Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de marzo de 2026

8-M UNHA VIDA ADICADA AO BALONCESTO FEMININO

No Ceip de Seixo este ano quixemos homenaxear e adicarlle este día no cole á nosa profe de Educación Física Natalia, que leva unha vida enteira adicándose ao deporte feminino, na disciplina do baloncesto, no Clube Arxil de Pontevedra...
Este ano que estamos traballando coas Viaxes de Arnaldo non podíamos deixar escapar a oportunidade de pensar na nosa profe Natalia, unha deportista viaxeira que co seu clube percorreu moreas de lugares. 
E como non podía ser doutra forma non queríamos que Natalia estivera sóla e por iso, convidamos ao ARXIL a compartir con nós este día. Unha furgoneta cargada de compañeiras fixo acto de presencia nas nosas pistas de baloncesto...
Comezamos o acto facéndolle a Natalia e a todas as compañeiras unha morea de preguntas...
que estivemos traballando no cole sen que ela se enterara de nada...
Ao rematar, fixémoslle entrega dunha postal cunha caricatura feita por unha antiga alumna...
que asinamos todas as clases xunto co seu equipo para que poida gardar de recordo...
E non podía faltar unha edición especial da súa camiseta de xogo que ela mesmo se encargou de asinar e adicar para o cole.
E un dos momentos máis especiais foi a pequena exhibición que nos fixeron e o moito que nos gustou velas xogar entre elas e contra as nenas e nenos de 6º de primaria...
Ensinámoslles o noso cole e tivemos a oportunidade de entrevistalas na radio...   
tamén quixeron coñecer á nosa mascota Arnaldo e non perderon a ocasión de fotografarse con el...
O claustro do cole non quixo deixar pasar esta conmemoración sen facer unha foto para o recordo...
O equipo recibiu un agasallo do cole...
E todas e todos xuntos despedimos este 8-M tan especial...
Sentimos moito orgullo por terte como profe en Seixo, porque es un gran exemplo e unha muller de referencia.
Unha vida dedicada ao deporte, un corazón de ouro.
Querémoste moito profe Natalia!

xoves, 5 de marzo de 2026

UN DÍA AXUDANDO NA CASA

No noso cole as nenas e nenos de primaria tivemos a oportunidade de desfrutar dun taller impartido por Pilar González dinamizadora do CIM DE MARÍN...


UN DÍA AXUDANDO NA CASA

Unha actividade lúdico-educativa que tivo como obxectivo favorecer a comprensión e o valor social do coidado profesional, así como a importancia da autonomía persoal.
Por aquí vos deixamos algunha fotiño máis...

luns, 10 de marzo de 2025

MULLERES DE CIENCIA

Este ano conmemoramos o día da muller facendo ciencia e coñecendo a mulleres inventoras que cambiaron a historia. "Ciencia e movemento" veu ata o cole para compartir un montón de cousas moi interesantes co alumnado, adaptándose a cada nivel. Como mostra deixámosvos por aquí o que fixeron nas clases de 5 anos e de 5º de primaria.
  

venres, 10 de marzo de 2023

8 M en Seixo

Os libros son un recurso fantástico para todo, e tamen nos achegan á vida de mulleres fantásticas que loitaron e seguen loitando para que todas as mulleres teñan os mesmos dereitos, por iso na biblio hai unha exposición cunha selección especial.


Grazas ao equipo de voluntarias que fixo un traballo fantástico montando a exposición... son unhas currantas!

O alumnado de infantil, este ano, centrase na figura das avoas como mulleres fundamentais nas nosas vidas. Estamos coñecéndoas e descubrindo porque son unhas super avoas. Traballan a partir dun conto que podedes escoitar narrado polo alumnado de 5 anos que o fai de marabilla... e ademais en galego!


O alumnado de 2º investigou a historia de diferentes mulleres que ao longo da historia loitaron por ter os mesmos dereitos para as mulleres. Fixeron un súper traballo de investigación que compartiron co resto do alumnado visitando todas as clases. Queredes coñecer a estas mulleres?

venres, 18 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Este ano, adicamos o día da muller a unha das mulleres que deixaron unha gran pegada no cole de Seixo nos seus 50 anos de vida. Premede AQUÍ se queredes ler máis.
Kati contounos tantas cousas interesantes sobre a historia do cole que aproveitamos toda esa información para seguir investigando, durante a semana da prensa, ademais, aprendemos a usar o canva e montamos páxinas de revistas do máis profesional!!

luns, 14 de marzo de 2022

GALEGAS

Galegas é un proxecto  levado a cabo polos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria sobre mulleres galegas que foron pioneiras. 
Traballamos moitas cousas en diferentes espazos do cole. Primeiro eliximos a muller que queríamos investigar, despois buscamos información na biblioteca. Na aula de inglés escribimos un pequeno texto sobre elas e, finalmente, na aula de arte, entre todos, fixemos un mural para compartir con todos os compis un pouco do moito que aprendemos das mulleres elixidas.

