xoves, 13 de febreiro de 2020

ROSA ANEIROS VISITA O NOSO COLE

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos o privilexio de poder recibir na nosa biblio, AS PEGADAS DE ARNALDO, á escritora...
ROSA ANEIROS
Que nos veu a falar de...
XELÍS 
O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
Unha historia trepidente e moi bonita, gañadora do premio fervenzas literarias ao mellor libro infantil 2019 e gañadora do premio Merlín de literatura infantil 2019, que puidemos desfrutar lendo nas clases de lingua galega coas nosas profes Cristina e María José...

Os valores da reciclaxe e da non contaminación están moi presentes neste libro no que se nos quere tranmitir a importancia de loitar por un mundo mellor libre de contaminación...
 Tarefa que, como nos indicaba o espello de Rosa, só está na man de cada un e cada unha de nós...
Rosa tivo a paciencia de adicarnos cada un dos libros que lle presentamos...
E como non podía ser doutro xeito tamen asinou o exemplar da nosa biblio...
O libro de firmas do cole quedou cuberto coa súa pegada...
Un libro que fixeron con moito cariño e ilusión todos os nenos e nenas destas clases...

Por falta de tempo non a puidemos entrevistar en A VOZ DE ARNALDO pero farémoslle chegar a nosa entrevista que logo transcribiremos neste blog...
Moitísimas grazas Rosa polo teu sorriso e o xeito de falarnos e presentarnos a Xelís.
Ata outra!

Ningún comentario:

Publicar un comentario