mércores, 29 de xaneiro de 2025

CONSELLO DE NENAS E NENOS

 O consello de nenas e nenos reuniuse e, por primeira vez, foi retransmitido en directo para todo o alumnado do cole. 

Unha das decisións importantes tomadas neste consello, a partir do falado nas asembleas de aula, foi colaborar, na carreira da paz, cun cole de Valencia. Sempre é unha delicia escoitar ao alumnado para compartir preocupacións, buscar solucións, planificar actividades... somos un equipo!

venres, 24 de xaneiro de 2025

VI CARREIRA SOLIDARIA

Un ano máis estamos organizando para o DÍA DA PAZ a VI CARREIRA SOLIDARIA “Corre con Arnaldo”. Trátase dunha carreira solidaria, que terá lugar o XOVES DÍA 30 a partir das 11:00 (se o tempo o permite). 
Este ano propuxemos ao alumnado axudar a un colexio de Valencia afectado pola DINA e, todas as aulas, en asemblea, decidimos ir adiante coa proposta, o cal será reflexado no consello de nenos.

Así que, un ano máis, queremos pedir a vosa axuda, esta vez para colaborar co CEIP Carme Miquel de Algemesí, convertendo esta carreira nun verdadeiro símbolo de PAZ. Premede na seguinte foto e poderedes ver un anaquiño do vídeo que compartimos co alumnado para coñecer un pouco máis sobre a situación deste cole.
  

O seu cole está en Algemesí, xusto ao lado do río Magre que desbordou coa DINA. O centro quedou tan afectado que teñen que derruílo e non poderán volver a construílo alí. Agora mesmo están acollidos noutro centro no que, o mellor que poden, continúan as clases. Falando co profesorado contáronnos que lles chegou material educativo de outras doazóns, pero o que botan en falta son xogos didácticos, como os que temos na biblio. Pensamos que, para non metervos no gasto de mercar xogos, o mellor sería recadar cartos (cada familia segundo as súas posibilidades) e, con todo o que xuntemos, nós encargarémonos de mercar os xogos favoritos do alumnado de Seixo, que seguro que tamén triunfarán co alumnado do Carme Miquel.


Os nenos e nenas, a partir do luns 27, poden traer un donativo (anónimo e voluntario segundo as posibilidades de cada familia), que será o pago simbólico para participar na carreira, e, con todo o recadado, mercaremos xogos didácticos e materiais concretos para mandar a Valencia.
Pero aínda hai máis... como todos os anos, se as familias queredes participar, acompañando aos nenos e nenas, podedes facelo e, si queredes, podedes aportar un donativo o propio día da carreira.
Animádevos a participar!!
CORRE CON ARNALDO POR UNHA
CAUSA SOLIDARIA!!!

luns, 20 de xaneiro de 2025

PARABÉNS PARA TI

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Sergio
- Tomé
- Brais
- Óscar
- Raquel
- Yolber
- Iago

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!

xoves, 9 de xaneiro de 2025

PARABÉNS PARA TI

Continuamos nos recreos coas celebracións dos ANIVERSARIOS das nenas e nenos do cole!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de:
- Laura Piñeiro
- Leo
- Hugo
- Uxía
- Enzo

PARABÉNS PARA VÓS RAPAZADA!

mércores, 8 de xaneiro de 2025

CALENDARIO 2025

Argallando ando é o proxecto no que estamos metidos este curso no que estreamos o Argalladoiro, unha aula na que podemos cociñar, facer experimentos, construcións... é dicir: argallar!!
Cada clase encargouse de ilustrar un mes con algo relacionado coa ciencia... non perdades detalle!


Algúns xa o están espremendo nas aulas e outros levarano para casa con algúns consellos para sacarlle partido: poñédeo nun lugar especial que seguro que lles fai ilusión!!