 

sábado, 12 de marzo de 2022

AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS

As nenas e os nenos de infantil estiveron pensando e falando sobre o importantes que son as mulleres nas súas vidas e quixeron expresalo nun mural, porque son unha panda de artistas e teñen moi claro que as mulleres das súas vidas merecen un cadro ben grande... e moito máis!!

Nais, avoas, irmás, tías, madriñas, mestras, amigas... cada un elixiu as mulleres que, dun xeito ou outro, son parte fundamental da súa vida e que sen dúbida son un exemplo e unha referencia para eles: GRACIÑAS A TODAS!






martes, 8 de marzo de 2022

UNHA GRAN MULLER NA HISTORIA DO COLE DE SEIXO: A PROFE KATI

Hoxe é o Día da Muller e nel falamos, investigamos e artisteamos sobre as mulleres importantes da nosa vida, mulleres importantes na historia de Galiza... e por suposto, mulleres importantes na historia do cole. 
Moitas mulleres deixaron pegadas no cole de Seixo: cociñeiras, limpadoras, alumnas, conserxe, mestras... e tamén directoras!
Na historia do cole 10 persoas pasaron pola dirección, e 5 delas foron mulleres... canto nos gustou este dato! 
Hoxe, dende a clase de 6º de primaria, queremos compartir a entrevista que lle fixemos a unha delas, que ademais foi a que tivo a responsabilidade da dirección durante máis tempo nestes 50 anos de historia do cole: a PROFE KATI.

Ela tamén tiña que formar parte deste proxecto que estamos a levar a cabo os de 6º con motivo do 50 aniversario do noso cole: ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO
Na súa visita á radio contounos a súa longa experiencia no cole, na que pasou por moitos cursos. 
O que máis lle gustaba era dar clases, de Matemáticas e de Ciencias da Natureza, aos cursos máis altos...
Co cambio do sistema educativo chegoulle o nomeamento "de directora" por sorteo... Como ela nos dixo... "non cambiaría nada se volvera a pasar".
Catorce anos adicados á dirección do centro traballando e aprendendo, como ela moi ben nos destacou na súa entrevista...
Kati resumiu os 31 anos destinada en Seixo en 4 palabras: traballo, responsabilidade, compañeirismo e amizade.
Por aquí vola deixamos, non vola perdades!
Antes de despedirnos dela, fixémoslle entrega dun pequeno agasallo como recordo desta celebración tan importante no noso cole...
A taza oficial conmemorativa do 50 aniversario que xa forma parte desta celebración!
Unha taza de edición limitada da que só uns poucos serán os agraciados en poder tela!
Ata outra profe Kati!
As portas do cole quedan abertas de par en par para que nos fagas unha visita todas as veces que queiras a esta que é a túa casa!

sábado, 13 de marzo de 2021

MULLERES POLA SAÚDE

Hoxe presentámosvos a actividade principal en torno a que xirou o Día Internacional da Muller e a Semana da Prensa no noso cole.
Todas as nenas e nenos do cole transformámonos en periodistas de investigación científica...
Cando estamos a piques de cumplir un ano daquel confinamento que ía cambiar as nosas vidas... e non querendo esquecernos deste curso marcado polo coronavirus..., quixemos centrar as nosas investigacións en 9 mulleres que traballaron incansablemente pola nosa saúde...
Por aquí vos deixamos esta montaxe... Que a disfrutedes tanto como o fixemos nós preparándoa!

luns, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

No Cole de Seixo queremos desexarvos a todas e todos un moi bo e...
FELIZ DÍA DA MULLER!
Arredor desta data e nunha das actividades organizadas polo noso Concello de Marín estivemos dándolle á cabeciña para buscar un lema do noso banco. O resultado xa o podedes comprobar vós mesmos...
SOMOS IGUAIS, 
SOMOS AMIGOS E AMIGAS
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con todos os grupos do cole arredor del... buscarémoslle un lugar privilexiado no patio dos nosos soños...
Noutra actividade pola igualdade e grazas a PEDRO BRANDARIZ CONTA CONTOS...
desfrutamos dunhas historias moi divertidas...
a igualdade nos contos a través das adaptacións en galego de...
"UN FANTASMA EN APUROS"
"CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO"
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe desta actividade...

luns, 9 de marzo de 2020

ADIVIÑA QUEN SON

No marco das actividades organizadas polo noso cole arredor da celebración do...
8-M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
vimos de desfrutar da actividade...
"Adiviña quen son"
Unha actividade organizada para os centros de Marín polo noso concello na que o pasamos moi ben e desfrutamos moitísimo...

Foron aparecendo diferentes personaxes ataviados coas súas vestimentas de traballo e nós tivemos que adiviñar de que se trataba...

Rompendo estereotipos en clave de humor...


Por se queredes ver máis fotos e comprobar de primeira man o ben que o pasamos por aquí vos deixamos unha montaxe...