Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.
ARTHIS é unha revista de arte e historia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto.
Cada número terá 20 páxinas monográficas nas que, cando entredes na súa lectura, atoparedes información histórica contada de forma divertida, cunha linguaxe sinxela e directa.
Os textos están ilustrados e compleméntanse con mapas dos lugares nos que transcorre a acción.
HÓNIX, unha mascota diseñada polo ilustrador Álvaro Ortega, acompañaravos en fascinantes viaxes a través do tempo e do espacio.
Ollo porque irá cambiando de indumentaria en cada número.
Un cómic do debuxante Adrián Peláez ofrecerá unha aproximación gráfica aos personaxes relevantes do pasado dunha maneira graciosa e humorística que vai facer que aprendades e reforcedes coñecementos adquiridos.
Estade atentos porque ARTHIS vaivos poñer a proba nunha sección de pasatempos, xogos e preguntas e respostas para valorar o que aprendestes e para que teñades unha aproximación divertida ao coñecemento histórico e artístico.
Poderedes comprobar que cada número se vai pechar coa biografía dun protagonista imprescindible en formato dun perfil nas redes sociais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario