sábado, 23 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO

Feliz día do libro! Cantos nos gusta esta celebración! E non atopamos mellor forma de celebrala que rodearnos de libros.
Nestes 50 anos, que leva funcionando o cole de Seixo, os libros sempre tiveron un sitio especial, e dende fai moitos anos faise un gran esforzo para ir ampliando (non so fisicamente) e mellorando a biblioteca, porque os mestres do cole estaban e estamos convencidos, que ler fainos libres e abre moitas portas (a da imaxinación, a da creatividade, a da cultura, a do saber, a da diversión, a da curiosidade...)

Por suposto a colección de libros cambia cada ano, e facer expurgo é algo necesario para ter libros atractivos que motiven ao alumnado. Pero os libros teñen moitas vidas, e iso é o que fixemos este ano co proxecto: TEÑO UN LIBRO PARA TI.
Despois de facer unha clasificación por idades, todos os nenos e nenas do cole elixiron un libro para outro compañeiro e despois fixemos obradoiros de empaquetado (reciclando a tope!). Xa vos ensinaremos o proceso, pero hoxe deixámosvos un adianto do resultado: o cole cheo de agasallos, todos fermosísimos... sen dúbida o luns será un gran día cheo de sorpresas e emocións! (mirade este vídeo a ver si atopades o voso libro!!)
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario