Amosando publicacións coa etiqueta viaxe a neve. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viaxe a neve. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de marzo de 2026

VIAXE A LEITARIEGOS 2026

O pasado martes 24 de febreiro as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria tivemos a oportunidade de facer unha viaxe a León (Villablino) para pasar uns días desfrutando do esquí na estación de Leitrariegos.

Cargados de emoción comezamos a nosa viaxe que tiña como obxectivo chegar a Ponferrada para facer unha pequena parada, poder comer e desfrutar dos seus encantos... Alí visitamos o CASTELO DOS TEMPLARIOS...

Foron unhas xornadas moi especiais... por aquí vos deixamos algunha fotiño...
Todo listo para comezar a esquiar...

Preparándonos para subir ás pistas...
A puntiño de recibir as nosas primeiras clases de esquí e perfeccionamento...

Compartindo tempo de lecer...


En Villablino, lugar no que estivemos hospedados, tamén puidemos desfrutar das súas prazas máis coñecidas...


Moreas de recordos que quedarán gravados para sempre...
Gracias Nay e Martín por querer formar parte, unha ano máis, desta experiencia tan fermoso. Sodes encantadores e uns profesionais moi moi grandes!

Os mellores monitores do mundo mundial!
Desexámosvos o mellor!
Ata outra! 

venres, 21 de marzo de 2025

VIAXE A SAN ISIDRO 5º E 6º DE PRIMARIA

Por aquí vos deixamos un pequeniño recordo dunha viaxe inesquecible.

Un grupo que realizou unha aprendizaxe de esquí enorme ao longo de catro fermosos días na Estación de Esquí de San Isidro en León. 


Compartimos con vós un vídeo no que se pode ver o ben que o pasamos e o moito que evolucionou a nosa aprendizaxe dende o principio ata o fin.

 

E por último unha montaxe con todas as fotos que se fixeron ao longo da viaxe. Moreas de recordos que xamais esqueceremos... 

 

Rapazas e rapaces! Para nós foi un auténtico pracer tervos acompañado nesta experiencia inesquecible!