domingo, 22 de novembro de 2020

2020: O ANO DE BEETHOVEN

En 2020 celebrouse o 250 aniversario do nacemento dun dos compositores máis importantes da música: Ludwig van Beethoven.

Este incrible músico alemán tamén foi famoso pola súa xordeira... aínda máis impresionante compoñer sen poder escoitar!


O ano 2020 estivo cheo de conmemoracións e actos especiais por todo o mundo dedicados a el... e en Seixo non íamos a ser menos!


Noelia, a mestra de música, fixo con nós este proxecto no que participamos todo o alumnado, porque non deixamos de buscar formas de aprender xuntos a pesar das distancias.


Todos levamos botóns para facer as teclas do piano de Beethoven y despois aportamos o noso talento artístico... que como vedes temos un montón!



venres, 20 de novembro de 2020

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro é un día moi especial para todos os nenos e nenas do mundo.


O 20 de novembro de 1959 aprobouse a declaración dos dereitos dos nenos de forma unánime por todos os países da ONU, a cal recollía 10 principios básicos, pero ademais, o 20 de novembro de 1989 firmouse a Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno, con 54 artigos.
Sabiades que estes 54 artigos son de obrigado cumprimento? e podemos arriscarnos a dicir que a maioría dos adultos non a limos completa ni unha vez na nosa vida... como é posible??

Calquera adulto debería coñecer estes dereitos por respecto aos nenos, porque todos, nalgún momento da nosa vida, estamos en contacto con eles aínda que non sexamos profes ou non teñamos fillos. 
Ademais, o artigo 42 proclama a divulgación destes dereitos entre os nenos, así que hoxe vos convidamos a ler en familia os dereitos da infancia que todos estamos obrigados a cumprir. 
Tonucci, un coñecido pedagogo, elaborou un documento con estes dereitos redactados de forma que os nenos poidan comprender mellor o seu contido. Premede na imaxe para ler este documento, porque non ten desperdicio.
  

Hoxe todos desfrutamos e reflexionamos cos murais que montaron os pequechos de infantil. Ademais en primaria vimos varias curtas que nos levaron a debates na aula sobre o dereito á educación, dereito á lectura (e aproveitamos para entregar as mochilas viaxeiras, pero xa o contaremos a próxima semana).
Un dos vídeos máis impactantes que vimos foi: "Que piden os nenos en España"... podedes velo aquí mesmo, non necesita comentarios....

Pero non so hoxe traballamos sobre os dereitos dos nenos e nenas, fixémolo durante toda esta semana, como mostra podedes ver cantísimas cousas fixeron os nenos e nenas da clase de 5 anos. Premede na imaxe e desfrutade do seu traballo.

Para despedirnos deixámosvos este artigo que nos fixo reflexionar sobre este tema. Animámosvos a lelo premendo na imaxe: 

A CONSULTA DE ARNALDO.

Ola amiguiños,

Hoxe veño presentar o noso PDI para este curso.  Como estamos vivindo un momento moi "especial" temos que coidarnos moito!

"A consulta de Arnaldo" é o nome do proxecto que vai englobar moitas actividades que iremos facendo ao longo do curso.


Trataréi de axudar en todo o que poida. Tan só tendes que pedirllo ó equipo da biblioteca que traballa conmigo.

Xa compramos algúns fondos e seguiremos comprando máis. 

Esperamos as vosas suxerencias!

  Algúns xa estiveron falando conmigo sobre 
os bebés...



As emocións...


onde poden atopar información...

Estou agardando polos  vosos traballos!!!!

martes, 10 de novembro de 2020

ENQUISA: SEIXO COEDUCA

Dende a ANPA fannos chegar unha enquisa de satisfacción sobre o proxecto: "Seixo Coeduca: desmentindo estereotipos e roles de xénero".
É para cubrir as familias da comunidade educativa do C.E.I.P Seixo, agradecemos a vosa colaboración!
Levará so uns minutiños respondela, e é totalmente anónima, moitas grazas!
Podedes acceder a ela premendo na imaxe




LECTURAS ÁS ESCURAS 2020

E como non podía ser doutro xeito, e para rematar as actividades arredor do Samaín, un ano máis, levouse a cabo no noso cole as...
LECTURAS TERRORÍFICAS ÁS ESCURAS!
Descubrir moitos contos, historias terroríficas e ata creacións propias apagando as luces, baixando as persianas e alumeando con lanternas. 
Como mola ler ás escuras! Mirade, mirade!

luns, 9 de novembro de 2020

DE NENO OU DE NENA?

Atopácheste algunha vez nunha situación de escoitar, decir ou pensar “Isto non é de nenos” ou “Isto non é de nenas”?
Neste obradoiro compartiremos dúvidas e inquidanzas sobre o xénero e o desexo na crianza e educación, e cómo coidar o espazo para que sexa diverso, na casa e na escola. Falaremos de medos, expectativas, experiencias…

Obradoiro ONLINE (Zoom) sobre xénero, desexo e diversidade para familias 
Data: 14 novembro de 11h a 13h
Imparte: Andrea Calsamiglia (Dra. en Psicoloxía Social, especializada en xénero)
Dirixido a: familias 
Organiza: ANPA Abelendos
Colabora: CEIP Seixo
Co apoio de: Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e Ministerio de la presidencia, relaciones con las cortes e Igualdade

martes, 3 de novembro de 2020

XÉNERO, EMOCIÓNS E PODER

Mañá, o alumnado de 5º e 6º desfrutará dun obradoiro impartido por Andrea Calsamiglia (Dra. en Psicoloxía Social, especializada en xénero).
O xénero, a presión de grupo e as relacións de poder gardan unha estreita relación. ¿Como xerar espazos seguros para persoas diversas? ¿Que papel xogan as emocións? ¿Como crear grupos resilientes? Neste obradoiro compartiremos dúbidas e inquedanzas sobre o xénero e as dinámicas de poder, e como coidar o espazo para que sexa diverso entre iguais.


Obxectivos do obradoiro:
- Compartir un espazo aberto de dúbidas, experiencias e inquedanzas en relación ao xénero e o bullying
- Coñecer, identificar e previr a discriminación, o machismo e a LGTBIfobia
- Promover a empatía e a cohesión de grupo

Este obradoiro esta organizado pola ANPA Abelendos dentro do programa "Seixo coeduca" co apoio de: Secretaría Xeral de Igualdadee da Xunta de Galicia e Ministerio de la presidencia, relaciones con las cortes e Igualdad.

domingo, 1 de novembro de 2020

MERENDAS TERRORÍFICAS 2020

 Esta semana tivemos unhas merendas terroríficamente divertidas e deliciosas... unha proba máis da vosa creatividade! Graciñas por implicarvos!