Amosando publicacións coa etiqueta suscripcion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta suscripcion. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de novembro de 2018

NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA

Chegou a nosa biblio unha nova revista que nos encanta. 

Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.
ARTHIS é unha revista de arte e historia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto.

Cada número terá 20 páxinas monográficas nas que, cando entredes na súa lectura, atoparedes información histórica contada de forma divertida, cunha linguaxe sinxela e directa. 
Os textos están ilustrados e compleméntanse con mapas dos lugares nos que transcorre a acción.

HÓNIX, unha mascota diseñada polo ilustrador Álvaro Ortega, acompañaravos en fascinantes viaxes a través do tempo e do espacio. 
Ollo porque irá cambiando de indumentaria en cada número.

Un cómic do debuxante Adrián Peláez ofrecerá unha aproximación gráfica aos personaxes relevantes do pasado dunha maneira graciosa e humorística que vai facer que aprendades e reforcedes coñecementos adquiridos. 
Estade atentos porque ARTHIS vaivos poñer a proba nunha sección de pasatempos, xogos e preguntas e respostas para valorar o que aprendestes e para que teñades unha aproximación divertida ao coñecemento histórico e artístico.
Poderedes comprobar que cada número se vai pechar coa biografía dun protagonista imprescindible en formato dun perfil nas redes sociais.

luns, 9 de xaneiro de 2017

NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA

Chegou a nosa biblio unha nova revista que nos encanta. Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.


En canto descubrimos a revista PRINCIPIA KIDS non dubidamos en suscribirnos, é unha revista de ciencia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto, como os seus creadores din, Principia Kids é Ciencia e Ilustrailusión.


Premendo na imaxe iredes directos a súa web na que, dende fai anos, publican artigos de ciencia para adultos, e relatos de ciencia para nenos.
"Principia Kids é unha publicación de ciencia, e polo tanto tamén de cultura, para nenos de 0 a 99 anos. A través de contos e historias, exquisitamente ilustradas, sobre natureza, dinosauros, estrelas, experimentos ou robots, Principia Kids fai accesible e ameno o coñecemento científico aos máis pequenos."



O formato é máis o dun libro que o dunha revista e o seu tamaño máis pequeno resulta moi manexable.

Limos un artigo sobre ela que di: "Contén experimentos, receitas, xogos para atopar as diferenzas, un cómic, e incribles historias que, coma se dun conto tratásese, axúdannos a coñecer temas complexos como o ADN, as rochas ou o arcoiris". Podedes ler este artigo completo no blog de MAMA CONTRACORRIENTE, alí fai un bo resumo da revista, de que trata, idades ás que está dirixida....



Queredes coñecer a historia de Principa? pois premede na imaxe... porque as historias teñen que ser contadas dende o seu inicio...


Primeira revista de ciencia en español para nenos:

Ciencia + Ilustrailusión... 
...verdade que estades desexando vela?

martes, 29 de novembro de 2016

O PAPAGAIO: XORNAL PARA NENOS NA BIBLIOTECA

O Grúfalo da nosa biblio ven presenta unha novidade nos estantes da biblioteca: o xornal O PAPAGAIO.
É un novo xornal en papel, pensado especialmente para nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Cada ano desfrutaremos de 10 números deste vistoso xornal que nos encanta porque esta escrito integramente en galego e coas súas páxinas a toda cor.


Edicións moito conto publica este xornal con temas de actualidade centrado especialmente en: ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. 
No xornal colaboran varios científicos, expertos en arte... e proporán experimentos e actividades practicas que poderemos facer os lectores do xornal.
Se premedes nesta imaxe poderedes ler algo máis sobre o contido do xornal.


Mirade o anuncio do primeiro número:

Se premedes na portada do número 1 poderedes lelo:



Xa temos os números 1 e 2 na biblio, pasade a velos... tamén os podedes levar para casa!