mércores, 24 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

Que alegría volver a celebrar o Magosto como é debido: con moitas castañas e con xogos compartidos! Aínda que non puidemos mesturar as clases foi un desfrute grande que un ano máis tivemos grazas á gran axuda da ANPA: menudo equipazo!!

Todos recollemos as nosas castañas nos cucuruchos que fixemos e decoramos nas aulas.

O bo tempo permitiunos tomalas ao aire libre...

... estaban riquísimas!!!

Viva o magosto, vivan as festas da nosa terra!

Ademais de papar castañas tamén fixemos un montón de xogos: pasamolo xenial!! Aquí tendes un vídeo cun montón de fotos:

E tamén vos deixamos unha mostra do ben que bailamos e do moito que corremos!

O ano que ven: máis e mellor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario