martes, 5 de abril de 2022

ANACOS DE VIDA DO COLE CON PILAR E ALEJANDRA

As nenas e nenos de 6º de primaria seguimos co noso proxecto.
Hoxe queremos presentarvos a entrevista que lle fixemos a Pilar e Alejandra! exalumnas do noso centro que aceptaron a nosa invitación de vir a falarnos do cole hai 50 anos en...

Dúas exalumnas que pasaron polo Cole de Seixo e que derrocharon alegría lembrando as súas experiencias escolares...

Recordando as unitarias das que viñeron lembraban que as condicións eran as que eran...o chan de madeira con buracos, as condicións, o leite en pó que lle daban de almorzo, aquelas pezas enormes de mortadela, os rezos diarios do Ángelus, os cantos a María no mes de maio, as comunións e chocolatadas que se facían na escola, as confirmacións co obispo e diáconos...
Lembraron as obras de teatro nas que participaban a pesar da timidez, as mans e os dedos que votaban fume polos castigos de copiar tantas e tantas veces... e é que hai cousas que se recordan mellor falando coas compañeiras e botándose unhas risas...
A entrevista resultou interesantísima, non vola podedes perder! Por aquí vola deixamos!
Antes de despedilas, os encargados da entrevista, quixemos darlles un pequeniño agasallo como lembranza deste curso tan especial na comunidade do Ceip de Seixo...
Moitas gracias PILAR e ALEJANDRA pola vosa visita! As portas do cole quedan abertas para que nos volvades visitar cando o desexedes! Ata outra!

Ningún comentario:

Publicar un comentario