Amosando publicacións coa etiqueta ciberexpertos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciberexpertos. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2026

O ALUMNADO DE SEXTO XA É CIBEREXPERTO

No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º recibiu os CARNETS DE CIBEREXPERTOS no marco do PLAN DIRECTOR organizado polo cole para o presente curso escolar...


Un por un as nenas e nenos foron pasando para recibir os seus carnets da man do Xefe Territorial de Educación de Pontevedra, do Xefe da Comisaría de Policía Nacional de Marín e do Comisario Provincial...
Antes de rematar o acto quixemos facer unha foto de grupo que quedará para o recordo...
  
Gracias Rafa, un ano máis, pola túa dedicación, entrega e cercanía! O mellor profe en ciberseguridade do mundo mundial!

luns, 24 de xuño de 2024

PRIMEIRA PROMOCIÓN DE CIBEREXPERTOS DE SEIXO!

Fai unhas semanas compartimos a entrevista na radio a Rafa, o formador do plan director, co que tanto aprendemos este curso en 6º. Pois chegou o día de entregar os carnés á 1ª promoción de ciberexpertos de Seixo. Nun acto tan importante non podían faltar as autoridades por iso, ademais de Rafa, acompañounos o comisario provincial, o xefe da comisaría de Marín e o noso inspector de educación. Parabéns nenos e nenas, esperamos que nunca esquezades o aprendido e vos coidedes moito nos vosos paseos pola rede.