sábado, 29 de abril de 2023

BASURALEZA PARA COIDAR A TERRA

O 24 de abril foi o DÍA DA TERRA e este ano, que estamos RqueR, quixemos facer unha acción conxunta especial, na que nos involucramos todo o alumnado e o profesorado. Para coidar a terra temos que comezar polo que temos máis cerca, así que as brigadas recicladoras saímos con moitas ganas a limpar o entorno do cole.
O alumnado de infantil encargouse de limpar as carballeiras máis próximas ao cole, esforzáronse un montón por non deixar nin un papel no chan e remataron compartindo un pícnic moi merecido.
   

O alumnado de primaria dividiuse en dous grupos: 1º, 2º e 3º encargáronse de limpar a ruta das Avesadas, e o alumnado de 4º, 5º e 6º a ruta da Bexa. Fixeron un gran traballo e encheron moitos sacos de lixo, ata recolleron mobles que estaban tirados en medio das rutas!
 

Un gran traballo dos SUPER ERRES!!!

venres, 28 de abril de 2023

VISITA A INNOVART!!

De novo tivemos visita cultura. Nesta ocasión a Innovart 2023: un evento de promoción das ensinanzas artísticas, de  idiomas e deportivas na Cidade da Cultura. Tivemos a posibilidade de  visitar a exposición, participar en algunha actividade interactiva e deportiva, escoitar  concertos preparados para a ocasión e asistir a actuacións en directo.

Aquí podedes ver un resume da nosa visita. 

Foi unha xornada distinta pero especial xa que voltamos coa sensación de que o importante é  que "tes que estudiar o que che gusta".

martes, 25 de abril de 2023

ABRIL DOS LIBROS

Ola amigos e amigas da casa de Arnaldo:
Dende o Día do Libro ata o Día das Letras Galegas estámonos a xuntar na biblioteca na Hora de Ler. "AGORA CONTA TI" é unha actividade na que alumnos e alumnas,  de xeito voluntario, contan un conto a outros compis.
Esta semana tocoulle o turno a:
- Laura, Daniela e Yaiza, de 3º, que nos contaron: "Adivina cuanto te quiero"
- Eva e Clara de 4º con: "Pepita es especial"
- Alumnos e alumnas de 4 anos: "La oruga glotona"

Aquí  tendes unha mostra do ben que o fixeron.

luns, 24 de abril de 2023

ERRE QUE ERRE NA SEMANA DO LIBRO

Unha das semanas máis especiais do ano é a semana dos libros, e, un ano máis, desfrutámola a tope.
Ademais das actividades que se fixeron en cada aula, fixemos dúas, para todo o alumnado, que foron moi especiais. 
Unha delas xurdiu pensando como facer que fose unha semana RqueR. A proposta consistía en buscar libros que tiñamos na casa aos que xa non lle facíamos moito caso e darlles unha nova vida facendo un amigo invisible. Todos trouxemos libros, empaquetados con xornais e papeis vellos, e todos levamos un libro para casa. Moitos libros comezaron unha segunda vida!!!


E por fin, cun curso que comezou sen restricións, puidemos volver a facer o apadriñamento lector que tanto desfrutamos, no que os maiores contaron contos aos pequenos e xuntos fixeron ilustracións. Foi unha actividade preciosa nun marco marabilloso como é o noso patio. Somos moi afortunados.
 

venres, 21 de abril de 2023

VISITA A FP INNOVA

Visita a FP INNOVA: Congreso de innovación na formación profesional, organizado pola Xunta de Galicia que invitou a centros que imparten FP.
Acudimos a Gaiás, cidade da cultura de Santiago, onde participamos en diferentes talleres na Tecno-aula, na aula Biotech e na Grafi-aula.
Divididos en grupos, fomos pasando polos diferentes stands da zona expositiva, onde nos explicaron os prototipos e as maquetas que nos chamaron moito a atención. Nalgunhas puidemos subir para ver como funcionaban.
E como non, repetimos moitas veces na gastro-aula, xa que as galletas, biscoitos e refrescos estaban moi saborosos, ata que nos dixeron que non podíamos seguir repetindo, así que tivemos que saír para tomar a nosa merenda!! Unha mañá diferente e moi interesante!

mércores, 19 de abril de 2023

O CARTEIRO CHEGA Ó PRIMEIRO CICLO

O alumnado de 1º e 2º do cole de Seixo está facendo este curso un intercambio postal con 2 coles.
Os nenos e nenas de 1º de EP estanse a cartear cun colexio de Madrid, mentras que o alumnado de 2º de EP cun colexio de Vimianzo (A Coruña).
Aínda queda un intercambio máis. Xa vos contaremos as sorpresas.

xoves, 13 de abril de 2023

NOVIDADES EN ABRIL!!

Ola a todos e todas, 

Son Diego, e hoxe tócame a min contaros as novidades da nosa biblioteca.



Arnaldo está esperando por vos!!!

mércores, 12 de abril de 2023

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (4ª TEMPADA_9)

Dende A VOZ DE ARNALDO facémosvos unha nova entrega de...
Por aquí vos deixamos o programa do día de hoxe...
9º PROGRAMA
 DEDICATORIAS:
- "Shakira con BZRP" especial para todas e todos os que a pedistes no cole que fostes unha morea.
- "La roja baila" que Luca lle dedica ao profe Óscar.
- "Dakiti" que Dani lle dedica a Diego.
- "Titi me preguntó" que Reda lle dedica a Eva, Nikela e Olivia.
- "Quédate" que Sofía lle dedica a Uxía.
- "Te boté" que Diego lle dedica a Dani.
- "A punto caramelo" que Roi lle dedica a Brais.

luns, 3 de abril de 2023

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023

MARTÍN CÓDAX

Este ano 2023 o día das artes galegas, que se conmemora o día 1 de abril, adícase ao trobador vigués Matín Códax.
O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un traballo de investigación que espuxo a compañeiros e compañeiras de diferentes aulas do centro. Este foi realizado tendo como referencia a unidade didáctica sobre Martín Códax da coordinadora de equipos de dinamización da provincia da Coruña.
A continuación amosamos a montaxe de vídeo coas exposicións e os traballos plásticos individuais para apoio visual.