martes, 19 de outubro de 2021

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO: LOIS GONZÁLEZ DOPAZO

Moi bos días!
Hoxe as nenas e nenos de 6º de primaria queremos compartir con vós un traballo moi especial... Hai uns días fixémoslle unha entrevista a LOIS GONZÁLEZ DOPAZO e queremos compartila con todas e todos vós!
LOIS GONZÁLEZ DOPAZO, fillo do primeiro conserxe que tivo o noso cole, D. Antonio, nos seus 50 anos de vida. Porque como xa sabedes este ano estamos de aniversario, un aniversario moi moi especial.
Por iso na clase de 6º decidimos crear esta nova sección ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO, na nosa radio de A VOZ DE ARNALDO.
Antes da entrevista LOIS estivo visitando a que fóra a súa casa, a casa na que vivira cos seus pais... A CASA DO CONSERXE, a casa que hoxe fai as veces de comedor do cole e de local da ANPA ABELENDOS...
Nesta imaxe que compartimos a continuación, Lois recorda donde era a súa habitación...
E nesta outra mira polo ventanuco que fixera seu pai, finado hai un ano, a través do cal a súa nai vendía chuches ás rapazas e rapaces de todo o cole durante os recreos...
Lois contounos que fregou, barreu, colocou mobiliario, libros nos andeis da biblioteca, disfrutou das excursións de EXB aínda que xa non era alumno do cole...
O seu pai fora Policía Local e xubilouse en Seixo hai 28 anos, recoñece que estaría moi contento da celebración dos 50 anos do cole...
Os recordos emanan na súa memoria de forma cariñosa e moi próxima, cun sorriso contounos moreas de cousas na entrevista que agora compartimos con todas e todos vós. O libro de visitas do Cole de Seixo un recordo máis desta fermosa actividade...
Por aquí vola deixamos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario