A semana pasada fixemos a inauguración oficial da nosa biblioteca facéndoa coincidir co día das bibliotecas. E non podíamos ter un invitado mais especial que Vilas por moitos motivos. Vilas é o bibliotecario máis próximo ao cole, xa que é o encargado da Casa de cultura de Seixo, ademais foi un dos alumnos que estrenuo o cole fai 50 anos... e sobre todo porque o queremos un montón e deixou unha pegada moi grande no cole!
Tróuxonos un montón de fotos e contounos anécdotas que nos deixaron pasmados. Explicounos, por exemplo. porque hai aulas comunicadas por unha porta: as nenas estaban nunha clase e os nenos noutra.
Tamén nos contou que as comuñóns facíanse no cole, que o ximnasio era o comedor (o cal explica o oco que une o ximnasio coa clase de 5 anos que era a cociña), que no patio de infantil había dúas canastras de baloncesto, que onde está a galiña Azul eran as casas dos mestres (so para matrimonios que eran mestres os dous).... cantas historias e anécdotas!! Seguiremos investigando a historia do cole porque queremos saber máis!!
El e Fátima, a coordinadora da biblio, foron os encargados de repartir os marcapáxinas de recordo deste día.
Por suposto foi o encargado de entregar as mochilas viaxeiras a todas as aulas. As mochilas comezan a súa viaxe: esperamos que as desfrutedes!!
Despois a profe Fátima, que é unha gran contadora, contoulles un conto aos máis peques do cole (Lili la liebre, ladrona de libro).
Foi un día moi especial. Aquí tendes un vídeo con máis fotos.
GRANDE COMO SEMPRE VILAS
ResponderEliminar