Amosando publicacións coa etiqueta contratos programa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contratos programa. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xuño de 2025

BAÑO DE GONG

As nenas e nenos do cole de Seixo tivemos unha actividade de relaxación moi especial, porque temos claro que o benestar físico e emocional é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva. Sabemos que é fundamental Fomentar o benestar mental e físico do alumnado é moi importante, axudándolles a xestionar o estrés, mellorar a súa concentración, e promover un estado de calma. Este ano fixemos un baño de gong: para alumnado e profesorado! Aquí tendes varios vídeos para que vexades como foi.


luns, 29 de abril de 2024

IOGA E XESTIÓN EMOCIONAL

As nenas e nenos de Seixo puidemos desfrutar dunha actividade de Ioga e xestión emocional no noso cole. Porque temos claro que o benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva.

Pasámolo pipa e foi moi relaxante. Esperamos aproveitar algunhas ferramentas no noso día a día para relacionarnos mellor cos demais e con nós mesmos. Como mostra deixámosvos un resumo de como o desfrutou o alumnado da clase de 4 anos.

xoves, 29 de febreiro de 2024

MINDFULNESS E SONOTERAPIA

As nenas e nenos do cole de Seixo tivemos unha actividade de Mindfulness e sonoterapia, porque temos claro que o benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva.

Practicamos técnicas de relaxación, atención e concentración para coñecernos un pouco máis, ademais descubrimos que son os instrumentos terapéuticos e que efectos teñen sobre nós.
Desfrutámolo moito! Como mostra deixámosvos un resumo da sesión co alumnado da clase de 4 anos.