Amosando publicacións coa etiqueta día da terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da terra. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2023

BASURALEZA PARA COIDAR A TERRA

O 24 de abril foi o DÍA DA TERRA e este ano, que estamos RqueR, quixemos facer unha acción conxunta especial, na que nos involucramos todo o alumnado e o profesorado. Para coidar a terra temos que comezar polo que temos máis cerca, así que as brigadas recicladoras saímos con moitas ganas a limpar o entorno do cole.
O alumnado de infantil encargouse de limpar as carballeiras máis próximas ao cole, esforzáronse un montón por non deixar nin un papel no chan e remataron compartindo un pícnic moi merecido.
   

O alumnado de primaria dividiuse en dous grupos: 1º, 2º e 3º encargáronse de limpar a ruta das Avesadas, e o alumnado de 4º, 5º e 6º a ruta da Bexa. Fixeron un gran traballo e encheron moitos sacos de lixo, ata recolleron mobles que estaban tirados en medio das rutas!
 

Un gran traballo dos SUPER ERRES!!!

mércores, 22 de abril de 2020

FELIZ DÍA DA TERRA

Moia boas amiguiñas/os:
Hoxe celébrase o "Día da Terra" e dende o cole queremos compartir con vós esta celebración...
Deixámosvos por aquí esta canción que estamos seguros de que a vades a cantar moi pero que moi ben...

E compartimos tamén un conto...

de Eva Clemente narrado por Amaia Del Campo. Desfrutade del!


Feliz día a todas e todos!