Amosando publicacións coa etiqueta clase de 4º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clase de 4º. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de xaneiro de 2026

ESPERTANDO VALORES (I)

 Dende a área de convivencia apostamos polo traballo da literatura infantil para traballar valores que consideramos necesario espertar nas nenas e nenos, xa que o alumnado conecta moito con estas historias e a posterior reflexión fai que se poñan nas diversas situacións o que favorece a asimilación destes valores e a súa posterior integración na súa propia conduta. Así tamén se analizan outros aspectos non aptos socialmente, ou o traballo das emocións e a súa xestión.

 Os nenos e nenas de 4º de primaria, traballaron o conto "Yo primero" de Miriam Tirado. De xeito voluntario algúns animáronse a grabalo na radio para así poder compartilo co resto de clases do cole. Fixérono realmente ben!



Con este conto traballamos aspectos como a propia individualidade e o exceso de protagonismo así como a necesidade de ter en conta aos demais, o control de impulsos, a tolerancia a frustación e estratexias de relaxación e volta a calma.

 

A clase de tres anos traballou o conto "La revancha" contextualizado na semana da carreira da paz. Este conto da lebre e a tartaruga enseñounos valores como a constancia, o esforzo, a resolución de problemas ante adversidades e sobre todo a non ser vanidosos.