venres, 5 de novembro de 2021

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO: MARÍA ROSA

As nenas e nenos de sexto de primaria continuamos con este proxecto que nos gusta tanto... ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO! E hoxe tivemos a sorte de recibir a María Rosa mestra no Ceip de Seixo hai moitos anos...

Coñecida como "Tati" obtivo o seu destino definitivo como mestra de párvulos en Seixo no ano 1974. Na súa visita recoñeceunos botar de menos aqueles tempos, a súa vida na casa dos mestres, os primeiros pasos dos fillos...
Puidemos comprobar o cariño que lle tiña aos seus alumnos e alumnas, ás nais e pais daquela época, aos compañeiros e compañeiras que traballaron con ela... 
Despois do seu paso por Seixo, a súa vida laboral seguiu unida ao noso Concello de Marín noutro centro da vila ata o día da súa xubilación.
Por aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos!
Propoñémosvos un reto! Alguén sabe de quen se fala ou se sente recoñecida na entrevista, no momento no que María Rosa recorda unha das súas moitas lembranzas en Seixo?
Gracias profe por aceptar a nosa invitación e pola túa visita! Eres e serás sempre parte da grande familia do Ceip de Seixo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario