este día instaurouse para rematar coa desigualdade de xénero que se pode ver neste ambito.

Imaxe de Pakolas (premendo nela iredes directos ao seu último traballo)

Esta conmemoración serve para lembrar o papel fundamental que as mulleres e as nenas xogan na ciencia, co obxectivo de promover a súa participación plena e equitativa. A desigualdade non está nas nenas: a elas encántalles a ciencia e moitas teñen vocacións científicas, máis que os nenos segundo din as estadísticas, pero a medida que se incorporan ao mundo laboral, van aparecendo as desigualdades... como noutros ámbitos. 


Onte mesmo, a Real Academia Galega de Ciencias anunciou o recoñecemento de Jimena Fernández de la Vega (Vegadeo, 1895-Santiago de Compostela, 1984) como Científica do ano 2021. Desde o ano 2008 que se outorga este recoñecemento, de la Vega é a segunda muller homenaxeada, despois da oceanógrafa Ángeles Alvariño (no 2015).


Compartimos este vídeo da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da universidade da Coruña, para celebrar este día co alumnado de primaria. Nel participaron investigadoras da universidade para dar a coñecer, dun xeito sinxelo e próximo, a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas moi interesantes.
Algúns xa o viron en clase... podedes velo en familia, proximamente seguiremos traballando con el.

 

Para as familias deixámosvos un artigo moi interesante sobre este tema, da divulgadora galega Deborah García. Podedes acceder a el premendo AQUÍ

sábado, 30 de xaneiro de 2021

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Bo día!
Hoxe queremos compartir con vós un traballo enorme que estiveron facendo as nosas nenas e nenos ao longo desta semana!
Moito traballaron!
Este ano non se puideron facer actividades como noutras ocasións pero cada un dende a súa clase puido desfrutar e celebrar a Semana Pola Paz...
Unha semana de curtas, de conversas moi interesantes, de actividades plásticas, búsqueda de información sobre mulleres que traballaron ao longo da súa vida pola paz...
En fin... de pequenos proxectos que se xuntaron porque xuntos podemos construír a paz!
Por aquí vos deixamos un par de vídeos para que poidades ver vós mesmos os resultados!

xoves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Dende o Departamento de Orientación queremos compartir con todas e todos vós a celebración do día de hoxe, por iso vos dicimos ben forte... 
FELIZ DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
E queremos compartir a seguinte iniciativa con vós  para que todos os que queirades a fagades nas vosas casas e sigamos decorando ventás, balcóns... 
Que esta celebración, aínda que sexa dende as nosas casas, non nos pare como sociedade!
Como facer un molinete? Por aquí vos deixamos as instruccións!
Todas as fotos desta entrada son sacadas dun cartel 
elaborado por ARASAAC
(Autor dos pictogramas: Sergio Palao)
Animádevos!

luns, 9 de marzo de 2020

ADIVIÑA QUEN SON

No marco das actividades organizadas polo noso cole arredor da celebración do...
8-M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
vimos de desfrutar da actividade...
"Adiviña quen son"
Unha actividade organizada para os centros de Marín polo noso concello na que o pasamos moi ben e desfrutamos moitísimo...

Foron aparecendo diferentes personaxes ataviados coas súas vestimentas de traballo e nós tivemos que adiviñar de que se trataba...

Rompendo estereotipos en clave de humor...


Por se queredes ver máis fotos e comprobar de primeira man o ben que o pasamos por aquí vos deixamos unha montaxe...


domingo, 8 de marzo de 2020

FELIZ DÍA DA MULLER

Dende o cole de Seixo queremos desexarvos un feliz 8-M a todas e todos...
O noso centro uniuse ás propostas que nos achegou o noso concello a través do CIM. Por iso compartimos con vós está viñeta coa que estivemos traballando...
Cada un de nós levou un caderno de notas, coma éste, para a súa casa. Nel poderemos apuntar todo e así non esquecernos de nada...
O venres levouse a cabo dende 
un programa especial adicado a esta conmemoración... 
Durante o recreo emitiuse en directo e desfrutamos moito... 
Un programa repleto de cancións dirixido por Mateo... 
Por aquí vos deixamos o enlace...

Mañá luns recibiremos a visita dunha compañía de teatro para traballar este tema. 
Estade atentos porque vos contaremos máis cousiñas...

martes, 11 de febreiro de 2020

EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS

FELIZ 
DÍA INTERNACIONAL 
DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Nunha actividade organizada a través do Plan de Igualdade tivemos a sorte de poder desfrutar, no noso cole, do equipo de...

A través de...
EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS
puidemos aprender das grandes aportacións á ciencia feitas por mulleres moi pouco recoñecidas.
Mirade algúns exemplos...



Desfrutamos dunha pequena exposición itinerante chea de ciencia...



Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con algunha das experiencias que puidemos aprender...
E tamén podedes ver máis fotos da actividade no seguinte vídeo...

mércores, 11 de decembro de 2019

A XANELA DO MAXÍN

No cole puidemos participar nunha actividade moi especial coa visita de.... "A XANELA DO MAXÍN"
Dúas sesións de contacontos, nas que participamos todo o alumnado do centro, para traballar a IGUALDADE, que se chamaron...
U-LA LÚA?

Unha historia onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade...
A gatiña LÚA non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, máis ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar...
A igualdade e a non violencia xuntos da man nunha historia moi fermosa... Sendo a gatiña Lúa un exemplo de constancia e valentía.

Por si vos apetece ver máis fotos desta actividade.... Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo...

luns, 26 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas amiguiños! Hoxe queremos compartir con todas e todos vós a celebración especial que tivo lugar no noso cole, no día de hoxe, con motivo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Este ano, e botando man da temática das Bibliotecas Escolares, para este curso 2018-2019, Poéticas Diversas, quixemos relacionalo coa violencia de xénero e traballar nas nosas aulas unhas cancións.
Porque as cancións son poesías, poesías especiais con música nas que, en moitas delas, están presentes temas en contra da violencia de xénero.
A continuación podedes ver o resultado do noso traballo! Desexamos que vos guste!
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!